sábado, 3 de noviembre de 2018

En Marea pide no Congreso unha “prórroga aos contratos de aluguer para as veciñas de A Patiña”

Madrid, 2 de novembro de 2018. O voceiro de Marea, Antón Gómez-Reino, a deputada Yolanda Díaz, e o deputado Rafael Mayoral, presentaron no Congreso unha batería de preguntas e unha proposición non de lei relativa á negociación dunha prórroga aos contratos de aluguer social das vivendas dos veciños e veciñas do edificio de A Patiña, en Cambre (A Coruña).
A obxectivo da iniciativa é instar ao Executivo a negociar a prórroga dos contratos de aluguer social dos veciños do edificio da Patiña “mantendo as condicións previas en canto a prezos accesibles e obrigacións no mantemento de instalacións e equipamientos”.
Ademais, pídese “dar unha solución habitacional estable e digna aos veciños deste inmoble, con garantías de mantemento dunhas condicións axeitadas en canto a prezos, accesibilidade, mobilidade e habitabilidade”.
O edificio da Patiña aloxa a medio centenar de familias en situación de severa de vulnerabilidade social e económica.
“Neste edificio atópanse familias con escasos ingresos económicos e en risco de pobreza. Precisan unha solución urxente”, explicaron os deputados.

No hay comentarios: