PLENO DE DECEMBRO
MOCIÓN POLO DÍA
INTERNACIONAL DAS PERSOAS MIGRANTES
EXPOSICIÓN DE
MOTIVOS
Dende a ACdC, con obxecto da recente
celebración o 18 de Decembro, do Día Internacional
das Persoaas Migrantes, denunciamos e sinalamos a política represiva do Estado
español cara as persoas migrantes, materializada nunha lei de extranxería que
constitúe a institucionalización do racismo e a criminalización da pobreza.
Cómpre sinalar
como punto de partida algúns factores que resultan determinantes sobre os
ciclos migratorios, moitos deles consecuencias directas do modelo económico
global capitalista, como son as guerras (na súa maioría motivadas polo saqueo
de recursos naturais), o desmantelamento por parte de terceiros das estructuras
estatais noutros países ou a deslocalización da producción levada a cabo polas
grandes multinacionais a países en desenrolo, como perpetuación moderna das
estruturas coloniais.
O Estado español alberga actualmente
sete CIE´s
dentro do seu territorio. Estes cárceres para migrantes onde se encerra e priva de
liberdade a persoas que non cometeron delito algún,
amparándose na chamada Directiva
(2008/115/CE) máis coñecida
cono Directiva da Vergoña, ultraxan o Dereito Internacional
e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Así mesmo, mostramos nosa máis absoluta condena contra as devoluciones en
quente, práctica onde se leva a cabo a inmediata expulsión dos migrantes no
momento en que pasaron a fronteira e xa se atopan en territorio nacional,
contraviniendo así ao
propio Tribunal Europeo de Dereitos Humans e ao Subcomité para a
Prevención da Tortura de Nacións Unidas, os cales indican que non pode expulsarse a ninguén
sen iniciar o preceptivo proceso de deportación, nin
negarlle ás persoas expulsadas o
dereito de asistencia letrada e o dereito de poder suscitar un recurso a dita
orde de expulsión.
Desde o ano 2000 a 2018 a Secretaría de Estado de Seguridade afirma destinar 249 millóns de
euros ao Sistema Integrado de Vixilancia (SIVE) que é o
encargado de vixiar a Fronteira Sur. Os miles de millóns de
euros dedicados a levantar valas, alambradas, concertinas, patrulleras, externalización de fronteiras e alta tecnoloxía para reforzar as fronteiras fan que as persoas cada vez
véxanse obrigadas a migrar por rutas máis perigosas.
Só en
2018, existe constancia da morte de máis 240 persoas e da desaparición de máis de 280, en realidade esta cifra de vítimas é moi superior. Os expertos da Organización
Internacional para as Migraciones (OIM), estiman que por cada persoa que se
comprobou o seu falecemento, outras dúas non se soubo nunca delas. Esta estimación levaría a triplicar o número de persoas que perden a vida intentando chegar a
España.
Malia que o Artigo 13 da Declaración
Universal dos Dereitos Humanos declara o dereito á libre circulación e residencia, en lugar de
habilitar vías
legais e seguras para a migración que garantan este
dereito e acaben coas mafias e as mortes no Mediterráneo, negócianse novos acordos con Marruecos para comezar a deportar a nenos e
nenas non acompañadas.
Séguense vendendo armas a Arabia Saudita para que o seu exército úseas en Yemen, ou permitindo que multinacionais españolas
do sector textil exploten a traballadoras en terceiros países, e cando as persoas vense obrigadas a fuxir deste
tipo de situacións, a Unión Europea pecha as súas fronteiras e o Estado español
rexeita dous de face tres solicitudes de asilo, ultraxando
permanentemente o artigo 14 da Declaración.
Por todo iso, o grupo
municipal de Asemblea
Cidadá de Cambre propón ao
Pleno a adopción dos seguintes
ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que
este Concello en Pleno declárese contrario a toda incitación ao racismo, xenofobia ou calquera outra manifestación de incitación de odio ao diferente, e apoie todos os actos e manifestacións que se leven a cabo para a erradicación destas lacras sociais.
SEGUNDO.- Que
desde o Concello de Cambre se contacte coas asociacións e entidades que traballan neste campo para levar a
cabo xornadas de concienciación e integración e/ou plans de educación sobre xestión da diversidad,
interculturalidad, multiculturalidad..., nos centros cívicos, colexios e institutos da cidade. Para levar a cabo
campañas municipais para combater os prejuicios e falsedades
que se din contra os inmigrantes, usando os centros escolares na medida do
posible como aulas de integración permanentes.
TERCEIRO.-
Adoptar medidas adecuadas para a protección das traballadoras migrantes en
todos os sectores, sobre todo as mulleres que traballan en tarefas domésticas,
agrícolas e do sector de servizos, fomentando cursos formativos sobre os seus
dereitos laborais e sociais.
CUARTO.- Instar ao Goberno da Xunta de Galicia á especial protección dos DDHH dos menores migrantes non acompañados,
e de velar pola
súa saúde, a súa educación e o
seu desenrolo psicosocial,
asegurando que o interese superior d@ nen@ sexa unha consideración fundamental nas políticas de integración, retorno e reunificación
familiar. No ámbito
municipal facilitando e bonificando a súa inclusión nas guarderías
municipais.
QUINTO.- Condenar
enérxicamente
os actos, manifestacións e expresións de racismo, discriminación racial, xenofobia e as formas conexas de ignorancia contra os migrantes e
os estereotipos que a miúdo se lles aplican, entre outras cousas por motivos
de relixión ou crenzas, e instar
ao Estado Español a que aplique e reforce as leis vixentes
cando ocorran actos, manifestacións ou expresións de
xenofobia ou intolerancia contra os migrantes, a fin de acabar coa impunidade
de quen cometen eses actos.
SEXTO.- Instar ao Goberno do
Estado a que coopere e promova
programas de movilidade
migratoria legais e seguros, e rexeite de pleno todas as políticas europeas encamiñadas á externalización de fronteiras.
SÉTIMO.- Realizar esforzos coordinados para prestar
asistencia e apoio ás persoas migrantes abandonadas á súa sorte en situacións vulnerables e posta en marcha
de iniciativas prácticas
e orientadas á acción, para detectar e emendar deficiencias en materia
de protección.
OITAVO.- Instar ao Goberno do
Estado á pechadura inmediata dos CIES, cárceres encubertos de persoas que non cometeron ningún delito.
NOVENO.- Condenar o tráfico e venda de armas en España.
DÉCIMO.- Condenar a tráta de seres humanos.
UNDÉCIMO.-Que
este Concello apoie as campañas pola ampliación do
dereito ao voto da poboación
inmigrante.
Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario