miércoles, 24 de abril de 2019


INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE ABRIL.
PRIMEIRO ROGO

Non é a primeira vez que o perfil do Concello de Cambre é usado inapropiadamente.
Xa foi debatido nesta lexislatura, amplamente, a necesidade de facer un uso responsable e exento de parcialidade das publicacións que son patrimonio de todas as veciñas e veciños e representan á pluralidade de opinións, culturas, relixións, ideoloxías e persoalidades que viven e conviven no noso Concello.

Faise necesario reiterar este debate, a piques de rematar esta lexislatura.
En numerosas ocasións, non en sede plenaria, pero sí en redes sociais, temos preguntado pola identidade da persoa ou persoas que xestionan as redes sociais do Concello, sin obter resposta ata o de agora.

Nesta ocasión, entendemos que debemos ser mais contundentes, visto que os debates, as peticións e as preguntas que levamos facendo a este respecto durante anos non teñen servido para nada.
Hai uns días, e como consecuencia dunha crítica á seguridade dun acto celebrado dentro da programación de Noutrora, o perfil do Concello de Cambre respostou a un veciño, cometendo as seguintes irregularidades que necesariamente deben ser explicadas e rectificadas por quen queira que sexa o responsable da publicación, ou, en última instancia, polo Sr. Alcalde deste Concello.

1º.- Dúas son as calificacións que se fan de aquelas persoas que, a criterio de quen escribe dende O Concello, non saben distinguir un desfile dunha carreira. Chámaselle "xente inexperta ou malintencionada".

2º.- Fálase dun "Certame, non unha carreira", cando nos propios perfis doutras redes sociais a actividade defínese como Carreira.

3º- Exprésase, no último, parágrafo, o ánimo a que, quen escribe confeccione e participe da actividade, sin saber, presuntamente. si a persoa á que se dirixen este comentario estaba ou non presente no momento de celebración do certame ou carreira.

Dedúcese do anteriormente expresado que o perfil público do Concello de Cambre foi utilizado para a reprimenda a unha persoa que non emitiu insulto, descalificación, improperio ou palabra malsoante algunha. Unha publicación que, no exercizo da liberdade de expresión que nos asiste, fai unha crítica á seguridade dun evento, que ó noso criterio, tampouco contaba coas medidas de seguridade precisas, e iso non nos fai nin malintencionados e tampouco necesariamente inexpertos.
Con anterioridade a expoñer esta cuestión en pleno, dende o perfil persoal da Voceira deste Grupo, solicitamos ó Concello de Cambre que rectificara esta publicación. Pasados varios días sin a mais mínima disculpa nin corrección, dende o Grupo Municipal da ACDC PREGAMOS:
Sexa rectificada a publicación á que facemos referencia, expresadas disculpas públicas á persoa descalificada e requerir a quen sexa responsable da publicación manteña o decoro e a obxectividade nas publicacións que representan á totalidade dos veciños e veciñas de Cambre.

SEGUNDO ROGO

Como consecuencia das múltiples obras que están a realizarse na Barcala, durante estes días, moitos dos escombros foron depositados na rúa Rio Gándara na marxe fronte á estación de servizo e a escasos metros do Río Mero.
Os niveles de cascallo alcanzados son preocupantes, chegando a invadir as beirarrúas, que, por outra parte, forman parte de senda segura para os nosos escolares. É certo que, se ben foron retirados, nestes días comprobamos que se volven a acumular, non sendo ocasional se non un punto de depósito de escombros para as obras, Sean advertencias nin senalizacions.
Non hai sinalización, nin balizamentos, non se corta a entrada, os vehículos que acceden dende a Estrada Cambre O Temple en dirección á Barcala atópanse, repentinamente con maquinaria pesada, tal como bañeiras ou palas sen ningún tipo de advertencia vial ou sen un servicio de protección (policía local) advertido e regulando o paso é as manobras da maquinaria pesada.
Si a esto engadimos, que o cascallo é residuo, unha forte choiva pode arrastralo cara o Río Mero adentrarse por percolación na terra, ou formar unha montaña de cascallos que dada a cantidade acumulada (comprobada polo número de bañeras que a trasladaron) poderia en algún momento vencer o seu ángulo de reposo e desplomarse.

Adxuntamos documentación gráfica desta situación e baseándonos no anteriormente exposto,




PREGAMOS:

Tomen as medidas necesarias para correxir esta situación, sinalizar apropiadamente para peóns, asegurar o tratamento de resíduos sin que perigue o noso medio natural e proceder de xeito adecuado no control viario da zoa e as manobras da maquinaria que traballa na calzada en coexistencia e proximidade coa circulacion vial, propoñendo se é necesario a actuación de servicios de seguridade cidada que os regule.

No hay comentarios: