Unha volta á política do #PELOTAZO. Temos uns partidos no goberno do #ConcelloDeCambre que baixo as siglas da esquerda ou a defensa dos pequenos autónomos fan #PolíticasParaGrandesEmpresas.
📢 Dende Eu Cambre, a través de Olga Santos López levamos varios plenos denunciando este proceso cheo de oscurantismo. Por iso sacamos esta campaña informativa, dirixida ás comerciantes e á veciñanza do Temple, sobre a recalificación do #Graxal, a carón da N-VI, para a construción dunha gran área comercial.
🏠Imos ir porta a porta a explicarlles aos veciños e veciñas da nosa vila cómo eses partidos queren converter #OTemple nun caos no que vexamos o pequeno comercio desaparecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario