EU denuncia como OBSCENIDADE a suba de salarios do
Goberno de Patiño
EU de Cambre, votará en contra da suba INDECENTE e OBSCENA que se vai aprobar pola maioría absoluta acadada no acordo de Goberno entre UXC e PSOE.
Na comparativa con respecto á
anterior lexislatura, conclúese que a suba total ascende a mais de 73.000 euros
anuais, que van supoñer ás arcas públicas aproximadamente 300.000 euros nesta lexislatura.
Actualmente, nun Concello no que se están denegando axudas de emerxencia social a persoas con vulnerabilidade, no que, según manifestacións do actual concelleiro de Urbanismo "No hay dineritos" para acometer desbroces ou outras melloras tan necesarias para o desenrolo do Concello, o Sr. García Patiño decide aplicar unha suba media dun 17% de media e asumir o máximo de adicacións exclusivas que lle permite a lei.
Falamos de obscenidade nun contexto onde segundo os datos do Ministerio de Traballo Migracións e Seguridade Social actualizados a Maio de 2019 recollen unha variación salarial dun 2,18%.
Esta medida, tamén é un desprezo para
o conxunto dos traballadores e traballadoras do Concello así como os grupos da
oposición que non son "premiados" por un Alcalde que decide
unilateralmente saquear as arcas do Concello para favorecer únicamente ós que son
da súa corda, castigando a toda a veciñanza a perder servizos para pagar os
caprichos do Sr. Alcalde.
Ademáis, prodúcense situacións tan lamentables como a concesión dunha adicación exclusiva a áreas nas que o Concello non ten competencias, como é o caso dunha das áreas coas que se premiou ó PSOE por baixar a cabeza e non presentar candidatura que competira coa de García Patiño e que levou á dimisión de Juan Evaristo Rodríguez.
Dentro da área de EDUCACIÓN, MEDIO
AMBIENTE, MOBILIDADE E SANIDADE, concédense unha Adicación exclusiva e unha
delegación especial a dous concelleiros do PSOE, para levar a cabo traballos en
áreas nas que o Concello non ten competencias directas senón que son
dependentes doutras administracións.
Dámonos conta de que o acordo de Goberno
entre UXC e PSOE inicia esta lexislatura, mancillando o respeto ós veciños e
veciñas, autootorgándose salarios de vergoña e totalmente inmorais tendo en
conta a situación que actualmente vivimos.
Un incremento de salarios destas
características tamén se aplica ó persoal de confianza, ós que tamén se lles
concede unha suba de 5000€ anuais a persoal, que durante a lexislatura pasada
demostrou, nalgún caso concreto, moi escasa formación e resolución e dos que non
coñecemos nomes nin apelidos en documento oficial.
Tamén denunciamos que curiosamente, a única adicación parcial é a do propio Alcalde, que está ocupado polas tardes en levar a cabo a súa actividade empresarial, adicándolle ó traballo do concello únicamente horario de mañán, e percibindo por media adicación, 35.000 euros, salario absolutamente INDECENTE para un Concello con só 24.600 habitantes e ún orzamento que, para soportar eses salarios, necesariamente ten que mermar en calidade de vida das veciñas e veciños e ir en detrimento dos
servizos públicos e sociais das persoas.
Esta, moi ó noso pesar, é a primeira
mostra do que van ser os catro anos que nos esperan en Cambre, cun Goberno que
abusa de maioría absoluta, subíndose os salarios a niveles indecentes, e con absoluta
capacidade de diálogo e cooperación.
Olga Santos
Voceira EU Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario