PLENO SETEMBRO 2016 (Extracto da acta do pleno)
ROGO:
2º No pleno ordinario do mes de xullo de 2016, a Corporación de Cambre aprobou unha moción presentada por ACdC pola que por unha banda “deberase prohibir a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos non
agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do territorio do termo municipal”, por outra, que esta práctica de usar glifosatos ou herbicidas “sexa substituída por métodos non químicos, que non danen a saúde nin o medio ambiente, por exemplo os métodos mecánicos e térmicos” e por último “tome as medidas oportunas para sensibilizar e informar á poboación dos riscos para a saúde e o medio ambiente que supón o uso dos herbicidas químicos tamén no referente aos seus usos agrarios co fin de fomentar unha redución do seu uso agrario e unha aplicación en condicións de seguridade.”
Con posterioridade á aprobación desta moción co voto favorable de todos os grupos, vimos publicado en prensa que o Concello de Cambre retirará plumachos e limpará 1500 metros cadrados de terreos públicos, pero debemos facer fincapé na afirmación que determina un incumprimento do acordo plenario. Concretamente dice que “para eliminar os plumachos o concello pulverizará glifosatos sobre as plantas cando broten tras rozar.”
Pregamos:
Se nos informe por parte do alcalde ou concelleiro responsable, das previsións ou actuacións que se están a levar a cabo pola empresa que acomete esta actuación, no referente unicamente ao uso de glifosatos, prohibidos expresamente neste concello. Do mesmo xeito, solicitamos se nos informe cal é a actuación concreta que se está levando a cabo para a eliminación dos plumachos e requirimos o firme compromiso deste Goberno de dar cumprimento a un acordo plenario adoptado por unanimidade dos membros desta Corporación.
Don Juan González Leirós, concelleiro de Urbanismo, Obras, Medio Ambiente e Patrimonio, pide que lle permitan facer un matiz, unha moción non é unha ordenanza, unha moción é unha declaración de intencións, unha moción é un compromiso. Que quede claro, en Cambre non están prohibidos os fitosanitarios, senón que sinxelamente hai un compromiso de non utilizalos. Reitera que é un matiz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario