jueves, 26 de septiembre de 2019






SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito, acompaño Rogos e Preguntas, que ESQUERDA UNIDA SON EN COMÚN, integrante do Grupo Mixto, desexa que sexan incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 26 de Setembro de 2019, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no pro- pio Regulamento Organico Municipal do Concello de Cambre.
Cambre a 23 de Setembro de 2019

Asdo: Olga Santos López
Voceira de Esquerda Unida- Son en Común.





PRIMEIRO ROGO
            Tendo coñecemento das  queixas reiteradas en varias ocasións, polos  veciñ@s e usuarios do camiño que transcurre entre Cela e Canal, identificado no inventario co número 00084,  motivado o estado de inseguridade que presenta, comportando un risco permanente para  a circulación rodada e peonil,  consideramos que se debe correxir esta situación  e non teñamos que lamentar ningún accidente.
Por esto presentamos o seguinte ROGO:
-Que  o Goberno local adopte as medidas necesarias con carácter urxente para que  se instalen   biondas de seguridade ou outros elementos que atenúen o perigro  nos lugares do camiño que se describe.




                                     SEGUNDO ROGO

O vial que transcurre entre Cela e O Canal (00084), esta sendo afectado por desprendementos de pedras procedentes do talud da vía férrea. A situación de ausencia de mantemento preventivo pon en risco a circulación, obstruindo tamén o propio camiño e dificultando o acceso en condicións optimas de seguridade, temos que engadir o risco de caída de algúnhas especies arbóreas  chantadas no propio talud semellando risco de desprendemento.
-Ante a situación exposta, PREGAMOS se tomen as medidas axeitadas para correxir a situación.


                       





 TERCEIRO ROGO
         No pleno pasado, EU Cambre preguntamos ó concelleiro responsable da área de Urbanismo, Juan González Leirós sobre os criterios estéticos que levaron a decidirse a adornar unha céntrica praza de Cambre, no Balado, con céspede artificial.
            A resposta non foi da nosa satisfacción. Non comprendemos que o ecoloxismo sexa compatible coa colocación de alfombras sintéticas en sustitución de elementos ornamentais que fagan a vida das persoas usuarias un pouco mais achegada á natureza, aínda que sexa nos centros urbáns.
            O resultado estético da praza é mais que evidente, e non fai falla mais explicación, chega con ver como o que era un potencial espazo integrador no centro do Concello, está convertido nun perímetro gris, con alfombras plásticas verdes, unha marquesiña invernadoiro e desniveis sin protección que fan que xa levemos varios esbaróns, tropezos e incluso magulladuras.
            Tendo en conta que a súa estética e resultado xa non é remediable, no relativo á seguridade viaria, novamente traemos este asunto a pleno.
            Entendemos que é responsabilidade de calquera Goberno Municipal, protexer a seguridade viaria, pero aínda mais, non provocar inseguridade coas obras que executa.
            Na praza do Balado existen, a día de hoxe, varios elementos perigosos que, con anterioridade non existían, resposabilidade directa do Sr. Leirós, defensor a ultranza do céspede artificial.
            Unha simple sinalización tería sido mostra da preocupación do responsable pola inseguridade da praza, pero despois do tempo pasado sin que se puxera nin unha cinta para advertir da perigosidade ós usuarios, vemos, novamente a absoluta falta de interés por salvaguardar, xa non só a estética, senón tamén a seguridade viaria destes responsables municipais.  Xustificado este desinterés, dende EU Cambre,
            PREGAMOS
            Que este Goberno Municipal cumpla coa súa obriga de protexer a seguridade viaria e, alomenos non provocala, como no caso que nos ocupa, instalando as medidas de seguridade que sexan necesarias para evitar todos os desniveis existentes na citada praza e que provocan accidentes, caídas e sustos varios de xeito constante, e sinalizando, mentres, os perigos existentes.







PRIMEIRA PREGUNTA
            Ante as queixas recibidas por parte de usuarios afectados polas obras de supresión do paso a nivel sin barreiras no Canal en Cecebre, e construcción dun so inferior, o Grupo municipal de EU , presenta a seguinte PREGUNTA:

¿Que información ten o Goberno do transcurso da mencionada obra e as súas previsións para o seu remate?
 







SEGUNDA PREGUNTA

         Son múltiples as ocasións que se nos ten preguntado por parte de veciños e veciñas de Anceis pola situación da Pista polideportiva cuberta construída pola Asociación Cultural e de Ocio San Antonio de Anceis sobre a parcela de titularidade municipal sita no lugar de A Rocha.
            Dende EU Cambre PREGUNTAMOS:
            ¿Cal ou cales son os motivos do estado no que actualmente se atopa a pista que conleva a imposibilidade de utilización polos seus potenciais usuario con especificación da previsión na data apertura e posta a disposición do público usuario?


                                                   TERCEIRA PREGUNTA
          Nas Comisións Informativas da pasada semana, preguntamos ó Sr. Alcalde, polo contido e acordos ós que él persoalmente chegou cos representantes veciñais das CCPP implicadas na remodelación da Praza Primeiro de Maio.
            A ausencia do Sr. Alcalde ás comisións informativas, conlevou que a resposta nola dera unha persoa que non asistiu a ditas reunións, pero certamente, responsable da área de goberno que implica a ditas obras: O Concelleiro de Urbanismo, Juan González Leirós.
            Ante a resposta do Sr. González Leirós, que non asistiu a dita reunión, e no ánimo de corroborar dita información co asistente real á mesma, volvemos a prantexar unha  cuestión, para nós importante, e que sexa o auténtico interlocutor das citadas reunións quen confirme a resposta do seu Concelleiro.
PREGUNTAMOS Ó SEÑOR ALCALDE.
            ¿Vai CANARGA ou algunha empresa contratada ou subcontratada por ela, realizar algún tipo de obra ou traballo extra ou adicional ós que constan no proxecto de Remodelación da Praza Primeiro de Maio, na propia praza ou na súa contorna e edificios ou locais anexos á praza?







                      PREGUNTA PENDIENTE DE RESPOSTAR DO PLENO
5 DE SETEMBRO DE 2019

         Trala celebración dun pleno extraordinario durante a campaña electoral de dubidosa necesidade, o Goberno saínte formado por UXC, PSOE e BNG acordou a interposición de accións xudiciais, por presuntas manifestacións lesivas do Alcalde de Oleiros contra a Corporación Municipal.
            No acordo apoiado polos tres partidos citados, e actualmente presentes nesta nova corporación, concretáronse as seguintes medidas:
1º.- Proceder a unha conciliación previa por vía civil, dándolle a AV a oportunidade de retractarse das acusacións vertidas relacionadas coa modificación puntual das NNSS do planeamento de Cambre no ámbito da N-VI.
2º.- No seu defecto interpoñer as accións penais pertinentes por delito de Calumnia e subsidiariamente por Inxurias.
3º.- Simultáneamente ao exercicio da acción penal, denunciar os feitos á Xunta Electoral.
4o.- Proceder a contratar os servizos dun despacho de avogados para levar a cabo o indicado.
PREGUNTAMOS
¿Cal é o estado de xestión de cada un dos catro acordos adoptados polo Goberno tripartito da anterior lexislatura con explicitación das accións realizadas e concreción das datas de cada unha de ditas accións?

EU exige explicar el retraso en abrir la pista cubierta que financió Ortega en Anceis

Critica la instalación de césped artificial y la "peligrosidad" tras la obra de calle Balado

25.09.2019 | 23:04
EU-Son en Común exige al Gobierno local de Cambre que abra la pista cubierta cuya construcción financió Amancio Ortega en Anceis. La formación reclama poder comprobar en qué situación se encuentra una obra "ya recepcionada por el Concello", asegura, y que sigue sin ponerse a disposición de los vecinos.
Demanda que a dicha "inspección" puedan asistir las asociaciones de Anceis, los grupos políticos y técnicos municipales que, "de una vez por todas, informen sobre las causas reales de que las vecinas y los vecinos no puedan disfrutar de una demanda histórica". EU denuncia también el urbanismo "antiecológico y peligroso" por la obra para crear la plaza tras la apertura de la calle Balado. Critica que se optara por instalar césped artificial y asegura que existen en la plaza "varios elementos peligrosos" y que ya se han registrado resbalones, tropiezos e incluso magulladuras entre los usuarios.

viernes, 20 de septiembre de 2019



🔻 Esquerda Unida manifesta o seu apoio aos cargos públicos de Galicia En Común e Unidas Podemos, sindicalistas e traballadores denunciados por defender os postos de traballo de #Alcoa


📝 Dende Esquerda Unida manifestamos o noso rexeitamento ás acusacións de ‘atentado á autoridade’ dos cargos públicos de Galicia En Común e Unidas Podemos Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Rafa Mayoral e Ángela Rodríguez, dos sindicalistas e dos traballadores que participaban na mobilización de Alcoa do pasado 28 de marzo, diante do Congreso. Ler en: https://bit.ly/2kqeWfb

La imagen puede contener: 6 personas, personas de pie, calzado y exterior

Dende EU de Cambre, amosamos a nosa solidariedade cos compañeir@s, na sua loita na defensa lexitima dos postos de traballo.

jueves, 19 de septiembre de 2019

martes, 17 de septiembre de 2019

Esquerda Unida repulsa os feminicidios de #Valga e chama á participación nas concentracións do movemento feminista este mércores 18
🙅‍♀️ Manifestamos a nosa condena máis rotunda á violencia machista que rematou este luns con tres mulleres asasinadas en Valga. Esquerda Unida traslada a súa solidariedade á familia e amizades das vítimas á vez que lembra que os poderes públicos deben abordar de forma prioritaria a problemática da violencia machista.



La imagen puede contener: texto

jueves, 12 de septiembre de 2019

Arrincamos desde xa un curso político de traballo intenso.
Esquerda Unida vimos de aprobar o noso calendario de primarias para as eleccións autonómicas.
Traballaremos nos meses seguintes para seguir construíndo unha proposta de esquerda á altura das necesidades e problemas das galegas e galegos.
                               La imagen puede contener: 3 personas, incluido Rubén Pérez, personas sentadas

Premio Martires de Carral

                                  La imagen puede contener: 2 personas, texto

martes, 10 de septiembre de 2019

OLGA SNTOS Satisfeitos coa nosa xestión para incrementar a visibilidade e accesibilidade en #Pravio, no cruce de San Bartolomé coa AC-214.
Eu Cambre.

La imagen puede contener: cielo y exterior

La imagen puede contener: cielo y exterior