SR.
ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito,
acompaño Rogos e Preguntas, que ESQUERDA UNIDA SON EN COMÚN, integrante do Grupo Mixto, desexa que sexan incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 26 de Setembro de 2019, de conformidade co disposto no
Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no pro- pio Regulamento
Organico Municipal do Concello de Cambre.
Cambre a 23 de Setembro de 2019
Asdo: Olga Santos
López
Voceira de Esquerda Unida- Son en Común.
Voceira de Esquerda Unida- Son en Común.
PRIMEIRO ROGO
Tendo coñecemento das
queixas reiteradas en varias ocasións, polos
veciñ@s e usuarios do camiño que
transcurre entre Cela e Canal, identificado no inventario co número 00084,
motivado o estado de inseguridade que presenta, comportando un risco
permanente para a circulación rodada e peonil,
consideramos que se
debe correxir esta situación e non teñamos que lamentar ningún accidente.
Por esto
presentamos o seguinte ROGO:
-Que o Goberno local adopte as medidas necesarias
con carácter urxente para que se
instalen biondas de seguridade ou
outros elementos que atenúen o perigro nos lugares do camiño que se describe.
SEGUNDO ROGO
O vial que transcurre entre Cela e O Canal (00084),
esta sendo afectado por desprendementos de pedras procedentes do talud da vía férrea. A situación de ausencia de mantemento preventivo pon en risco
a circulación, obstruindo tamén o
propio camiño e dificultando o acceso en condicións optimas de seguridade, temos que engadir o risco de caída de algúnhas especies arbóreas
chantadas no propio talud semellando risco de desprendemento.
-Ante a
situación exposta, PREGAMOS se tomen as medidas axeitadas para correxir a situación.
TERCEIRO ROGO
No pleno pasado, EU Cambre preguntamos ó concelleiro
responsable da área de Urbanismo, Juan González Leirós sobre os criterios estéticos
que levaron a decidirse a adornar unha céntrica praza de Cambre, no Balado, con
céspede artificial.
A resposta non foi da nosa
satisfacción. Non comprendemos que o ecoloxismo sexa
compatible coa colocación de alfombras sintéticas en sustitución de elementos
ornamentais que fagan a vida das persoas usuarias un pouco mais achegada á natureza,
aínda que sexa nos centros urbáns.
O resultado estético da praza é mais que evidente, e non fai falla
mais explicación, chega con ver como o que era un potencial espazo integrador
no centro do Concello, está convertido nun perímetro gris, con alfombras plásticas
verdes, unha marquesiña invernadoiro e desniveis sin protección que fan que xa
levemos varios esbaróns, tropezos e incluso magulladuras.
Tendo en conta que a súa estética e resultado xa non é remediable, no
relativo á seguridade viaria, novamente traemos este asunto a pleno.
Entendemos que é responsabilidade de calquera Goberno Municipal,
protexer a seguridade viaria, pero aínda mais, non provocar inseguridade coas
obras que executa.
Na praza do Balado existen, a día de hoxe, varios elementos perigosos que, con
anterioridade non existían, resposabilidade directa do Sr. Leirós, defensor a
ultranza do céspede artificial.
Unha simple sinalización tería sido mostra da preocupación do responsable
pola inseguridade da praza, pero despois do tempo pasado sin que se puxera nin
unha cinta para advertir da perigosidade ós usuarios, vemos, novamente a
absoluta falta de interés por salvaguardar, xa non só a estética, senón tamén a
seguridade viaria destes responsables municipais. Xustificado este desinterés, dende EU Cambre,
PREGAMOS
Que este Goberno Municipal cumpla
coa súa obriga de protexer a seguridade viaria e,
alomenos non provocala, como no caso que nos ocupa, instalando as medidas de seguridade que sexan
necesarias para evitar todos os desniveis existentes na citada praza e que
provocan accidentes, caídas e sustos varios de xeito constante, e sinalizando,
mentres, os perigos existentes.
PRIMEIRA PREGUNTA
Ante as queixas recibidas
por parte de usuarios afectados polas obras de supresión do paso a nivel sin
barreiras no Canal en Cecebre, e construcción dun so inferior, o Grupo municipal de EU , presenta a seguinte PREGUNTA:
SEGUNDA PREGUNTA
Son múltiples as ocasións que se nos ten preguntado
por parte de veciños e veciñas de Anceis pola situación da Pista polideportiva
cuberta construída pola Asociación Cultural e de Ocio San Antonio de Anceis sobre a parcela de titularidade
municipal sita no lugar de A Rocha.
Dende EU Cambre PREGUNTAMOS:
¿Cal
ou cales son os motivos do estado no que actualmente se atopa a pista que
conleva a imposibilidade de utilización polos seus potenciais usuario con
especificación da previsión na data apertura e posta a disposición do público
usuario?
TERCEIRA PREGUNTA
Nas Comisións
Informativas da pasada semana, preguntamos ó Sr. Alcalde, polo contido e
acordos ós que él persoalmente chegou cos representantes veciñais das CCPP implicadas
na remodelación da Praza Primeiro de Maio.
A ausencia do Sr. Alcalde ás comisións informativas, conlevou que a resposta
nola dera unha persoa que non asistiu a ditas reunións, pero certamente,
responsable da área de goberno que implica a ditas obras: O Concelleiro de
Urbanismo, Juan González Leirós.
Ante a resposta do Sr. González Leirós, que non asistiu a dita reunión, e no ánimo
de corroborar dita información co asistente real á mesma, volvemos a prantexar
unha cuestión, para nós importante, e
que sexa o auténtico interlocutor das citadas reunións quen confirme a resposta
do seu Concelleiro.
PREGUNTAMOS Ó SEÑOR
ALCALDE.
¿Vai
CANARGA ou algunha empresa contratada ou subcontratada por ela, realizar algún
tipo de obra ou traballo extra ou adicional ós que constan no proxecto de
Remodelación da Praza Primeiro de Maio, na propia praza ou na súa contorna e
edificios ou locais anexos á praza?
PREGUNTA
PENDIENTE DE RESPOSTAR DO PLENO
5 DE
SETEMBRO DE 2019
Trala celebración dun pleno extraordinario durante a
campaña electoral de dubidosa necesidade, o Goberno saínte formado por UXC, PSOE e BNG acordou a
interposición de accións xudiciais, por presuntas manifestacións lesivas do Alcalde de Oleiros contra a Corporación Municipal.
No acordo apoiado polos tres partidos citados, e
actualmente presentes nesta nova corporación, concretáronse as
seguintes medidas:
1º.- Proceder a unha conciliación previa por vía civil, dándolle a AV a oportunidade de retractarse das
acusacións vertidas relacionadas coa modificación puntual das NNSS do planeamento de Cambre no ámbito da N-VI.
2º.- No seu defecto interpoñer as accións penais pertinentes por delito de Calumnia e
subsidiariamente por Inxurias.
3º.- Simultáneamente ao exercicio da acción penal, denunciar os feitos á Xunta
Electoral.
4o.- Proceder a
contratar os servizos dun despacho de avogados para levar a cabo o indicado.
PREGUNTAMOS
¿Cal é o estado de xestión de cada un dos catro acordos adoptados polo Goberno tripartito da anterior
lexislatura con explicitación das accións realizadas e
concreción das datas de cada
unha de ditas accións?
No hay comentarios:
Publicar un comentario