No #DíadaSaúdeMental, Esquerda Unida reclama á Xunta un Plan de Saúde Mental elaborado por unha comisión técnica que estableza un proceso participado por todas as profesionais da saúde mental e que leve parello un compromiso orzamentario para que saia adiante.
💚 Segundo explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla Fernández, “dentro do conxunto sanitario, a saúde mental viuse moi afectada polos recortes orzamentarios do Goberno de Feijóo; recortes que chegaron xusto no momento da crise, cando máis se precisa a atención especializada neste tipo de doenzas”. Ler en: https://bit.ly/2MAMCAW
No hay comentarios:
Publicar un comentario