INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DE
DECEMBRO
PRIMEIRO
ROGO:
É
ben sabida a situación dramática que estamos vivindo
no Concello coas veciñas e veciños da Patiña. Tamén é sabido que na intención
de EU como na da ACdC, na lexislatura anterior sempre estivo a da colaboración
entre os diferentes grupos políticos para afrontar un tema do que o goberno de
Cambre non está á altura.
Varios
son os nosos intentos para achegarnos ó
equipo de Goberno en beneficio da situación das persoas mais vulnerables e
directamente afectadas polo abuso dos grandes grupos inmobiliarios,
depredadores de dereitos sociais.
Seguiremos
intentando ata que o consigamos que todos os grupos políticos presentes nesta Corporación teñamos un foro
común onde se aborde este tema buscando solucións e alternativas para calquera
persoa que vexa afectada a súa vida digna e o seu dereito a vivenda.
PREGAMOS:
Sexan asinados os acordos adoptados en reunión do día
27 de Novembro entre Don Oscar García Patiño, Dona Lúa Sanguinedo, Concelleira de Servizos e Dona
Olga Santos Concelleira de EU Cambre coa presenza de Don Emilio Martínez Cubero: Xefe del Área de Urbanismo e Réxime Interior e se fagan extensivos ó resto de grupos políticos da Corporación
Municipal.
Este
mesmo rogo xa foi feito de xeito discreto a través
de rexistro de entrada e correo electrónico ós voceiros dos grupos municipais,
sin que a día de hoxe teñamos resposta nin compromiso. Traemos a pleno o asunto
para evitar que pase mais tempo innecesariamente e que pode xogar en contra das
veciñas e veciños da Patiña.
Para
aclarar o asunto do noso rogo, procedo á
lectura do escrito xa presentado por rexistro o 5 de Decembro e que traslada os
acordos do 27 de Novembro entre as partes anteriormente mencionadas:
ACORDOS
PRIMEIRO
Dende o DEPARTAMENTO XURÍDICO do Concello de Cambre, acordouse
o inicio de xestións
dirixidas á
instar á Xunta de
Galicia a discernir a confusión documental existente sobre a calificación do edificio como VPO.
Asímesmo, acordouse levar a cabo as accións xurídicas oportunas dirixidas á Xunta de Galicia,
para defender a protección das familias residentes
na Patiña co claro obxectivo de
impedir a suba dos alugueres, por ser persoas en situacións de vulnerabilidade, na
súa maioría.
SEGUNDO
Dende o Departamento de SERVIZOS SOCIAIS, con carácter
de urxencia e inmediatez, destinaranse unha ou dúas
funcionarias ou funcionarios para acudir presencialmente ós
domicilios da Patiña
co obxecto de recabar e analizar a situación
particular de cada veciño ou veciña e poder afrontar ditas
particularidades cos mecanismos que teña
o Concello a disposición. (Este acordo, aínda que
non conste por escrito sabemos que se está levando a cabo por parte da
Concellería de Benestar Social)
TERCEIRO
Dende ESQUERDA UNIDA comprometémonos cos veciños, en reunión mantida o 26 de
Novembro en elaborar un texto tipo para remitir a Haya Real Estate na resposta á proposta de renovación
dos alugueres, nos que se acompañe
documentación acreditativa da calificación inicial de 30
anos de VPO.
Este texto acompañámolo, como ANEXO I ó presente documento, tal e como nos comprometemos, e poñémolo a disposición tanto dos veciños como da Concelleira de Servizos Sociais, para o seu uso no departamento,
si o considera apropiado. (Este compromiso tamén se levou a cabo por
parte de EU)
Asimesmo, comprometémonos
a prestar colaboración a Alcaldía, Servizos Sociais e corpo
funcionarial, para calquera asunto relacionado coa Patiña e a solución do problema existente.
CUARTO
Ante a petición expresa da voceira de EU, adquiriuse
o compromiso dende Alcaldía e Servizos Sociais de informar a esta Concelleira das xestións a realizar dacordo cos termos nos que foi celebrada a reunión e coa presenza do Xefe
de Area de Urbanismo e Réxime
Interior.
Coa presentación
deste escrito, fago extensiva esta última solicitude cara o resto dos
grupos presentes na Corporación Municipal do Concello de Cambre, aínda que esta solicitude
non foi obxecto desa reunión.
O motivo desta petición é
a procura de aúnar forzas de
todalas forzas políticas para facer loita común na defensa das
veciñas e veciños da Patiña
e do dereito de todas e todos a unha vivenda digna.
ANEXO I
Muy Señores míos:
Adjunta les remito la documentación por ustedes
solicitada para proceder a la renovación
de mi contrato de alquiler en el domicilio ___________.
Si bien, les solicito la renovación en las mismas
condiciones que venía disfrutando con las correspondientes subidas de
IPC acordadas con el anterior propietario LURI 6, S.A., habida cuenta de la
calificación otorgada al edificio de VIVIENDA DE PROTECCIÓN OFICIAL DE PROMOCIÓN PRIVADA DE RÉGIMEN ESPECIAL desde el año 1997 en el expediente
15-P-0100/95 con fecha de calificación definitiva 10/06/1997 y durante un período
de 30 años, por lo tanto estando dicha condición aún vigente y quedando de este modo, obligatoriamente
supeditada la renta anual al 5,5% del importe máximo
al que hubiera podido venderse dicho inmueble conforme al Artículo
21 párrafo 2o del Real Decreto 1932/91 sobre Medidas de
financiación de actuaciones protegibles en materia de vivienda del plan
1992-1995.
Sin otro particular, quedo a la espera de sus
noticias. Reciban un cordial saludo.
PREGUNTAS
PREGUNTAS
PRIMEIRA E SEGUNDA
Vimos de ter
coñecemento da situación pola que están atravesando conserxes dos campos de fútbol
municipais Daniel Mallo e A Barcala - Lendoiro.
Sabemos que a principios do mes
de novembro mantívose reunión entre o
Concelleiro de Deportes, o Alcalde e os citados conserxes.
Somos tamén coñecedores que o grupo de empresas
multiservicios Expertus, xa ven de presentar preconcurso de acreedores tamén no
mes de novembro ó non poder facer fronte ós seus pagos ordinarios, tales como nóminas,
cuotas da seguridade social e impostos e tampouco ás súas obrigas financieiras.
Según informacións en prensa a débeda total ascende a 60 millóns de €.
Esta puntualización é importante para poder comprender que o asunto
trascende as fronteiras de Cambre, aínda que
non é menos certo que nos afecta directamente.
Ante esta situación, dende EU, pedimos que se faga unha exposición pública
vista a trascendencia da situación en sesión plenaria sobre as circunstancias
que rodean a situación de incertidume laboral dos traballadores adscritos a
esta empresa.
En Andalucía, xa son varias as xornadas de folga polos centos
de traballadoras da limpeza ás que se lles adebedan varias nóminas.
Na Coruña,
o conflicto laboral dos traballadores dos pebellóns deportivos que a Xunta ten
na cidade, mantén pechados varios deles durante as fins de seman para evitar
que se acumulen débedas salariais polo impago das horas extras.
En Cádiz,
se garantiu que tódolos pagos que o Concello lle realiza á empresa, sexan
destinados ó pago de nóminas dos traballadores.
En Oleiros acaba de iniciarse un
expediente de resolución do contrato dos
servizos de conserxería e limpeza das instalacións deportivas municipais porque
a mesma concesionaria da que estamos a falar inclumple as súas obrigas en
materia laboral. Durante o proceso de xestión deste expediente de resolución xa
sacou a licitación un novo contrato para os seis meses restantes, a través dun
contrato urxente e anticipado para evitar ter que pechar os pabellóns e
instalacións deportivas.
Ante esta situación, e tendo coñecemento de que dende o Goberno xa se
ten constancia dende hai semanas desta situación, prantexamos as seguintes
preguntas que agradecemos sexan respostadas en sede plenaria polo seu calado
social, pola súa relevancia, pola necesaria implicación das diferentes
administracións e pola preocupación que, a día de hoxe teñen os traballadores e
a nosa propia.
1º.- Salvo erro propio, non conseguimos
acceder ó contrato nas plataformas de contratación. Como consecuencia
preguntamos:
¿O
actual contrato que mantén o Concello de Cambre coa concesionaria, que
presumiblemente non se atopa colgado na plataforma, recolle entre o seu
clausulado a posibilidade de rescisión polas cláusulas establecidas na vixente
Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público no seu artigo 211.1.i ou a
posibilidade de reter as cantidades debidas ó contratista para garantir o pago
dos salarios atrasados ou impagados tal e como recolle o artigo 130.6 da mesma
Lei?
2º.- ¿Cales son as xestións que dende a reunión
co persoal afectado ata o día de hoxe leva realizado o Goberno de Cambre así como
as previsións futuras de actuación de cara a poder intervir nesta situación?
TERCEIRA
PREGUNTA:
¿Cales
son as xestións realizadas na contorna da rúa dos Muíños dende o mes de
outubro, cando presentamos un rogo denunciando a presenza de ratas, marquesiña
rota, beirarrúas suxas e inexistentes nunha das marxes, papeleiras
insuficientes, tendo en conta que se aceptou o rogo na súa totalidade?
Asdo: Olga Santos López