jueves, 26 de diciembre de 2019




INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DE 
                                                               DECEMBRO


ROGOS

 

PRIMEIRO ROGO:

 

 É ben sabida a situación dramática que estamos vivindo no Concello coas veciñas e veciños da Patiña. Tamén é sabido que na intención de EU como na da ACdC, na lexislatura anterior sempre estivo a da colaboración entre os diferentes grupos políticos para afrontar un tema do que o goberno de Cambre non está á altura.
Varios son os nosos intentos para achegarnos ó equipo de Goberno en beneficio da situación das persoas mais vulnerables e directamente afectadas polo abuso dos grandes grupos inmobiliarios, depredadores de dereitos sociais.

Seguiremos intentando ata que o consigamos que todos os grupos políticos presentes nesta Corporación teñamos un foro común onde se aborde este tema buscando solucións e alternativas para calquera persoa que vexa afectada a súa vida digna e o seu dereito a vivenda.

PREGAMOS:

               Sexan asinados os acordos adoptados en reunión do día 27 de Novembro entre Don Oscar García Patiño, Dona Lúa Sanguinedo, Concelleira de Servizos e Dona Olga Santos Concelleira de EU Cambre coa presenza de Don Emilio Martínez Cubero: Xefe del Área de Urbanismo e Réxime Interior e se fagan extensivos ó resto de grupos políticos da Corporación Municipal.

               Este mesmo rogo xa foi feito de xeito discreto a través de rexistro de entrada e correo electrónico ós voceiros dos grupos municipais, sin que a día de hoxe teñamos resposta nin compromiso. Traemos a pleno o asunto para evitar que pase mais tempo innecesariamente e que pode xogar en contra das veciñas e veciños da Patiña.

               Para aclarar o asunto do noso rogo, procedo á lectura do escrito xa presentado por rexistro o 5 de Decembro e que traslada os acordos do 27 de Novembro entre as partes anteriormente mencionadas:

 

 ACORDOS

PRIMEIRO

Dende o DEPARTAMENTO XURÍDICO do Concello de Cambre, acordouse o inicio de xestións dirixidas á instar á Xunta de Galicia a discernir a confusión documental existente sobre a calificación do edificio como VPO.

Asímesmo, acordouse levar a cabo as accións xurídicas oportunas dirixidas á Xunta de Galicia, para defender a protección das familias residentes na Patiña co claro obxectivo de impedir a suba dos alugueres, por ser persoas en situacións de vulnerabilidade, na súa maioría.

SEGUNDO

Dende o Departamento de SERVIZOS SOCIAIS, con carácter de urxencia e inmediatez, destinaranse unha ou dúas funcionarias ou funcionarios para acudir presencialmente ós domicilios da Patiña co obxecto de recabar e analizar a situación particular de cada veciño ou veciña e poder afrontar ditas particularidades cos mecanismos que teña o Concello a disposición. (Este acordo, aínda que non conste por escrito sabemos que se está levando a cabo por parte da Concellería de Benestar Social)

TERCEIRO

Dende ESQUERDA UNIDA comprometémonos cos veciños, en reunión mantida o 26 de Novembro en elaborar un texto tipo para remitir a Haya Real Estate na resposta á proposta de renovación dos alugueres, nos que se acompañe documentación acreditativa da calificación inicial de 30 anos de VPO.

Este texto acompañámolo, como ANEXO I ó presente documento, tal e como nos comprometemos, e poñémolo a disposición tanto dos veciños como da Concelleira de Servizos Sociais, para o seu uso no departamento, si o considera apropiado.  (Este compromiso tamén se levou a cabo por parte de EU)

Asimesmo, comprometémonos a prestar colaboración a Alcaldía, Servizos Sociais e corpo funcionarial, para calquera asunto relacionado coa Patiña e a solución do problema existente.

CUARTO

Ante a petición expresa da voceira de EU, adquiriuse o compromiso dende Alcaldía e Servizos Sociais de informar a esta Concelleira das xestións a realizar dacordo cos termos nos que foi celebrada a reunión e coa presenza do Xefe de Area de Urbanismo e Réxime Interior.

Coa presentación deste escrito, fago extensiva esta última solicitude cara o resto dos grupos presentes na Corporación Municipal do Concello de Cambre, aínda que esta solicitude non foi obxecto desa reunión.

O motivo desta petición é a procura de aúnar forzas de todalas forzas políticas para facer loita común na defensa das veciñas e veciños da Patiña e do dereito de todas e todos a unha vivenda digna.

 

ANEXO I

Muy Señores míos:

Adjunta les remito la documentación por ustedes solicitada para proceder a la renovación de mi contrato de alquiler en el domicilio ___________.

Si bien, les solicito la renovación en las mismas condiciones que venía disfrutando con las correspondientes subidas de IPC acordadas con el anterior propietario LURI 6, S.A., habida cuenta de la calificación otorgada al edificio de VIVIENDA DE PROTECCIÓN OFICIAL DE PROMOCIÓN PRIVADA DE RÉGIMEN ESPECIAL desde el año 1997 en el expediente 15-P-0100/95 con fecha de calificación definitiva 10/06/1997 y durante un período de 30 años, por lo tanto estando dicha condición aún vigente y quedando de este modo, obligatoriamente supeditada la renta anual al 5,5% del importe máximo al que hubiera podido venderse dicho inmueble conforme al Artículo 21 párrafo 2o del Real Decreto 1932/91 sobre Medidas de financiación de actuaciones protegibles en materia de vivienda del plan 1992-1995.

Sin otro particular, quedo a la espera de sus noticias. Reciban un cordial saludo.

 

 

              

 

                                                                                           PREGUNTAS

 

 PREGUNTAS PRIMEIRA E SEGUNDA

 
Vimos de ter coñecemento da situación pola que están atravesando conserxes dos campos de fútbol municipais Daniel Mallo e A Barcala - Lendoiro.

Sabemos que a principios do mes de novembro mantívose reunión entre o Concelleiro de Deportes, o Alcalde e os citados conserxes.

Somos tamén coñecedores que o grupo de empresas multiservicios Expertus, xa ven de presentar preconcurso de acreedores tamén no mes de novembro ó non poder facer fronte ós seus pagos ordinarios, tales como nóminas, cuotas da seguridade social e impostos e tampouco ás súas obrigas financieiras. Según informacións en prensa a débeda total ascende a 60 millóns de €.

 Esta puntualización é importante para poder comprender que o asunto trascende as fronteiras de Cambre, aínda que  non é menos certo que nos afecta directamente.

 Ante esta situación, dende EU, pedimos que se faga unha exposición pública vista a trascendencia da situación en sesión plenaria sobre as circunstancias que rodean a situación de incertidume laboral dos traballadores adscritos a esta empresa.

En Andalucía, xa son varias as xornadas de folga polos centos de traballadoras da limpeza ás que se lles adebedan varias nóminas.

 Na Coruña, o conflicto laboral dos traballadores dos pebellóns deportivos que a Xunta ten na cidade, mantén pechados varios deles durante as fins de seman para evitar que se acumulen débedas salariais polo impago das horas extras.

En Cádiz, se garantiu que tódolos pagos que o Concello lle realiza á empresa, sexan destinados ó pago de nóminas dos traballadores.

En Oleiros acaba de iniciarse un expediente de resolución do contrato dos servizos de conserxería e limpeza das instalacións deportivas municipais porque a mesma concesionaria da que estamos a falar inclumple as súas obrigas en materia laboral. Durante o proceso de xestión deste expediente de resolución xa sacou a licitación un novo contrato para os seis meses restantes, a través dun contrato urxente e anticipado para evitar ter que pechar os pabellóns e instalacións deportivas.

              
Ante esta situación, e tendo coñecemento de que dende o Goberno xa se ten constancia dende hai semanas desta situación, prantexamos as seguintes preguntas que agradecemos sexan respostadas en sede plenaria polo seu calado social, pola súa relevancia, pola necesaria implicación das diferentes administracións e pola preocupación que, a día de hoxe teñen os traballadores e a nosa propia.

 

1º.-        Salvo erro propio, non conseguimos acceder ó contrato nas plataformas de contratación. Como consecuencia preguntamos:

 
 ¿O actual contrato que mantén o Concello de Cambre coa concesionaria, que presumiblemente non se atopa colgado na plataforma, recolle entre o seu clausulado a posibilidade de rescisión polas cláusulas establecidas na vixente Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público no seu artigo 211.1.i ou a posibilidade de reter as cantidades debidas ó contratista para garantir o pago dos salarios atrasados ou impagados tal e como recolle o artigo 130.6 da mesma Lei?

 
2º.-        ¿Cales son as xestións que dende a reunión co persoal afectado ata o día de hoxe leva realizado o Goberno de Cambre así como as previsións futuras de actuación de cara a poder intervir nesta situación?

 

TERCEIRA PREGUNTA:

  ¿Cales son as xestións realizadas na contorna da rúa dos Muíños dende o mes de outubro, cando presentamos un rogo denunciando a presenza de ratas, marquesiña rota, beirarrúas suxas e inexistentes nunha das marxes, papeleiras insuficientes, tendo en conta que se aceptou o rogo na súa totalidade?
 
 
                                                       
                                                                 Asdo: Olga Santos López

No hay comentarios: