Comisións Obreiras sobre o amianto: “Debería existir un programa de retirada segura de amianto”
O sindicato constituíu esta semana un grupo de traballo sobre o amianto en Vigo
O uso e comercialización do amianto están prohibidos dende o 2002 por ser canceríxeno pero non é obrigatorio retiralo se non chegou ao final da vida útil, xusto cando é máis perigoso. Así, os traballadores e traballadoras poden estar en contacto con este mineral sen sabelo cando realizan tarefas de mantemento ou reparación de edificios. Xusto isto é o que queren evitar dende o sindicato Comisións Obreiras que organizou esta semana un grupo de traballo sobre o amianto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario