lunes, 23 de marzo de 2020

Esquerda Unida de Cambre, lamenta o pasamento do compañeiro de CC.OO, JOSE LUIS PAZ PENA.
 
CCOO da Coruña

As CCOO da Coruña estamos de loito e moi tristes. O compañeiro José Luis Paz Pena deixounos esta noite por causa do coronavirus.
Infatigable compañeiro, non faltaba a unha mobilización, agora xa como xubilado, despois dunha longuísima traxectoria de responsabilidades sindicais, sendo o presidente do comite de empresa en Aluminios de Galicia, que despois sería Alcoa A Coruña,e tamén nos ámbitos da Federación de Industria de CCOO e das CCOO da Coruña, das que foi secretario xeral.

Paz Pena sempre será lembrado polo seu compromiso sindical dende a súa militancia nas CCOO Comisiones Obreras , nas que participou dende a clandestinidade, loitando contra o franquismo e construiendo a organización que agora é o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Imos botarlle moito de menos. O compañeiro Paz Pena era un dos imprescindibles, un home e un sindicalista bo e xeneroso.

Por esta razón, e porque na situación actual non podemos organizarlle a homenaxe que merecía, animamos os compañeiros, compañeiras, amigos e amigas de Paz Pena que deixen debaixo desta nota e da súa foto as mensaxes de despedida e de cariño, e tamén se poden enviar ao correo comunicacion.coruna@galicia.ccoo.es .

Compañeiro Paz Pena, que a terra che sexa leve!

No hay comentarios: