Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común pide ao Congreso e ao Goberno que todos os deputados e altos cargos donen o 50% do seu soldo para a loita contra o coronavirus
Madrid, 3 de abril de 2020.- O grupo parlamentario confederal Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común presentou esta mañá unha serie de iniciativas parlamentarias con motivo do debate que se suscitou na opinión pública sobre os soldos dos deputados e cargos públicos no contexto da pandemia do Covid19.
Instarase á Mesa do Congreso dos Deputados así como á do Senado para que fixe unha porcentaxe de rebaixa do 50% sobre o total de retribucións (o soldo base e e todos os complementos) das súas señorías durante o tempo que dure o Estado de Alarma. Do mesmo xeito, o Grupo Confederal presentará unha proposición non de lei para que o Goberno reduza o salario en igual proporción de todos os seus membros. Iso afectará tamén aos subsecretarios, directores xerais e o resto de altos cargos da administración e das súas empresas públicas como RTVE.
O aforro producido nas nóminas reintegrarase ao tesouro público para loitar contra o coronavirus. Ademais, as cantidades non descontadas dos días anteriores e xa devengadas descontaríanse das nóminas futuras. A presente iniciativa efectúase como medida extraordinaria e urxente que se suma aos esforzos orzamentarios que vén facendo o Goberno de España, aínda que non se produciu unha redución do traballo por parte dos integrantes deste Grupo Parlamentario, que continúan realizando a súa actividade durante o estado de Alarma mesmo con máis intensidade da habitual.
Na actualidade, os deputados de Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común xa están a realizar doazóns do seu soldo. Fano durante todo o ano, xa que contan cun código ético co que os seus cargos reducen os seus soldos e doan boa parte do sobrante a proxectos sociais. Pero neste momento consideran que hai que facer un esforzo maior. «O momento é excepcional e deben adoptarse decisións excepcionais e colectivas. O esforzo na loita contra a pandemia debe ser de todos e todas. Todo o mundo deberá asumir sacrificios para superar este reto civilizatorio. Iso tamén afecta a quen ostentamos cargos públicos. Máis que ninguén, nós debemos dar exemplo neste momento histórico».

No hay comentarios:
Publicar un comentario