Esquerda Unida demanda á Xunta que as persoas maiores da Residencia pública Porta do Camiño, poidan volver ao seu centro
Logo de case dous meses de seren desprazadas a un hotel tras a decisión da Xunta de adicar a Residencia pública de maiores “Porta do Camiño” á atención de persoas afectadas de coronavirus procedentes de residencias privadas, Esquerda Unida demanda que as persoas residentes poidan volver ao seu fogar.
“Foi un despropósito que se desprazase a un hotel, non adaptado en absoluto, a estas persoas maiores e que, tras case dous meses, cando xa apenas quedan persoas afectadas de coronavirus ingresadas na súa Residencia, a Xunta persista en impedirlles volver ao seu centro” apunta Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.
Cando a Xunta decidiu trasladar a estas persoas a un hotel, a pesar do anuncio da súa desinfección previa, o persoal e as persoas residentes comprobaron que se atopaba en pésimas condicións de orde, hixiene e habitabilidade, incluso coa presenza de insectos, uns graves feitos que non preocuparon á Consellería de Políticas Sociais, que decidiu manter o traslado nese hotel.
Cómpre destacar tamén que un hotel carece das características propias dunha residencia de persoas maiores. Chans esvaradíos, escadas e rampas non adaptadas, bañeiras en vez de duchas e falla de elementos de suxeición fan máis que evidente a ausencia de adecuación para estas persoas e xa provocaron varios accidentes durante estes dous meses.
Ante esta situación, Esquerda Unida entende que é inaceptable manter alí a estas persoas maiores e lembra á Xunta a obriga de velar polos seus dereitos: “Xa non tivo sentido un traslado nestas condicións, expoñendo a persoas maiores fráxiles e vulnerables a todo tipo de riscos para a súa integridade, en vez de utilizar para este fin outro centro social ou sanitario, que estivera baleiro nese momento. Pero, polo menos, agora que xa se pode dispoñer da súa residencia, acondicionala e desinfectala, solicitamos que se adopte esta decisión e se leve a cabo canto antes para poder devolver ao seu fogar a estas persoas maiores, co obxecto de que poidan ser debidamente atendidas e coidadas.”
“A Xunta deberá dar moitas explicacións por esta xestión da crise. Deberán explicar o traslado de toda unha residencia ocupada, en vez de utilizar un centro social ou sanitario que estivera xa baleiro, así como os motivos para a selección precisamente dese hotel que evidentemente foi un erro, e por que non tiveron en conta a opinión nin do persoal nin das persoas residentes e, sobre todo, por que manteñen esta situación a pesar de tanto erro” sentencia Solla.
En todo caso, esta situación que hoxe denunciamos é só a punta do iceberg da nefasta xestión do Goberno de Feijoó, baseada en recortes e privatizacións de servizos sociais. Fondos voitre ocultos tras empresas privadas que atoparon un nicho de negocio onde non deberan entrar xamais, na atención e coidados das persoas máis fráxiles e vulnerables.
Os servizos sociais son responsabilidade pública que debe exercerse desde unha xestión pública directa, só así, tal e como estamos vendo nesta crise sanitaria, se garanten os dereitos e a integridade das persoas residentes e as condicións laborais das persoas traballadoras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario