viernes, 28 de agosto de 2020

El Gobierno local tumba la moción para condenar la agresión vinculada al vertido

Pidió reconvertir el texto en una condena genérica y votó en contra al negarse la oposición

28.08.2020 | 02:39
El Gobierno local tumba la moción para condenar la agresión vinculada al vertido
El Gobierno local de Cambre -UxC y PSOE- tumbó ayer con su mayoría absoluta una moción conjunta presentada de urgencia por toda la oposición en la que se reclamaba condenar la agresión denunciada por un vecino a manos de otro, que el denunciante vinculaba con sus críticas en redes sociales al vertido de arena de obra que fue objeto de una denuncia de la asociación ecologista Adega el mes pasado en Entrepuentes, en la ría de O Burgo, donde un año antes unos jóvenes promovieron una playa artificial, entre ellos la concejal de Gobierno Elisa Pestonit y el presunto agresor.
La portavoz del Ejecutivo municipal -que manifestó su solidaridad con las víctimas y su condena a las agresiones- pidió que se dejara sobre la mesa la moción para llevarse a una sesión posterior como declaración institucional de todos los grupos. Los portavoces de UxC y PSOE pidieron cambiar el texto para reconvertirlo en una condena en general a toda agresión y amenaza. Los firmantes rechazaron "diluir" el caso concreto y el Gobierno local votó en contra del texto.
La oposición explicó que las víctimas aseguraron haber recibido llamadas de apoyo de todos los grupos menos los del Ejecutivo. El portavoz del BNG Dani Carballada señaló que el denunciante había sido militante de UxC y PSOE. La edil de EU Olga Santos apuntó que en otras ocasiones se convocó a la oposición para tratar "con delicadeza" agresiones y afeó al Ejecutivo que en este caso no contactara con las víctimas ni los grupos.
Santos incidió, además, que en bipartito "mintió" cuando negó tener conocimiento del vertido. UxC criticó que la oposición "juzgó" sin haber sentencia y que vinculase los hechos al Gobierno local.

lunes, 10 de agosto de 2020

domingo, 2 de agosto de 2020



INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO MES DE XULLO.



MOCIÓN A FAVOR DOS POSTOS DE TRABALLO E VIABILIDADE DE
ALU IBERICA CORUÑA.

Despois de que durante 20 anos ALCOA adicárase a desmantelar o antigo grupo estataL  do aluminio INESPAL METAL, do que só quedaban tres complexos industriais dos nove que tivera, o 17 de outubro de 2018 promoveu un ERE de extinción nas plantas de Avilés e A Coruña.

A loita das dúas plantillas e as súas rexións, conseguiron que ALCOA non pechase as factorías e o15 de xaneiro de 2019 alcanzouse un acordo para abrir un proceso para a súa venda que durou ata o 31 de xullo de 2019.
O proceso para a venda das dúas plantas foi tutelado polo Ministerio de Industria e as Comunidades Autonómicas (CCAA) de Asturias e Galicia nunha mesa industrial creada no Ministerio de Industria, na mesma, tamén participaron a propia Alcoa, os sindicatos e a Representación Legal dos Traballadores ( RLT) nas dúas plantas.
No proceso de venda ALCOA reservouse en exclusividade o validar aos potenciais compradores que ían pasando de nivel (carta de intencións, oferta non vinculante, oferta vinculante, etc). ALCOA fixou como requisito indispensable o que “os potenciais compradores tiñan que ser serios, solventes e rigorosos co obxectivo de iniciar e culminar o proceso de venda das plantas de Avilés e Coruña de modo que se permita a continuidade de emprego nas mesmas” Tamén era unha condición preferente que o potencial comprador presentase un proxecto que incluíse o rearranque das instalacións das series de electrolisis para seguir producindo aluminio primario. Finalmente, o 31 de xullo de 2019, a pesar de existir varias opcións para a venda das plantas, ALCOA validou cos seus criterios (serio, solvente, rigoroso, con capacidade de xestión e de dar viabilidade ao proceso industrial) a PARTER CAPITAL GROUP ( en diante PARTER) que se fixo coas plantas.

No acordo de venda, grazas á presión exercida pola RLT e as prantillas, estableceuse que, xunto coas plantas, e durante 24 meses, ALCOA tiña que desembolsar máis de 95 millóns de dólares (pagos trimestrais) para manter intactas as condicións laborais e salariais mentres se desenvolvía un plan industrial que incluían uns investimentos por valor de 20 millóns de dólares  en cada unha das plantas. No acordo de compra e venda tamén se estableceron, ou se tiñan que establecer por acordarse coa RLT, unha serie de accións prohibidas para o comprador, por exemplo:

“(i) calquera dividendo ou distribución (en efectivo ou non) aos Compradores ou a unha filial dos Compradores;”(ii) a emisión ou venda de calquera valor, a redución de capital social (que non sexan reducións obrigatorias de capital social para compensar perdas), ou participacións dos Compradores ou das Compañías;” “(ix) calquera venda de calquera operación dos Negocios a un terceiro ou a unha Filial dos compradores; “(x) rescindir, modificar en calquera aspecto material ou renunciar a calquera dereito mater entre a Compañías e os Compradores, e viceversa, en virtude deste Contrato ou de calquera documento relacionado.”

O Ministerio de Industria e as CCAA comprometéronse a realizar un seguimento do desenvolvemento do proceso industrial acordado con ALCOA e PARTER, convocando periodicamente á Mesa Técnica Industrial para a viabilidade de Avilés e Coruña.
Ás poucas semanas da compra, e de maneira unilateral, PARTER cambio a idea orixinal do  proxecto industrial; no canto de enfocalo á produción de aluminio secundario destinado a
fornecer ao sector da automoción, decidiu reforzar a fabricación do “ Tocho” (barra de aluminio de 6 metros de lonxitude de aproximadamente 500KG de peso) que era un produto xa existente
nas plantas destinado á extrusión de aluminio.

A inoperancia e incumprimentos de PARTER eran un feito, polo que a finais do ano 2019 solicitouse de urxencia a reunión da mesa ministerial, pero o ministerio non a convoco ata o 4 de febreiro de 2019. Nesta reunión esixiuse ao ministerio a aprobación urxente do Estatuto das Empresas Electrointensivas, que tamén era parte do acordo e estaba a impedir poñer en marcha a produción electrolítica nas plantas, pero sobre os incumprimentos de PARTER o ministerio non tomou ningunha medida respecto diso.

O 15 de abril de 2020, tras un mes de estado de alarma polo Covid-19, sen ter noticias do Ministerio de Industria nin das CCAA, e non cumprindo PARTER ningún punto do acordo nin
do proxecto industrial, responsables do GRUPO INDUSTRIAL RISCO (en diante RISCO) de maneira sorpresiva cóanse nunha reunión que estaba prevista realizar con PARTER e comunican
que a xestión das plantas (Avilés e Coruña) pasaba ás súas mans ao adquirir eles o 74,9% das accións das empresas.


RISCO recoñeceu estar en negociacións con PARTER desde a primeira semana setembro 2019. Este feito demostra que PARTER en ningún momento estivo interesado en levar a cabo o plan industrial que utilizara para comprar as plantas. Tamén demostra que ALCOA habilitara e dera conformidade a un investidor sen a capacidade e solvencia esixida, o que debería de
considerarse un engano e unha fraude a todos os integrantes da mesa ministerial, aos traballadores e as comarcas onde están emprazadas as plantas.


Ás poucas semanas da compra, e de maneira unilateral, PARTER cambio a idea orixinal do proxecto industrial; no canto de enfocalo á produción de aluminio secundario destinado a fornecer ao sector da automoción, decidiu reforzar a fabricación do “ Tocho” (barra de aluminio de 6 metros de lonxitude de aproximadamente 500KG de peso) que era un produto xa existente nas plantas destinado á extrusión de aluminio.

A inoperancia e incumprimentos de PARTER eran un feito, polo que a finais do ano 2019 solicitouse de urxencia a reunión da mesa ministerial, pero o ministerio non a convoco ata o 4 de febreiro de 2019. Nesta reunión esixiuse ao ministerio a aprobación urxente do Estatuto das Empresas Electrointensivas, que tamén era parte do acordo e estaba a impedir poñer en marcha a produción electrolítica nas plantas, pero sobre os incumprimentos de PARTER o ministerio non tomou ningunha medida respecto diso.

O 15 de abril de 2020, tras un mes de estado de alarma polo Covid-19, sen ter noticias do Ministerio de Industria nin das CCAA, e non cumprindo PARTER ningún punto do acordo nin
do proxecto industrial, responsables do GRUPO INDUSTRIAL RISCO (en diante RISCO) de maneira sorpresiva cóanse nunha reunión que estaba prevista realizar con PARTER e comunican
que a xestión das plantas (Avilés e Coruña) pasaba ás súas mans ao adquirir eles o 74,9% das accións das empresas.


RISCO recoñeceu estar en negociacións con PARTER desde a primeira semana setembro 2019. Este feito demostra que PARTER en ningún momento estivo interesado en levar a cabo o plan industrial que utilizara para comprar as plantas. Tamén demostra que ALCOA habilitara e dera conformidade a un investidor sen a capacidade e solvencia esixida, o que debería de considerarse un engano e unha fraude a todos os integrantes da mesa ministerial, aos traballadores e as comarcas onde están emprazadas as plantas.


Os incumprimentos son moi graves, máximo @teniendo en cuenta que tanto a administración central como as autonómicas deberían de fiscalizar todo o proceso para esixir o seu estrito cumprimento. A RLT quere que se esclarezan todos os feitos e que se repoña no daño causado ás traballadoras e traballadores. Porque unha cousa está clara, e é que as negociacións que iniciou PARTER (as primeiras semanas de setembro de 2019), con RISCO ocasionou que non se desenvolvese o plan industrial acordado, roubándonos así un ano dos dous comprometidos para desenvolver un proxecto industrial cos investimentos necesarios que ían garantir a viabilidade das plantas e o mantemento do emprego.


A revenda das plantas de PARTER ao GRUPO RISCO como mínimo antóllase ilegal en base aos acordos anteriores. RISCO non ofrece ningunha garantía de solvencia para poder levar a
cabo o proxecto industrial apadriñado polo Ministerio de Industria e as CCAA no seu día.


Ademais pola súa traxectoria temémonos que podamos estar en mans dun liquidador sen escrúpulos, que a día de hoxe, xa está a incumprir as garantías laborais acordadas cos traballadores e é urxente tomar unha decisión.

Ante esta situación, dende EU presentamos o texto redactado polo Comité de Empresa de ALU IBÉRICA DA CORUÑA ante o pleno da Corporacióñn do concello de Cambre para que acorde:


PRIMEIRO.

Instar o Goberno Central e á Xunta de Galicia para que no ámbito das súas competencias e en estreita colaboración, interveñan a xestión da factoría co fin de auditarla; abrir una investigación para clarificar todo o sucedido coas diversas vendas; certificar o grao de incumprimento do acordo do 15 de xaneiro de 2019 e o acordo de venda do 31 de xullo de 2019. Tamén para fiscalizar todo o proceso de pagos que ALCOA ten que realizar estinados ao mantemento do emprego e realización dos investimentos, velando así mesmo, porque tales partidas económicas sexan aplicadas para o fin acordado e non outro.


SEGUNDO.

Instar ao Goberno Central para que aprobe canto antes o Estatuto das Empresas Electrointensivas nos termos que en que todos os sindicatos, asociacións patronais e CCAA realizaron nas alegacións ao mesmo durante a súa exposición pública.

Tamén, aprobar o máximo de orzamento permitido pola UE para as compensacións de CO2, en total 275 millóns de euros.

TERCEIRO.

Instar o Goberno Central e á Xunta de Galicia para que, mediante os requirimentos correspondentes obriguen ás empresas que incumprisen os acordos establecidos a compensar ás traballadoras e traballadores, tanto no tempo, como nos importes necesarios, para poder levar a cabo os plans industriais acordados.


Asdo: Olga Santos López
Voceira EU Cambre.



ROGOS E PTREGUNTAS:




PRIMEIRO ROGO:

 

Catro organizacións sindicais abandoaron o día 17 de xullo a Mesa Sectorial de Educación diante da negativa da Consellaría a retirar un protocolo "unilateral" que por intereses electoralistas foi ocultado durante semanas ao profesorado e resto da comunidade educativa.

As peticións que chegan á Xunta son únicas e coincidentes: retirar o protocolo para negociar un novo documento realista para garantir todos os aspectos que abarca un inicio de curso marcado pola Covid19 e que implican unha adaptación que vai máis alá das intencións da Consellaría que tan sequera contempla o incremento de persoal docente e non docente para levar a cabo a súa propia proposta.

Son necesarios e imprescindibles para afrontar o vindeiro curso mais profesorado, mais persoal non docente, un maior distanciamento físico nas nosas aulas e, por tanto, unhas ratios mais reducidas para podermos afrontar cun mínimo de garantía un curso cheo de incertezas.

 

É inadmisible que as ratios de alumnado, o desdobramento de aulas, o servizo de comedores, o de atención temperá, desinfección de materiais, etc, sexan elementos recollidos no protocolo “unilateral” que carezan de total planificación delegando así as responsabilidades aos equipos directivos e docentes dos centros.

En base ao anteriormente    exposto,

 

PREGAMOS ao Concello de Cambre que, no ámbito das competencias municipais que establece a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, tales como a conservación, mantemento e vixilancia dos centros públicos de educación primaria, infantil ou especial ou a vixilancia para o cumprimento da escolaridade obrigatoria, leven a cabo as medidas necesarias dentro das súas posibilidades, para que se garanta o cumprimento dos protocolos necesarios en materia de protección da saúde no novo contexto provocado polo COVID19, de xeito que se poida levar a cabo un correcto funcionamento das clases no inicio deste novo curso académico, así como informar ao conxunto da Corporación Municipal, sobre cales foron as actuacións levadas a cabo ata hoxe, neste sentido.



SEGUNDO ROGO:

 

Como consecuencia da publicación en prensa por parte de EU de Cambre, dos desperfectos existentes no parque da praza da Ría (Popeye), dende o Concello de Cambre, procederon a arranxar os desperfectos por nos denunciados.

A cuestión é que os arranxos deixaron o parque nunha situación moito peor que a orixinal, algo que a priori parecía difícil, pero os responsables deste concello consiguen amosar en moitas ocasións.

Amosamos fotografías que describen en qué consistiron ditas actuacións con toda a intención de que quen sexa a persoa responsable valore, con toda sinceiridade si lle parece propio dun Goberno dun Concello do primeiro mundo, poñer unha táboa de formica cutre, enriba dun buraco, sin tan siquera lixalo pola parte inferior.

Na FOTOGRAFÍA 1, pódese observar cómo pola parte inferior do barco infantil, destinado a xogo, segue a observarse o contorno do buraco tapado con contrachapado. Ese contorno, a todas luces podre ten descolgadas astillas que, a pouco que un neno ou nena salte enriba, desprenderanse cara o chan. É recomendable, por tanto que nais e pais, acudan ao Popeye cunhas pinzas para a potencial extracción de astillas dos dediños curiosos dos seus fillos e fillas.

Na FOTOGRAFÍA 2, poderán observar os responsables políticos, así como a canteira de persoal de confianza, cómo esas dúas táboas colocadas para tapar o buraco, desniveladas, por outra parte, provocan un borde de un centímetro e medio, que doadamente poderá provocar que algún cativo ou cativa, poida recibir a visita do rato Pérez antes de tempo. Como suxestión, cando programen a visita os responsables, será de utilidade un nivel.

Nas FOTOGRAFÍAS 3 e 7, e coas dimensións corporais dun adulto conseguimos,   sin maior inconvinte acceder á parte baixa das rampas, baixo as que, sorpresivamente atopamos papel de aluminio sobrante de bocatas, medio tubo de plástico, dous envoltorios de chocolatinas, kikos, cacahuetes e unha peza de lego, unha botella de plástico de auga e un envoltorio de palomitas. É probable, que si unha persoa do meu tamaño consigue acceder, unha Concelleira, ou o persoal de limpeza, así como o persoal de confianza, tamén poidan facelo. Os nenos e nenas, acceden con facilidade.


Nas FOTOGRAFÍAS 4 e 5, pódese observar cómo o traballo realizado no escalón da fotografía número 2, non foi extensivo ao escalón seguinte, que sigue carcomido e roído, e polo que doadamente un cativo ou cativa poida meter un pe ou mesmo buscar coa man si algún tesoro poidera estar aí oculto.

Nas FOTOGRAFÍAS 6 E 8 queda de manifesto que, efectivamente o chan que se instalou no parque é de corcho, toda vez que está desprendido en varios lugares propiciando que si chove poidan os cativos estrear as katiuscas a lo Peppa Pig, e xa de paso, esbarar e que os seus amiguiños do cole poidan asinarlle o yeso.


 O tono traxicómico que uso neste rogo ven motivado polo cachondeo co que o Goberno de Cambre trata á súa veciñanza, o pitorreo co que desprezan as peticións da oposición, e as dúcias de veces que vimos a falarlle do mantemento dos parques infantís, lugar de lecer das nosas crianzas e a gravidade de actuacións coma esta descrita, pola  que colocan unha táboa con mala gana para calar a boca a quen reclama unhas instalacións limpas, seguras e de calidade para unha veciñanza que non merece o desprezo deste Goberno.
PREGAMOS que realicen o seu traballo, que xustifiquen os seus salarios, os dos seus asesores, e traten ás veciñas e veciños do Concello cun mínimo de respecto e dignidade. Si conseguimos esto, de seguro que levarán a cabo as accións oportunas para o mantemento do Parque obxecto do rogo e todos aqueles que ao longo do concello de Cambre están en condicións deplorables, suxos e cheos de desperfectos
 

 
TERCEIRO ROGO:
                                                                     

O traballo materializado en iniciativas, rogos, preguntas, escritos, peticións, ideas, proposicións e outras moitas xestións que constantemente realizamos os grupos políticos  e partidos da oposición, ten que ser publicitado por cada un de nos a través de mecanismos de difusión tales como prensa, redes sociais, reunións, etc.

Exactamente o mesmo ocurre co traballo realizado co equipo de goberno, as   visitas a obras, as inauguracións, as charlas polas parroquias, e calquera actuación pode ser publicitada a través dos mesmos mecanismos, e, ademais, a través da páxina web do Concello.


Queda clara, a manifesta desigualdade no uso dos medios de información pertencentes ao Concello, que non ao Goberno, cando, dende os grupos da oposición non temos un espazo para poder dar difusión ao noso traballo.


Entendemos que é de xustiza, ademais que, de dereito propio, que a páxina web do concello, dea cabida aos concelleiros, independientemente dos pactos de goberno que leve a que uns gobernen e outros non.


PREGAMOS A habilitación, con carácter inmediato dun espazo na web do Concello aos grupos da oposición para poder dar soporte ao traballo por nos relizado.





PRIMEIRA PREGUNTA: Como consecuencia dos últimos convenios urbanísticos publicados respecto da rehabilitación das Casas de Bailly e a recalificación do solo lindeiro coa UE19, temos constancia da existencia de outros convenios sen publicitar na páxina do Concello de Cambre.Aproveitamos a presentación desta pregunta para suxerirlles que, en aras á tan codiciada transparencia, accedan a publicitar tódolos convenios que sexan pertinentes   por atoparse implicados en planes urbanísticos en tramitación. De publicarse un, entendemos que se poderán publicar todos.Recentemente vimos de observar cómo a Dirección Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo fixo unha informe absolutamente demoledor considerando a desproporcionada densidade edificada no Temple e a escasez de dotacións.
 
Non é necesario que a Xunta nos diga o que vemos cada día no Temple: atascos, imposibilidade de aparcar, deshumanización, formigón e concreto a esgalla,  e  unhas obras recentes que, lonxe de desconxestionar, caracterízanse pola crítica común  de moitos veciños e veciñas que denuncian a cotío a imposibilidade de deixar un coche aparcado e a sustitución de espazo humano por formigón.
 
Podemos decir, sin medo a equivocarnos que o urbanismo do Concello de Cambre, caracterízase exactamente por facer o contrario do que se fai nos países mais avanzados de Europa, que instauran o urbanismo ecolóxico consistente en modelos urbáns mais sostibles, eficientes e habitables, con cidades mais atractivas e agradable, O Temple, Cambre e a Barcala, en canto foron tocadas polo actual responsable de Urbanismo están a convertirse en todo o contrario: Prazas grises, con desniveis, céspede artificial, núcleos de poboación colapsados e sin capacidade para que a veciñanza
 
A preocupación xa histórica de EU, con respecto ao Temple, lonxe de diluírse, vese incrementada, vista a codicia urbanizadora do Goberno de Cambre, materializada no sospeitoso retraso do PXOM que permite aprobar modificacións urbanísticas importantísima a través da modificación das NNSS do ano 94.Dentro desas modificacións pendentes, observamos como, tal e como informa a Dirección Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, a densidade edificatoria no Temple vaise ver incrementada ate moito mais do que é capaz de soportar, en dous grandes obxectivos deste Goberno, a recalificación e construcción de edificios de Malasa, e a destrucción do pequeno comercio do Temple a través da creación dunha área comercial n N-VI.
Cómpre recordar outro dos grandes perxuízos para a veciñanza do Temple, sinalados tamén pola Dirección Xeral: "Nos mapas estratéxicos de ruido oficiales dispoñibles na fronte da Costa da Tapia en el frente de Costa da Tapia supéranse os niveles de ruído ambiental máximos permitidos pola lexislación pero a Lei permite que os Concellos "por razóns excepcionais de interés público debidamente motivadas" poidan conceder licencias de construcción de edificios, aínda que incumplan os obxectivos de calidade acústicos". Non existe nin razón excepcional, nin de interés público, nin motivaron absolutamente ningunha razón para xustificar a aprobación do Plan Malasa, plan, cómpre recordar, de interés urbanístico de familiares directos do actual Alcalde de Cambre. Igual o interés que se pode xustificar para inclumplir absolutamente tódalas recomendacións e suxestións da Xunta de Galicia e de algúns partidos políticos, como pode ser EU, non é tan público como debería.

 Ante este prantexamento, dende EU Cambre sometemos ao responsable de Urbanismo á seguinte pregunta:
 Existe algún inconveniente técnico ou xurídico que impida materializar o aproveitamento recoñecido nos convenios doutras Unidades de  Execución,  no solo rústico que se está recalificando como solo urbanizable?
SEGUNDA PREGUNTA:
 ¿Poden expoñer o relato cronolóxico de tódalas xestións feitas polo Concello de Cambre para obter os terreos que permitan dar cumplimento ao PEID de Anceis?
 
TERCEIRA PREGUNTA:
 O fronte da parcela onde está situada a Casa da cultura atópase urbanizado na súa totalidade con arreglo ao proxecto de urbanización?