INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO MES DE XULLO.
MOCIÓN A FAVOR DOS POSTOS DE TRABALLO E VIABILIDADE DE
ALU IBERICA CORUÑA.
Despois de que durante 20 anos ALCOA adicárase a desmantelar o antigo grupo estataL do aluminio INESPAL METAL, do que só quedaban tres complexos industriais dos nove que tivera, o 17 de outubro de 2018 promoveu un ERE de extinción nas plantas de Avilés e A Coruña.
A loita das dúas plantillas e as súas rexións, conseguiron que ALCOA non pechase as factorías e o15 de xaneiro de 2019 alcanzouse un acordo para abrir un proceso para a súa venda que durou ata o 31 de xullo de 2019.
O proceso para a venda das dúas plantas foi tutelado polo Ministerio de Industria e as Comunidades Autonómicas (CCAA) de Asturias e Galicia nunha mesa industrial creada no Ministerio de Industria, na mesma, tamén participaron a propia Alcoa, os sindicatos e a Representación Legal dos Traballadores ( RLT) nas dúas plantas.
No proceso de venda ALCOA reservouse en exclusividade o validar aos potenciais compradores que ían pasando de nivel (carta de intencións, oferta non vinculante, oferta vinculante, etc). ALCOA fixou como requisito indispensable o que “os potenciais compradores tiñan que ser serios, solventes e rigorosos co obxectivo de iniciar e culminar o proceso de venda das plantas de Avilés e Coruña de modo que se permita a continuidade de emprego nas mesmas” Tamén era unha condición preferente que o potencial comprador presentase un proxecto que incluíse o rearranque das instalacións das series de electrolisis para seguir producindo aluminio primario. Finalmente, o 31 de xullo de 2019, a pesar de existir varias opcións para a venda das plantas, ALCOA validou cos seus criterios (serio, solvente, rigoroso, con capacidade de xestión e de dar viabilidade ao proceso industrial) a PARTER CAPITAL GROUP ( en diante PARTER) que se fixo coas plantas.
No acordo de venda, grazas á presión exercida pola RLT e as prantillas, estableceuse que, xunto coas plantas, e durante 24 meses, ALCOA tiña que desembolsar máis de 95 millóns de dólares (pagos trimestrais) para manter intactas as condicións laborais e salariais mentres se desenvolvía un plan industrial que incluían uns investimentos por valor de 20 millóns de dólares en cada unha das plantas. No acordo de compra e venda tamén se estableceron, ou se tiñan que establecer por acordarse coa RLT, unha serie de accións prohibidas para o comprador, por exemplo:
“(i) calquera dividendo ou distribución (en efectivo ou non) aos Compradores ou a unha filial dos Compradores;”(ii) a emisión ou venda de calquera valor, a redución de capital social (que non sexan reducións obrigatorias de capital social para compensar perdas), ou participacións dos Compradores ou das Compañías;” “(ix) calquera venda de calquera operación dos Negocios a un terceiro ou a unha Filial dos compradores; “(x) rescindir, modificar en calquera aspecto material ou renunciar a calquera dereito mater entre a Compañías e os Compradores, e viceversa, en virtude deste Contrato ou de calquera documento relacionado.”
O Ministerio de Industria e as CCAA comprometéronse a realizar un seguimento do desenvolvemento do proceso industrial acordado con ALCOA e PARTER, convocando periodicamente á Mesa Técnica Industrial para a viabilidade de Avilés e Coruña.

Ás poucas semanas da compra, e de maneira unilateral, PARTER cambio a idea orixinal do proxecto industrial; no canto de enfocalo á produción de aluminio secundario destinado a
fornecer ao sector da automoción, decidiu reforzar a fabricación do “ Tocho” (barra de aluminio de 6 metros de lonxitude de aproximadamente 500KG de peso) que era un produto xa existente
nas plantas destinado á extrusión de aluminio.
A inoperancia e incumprimentos de PARTER eran un feito, polo que a finais do ano 2019 solicitouse de urxencia a reunión da mesa ministerial, pero o ministerio non a convoco ata o 4 de febreiro de 2019. Nesta reunión esixiuse ao ministerio a aprobación urxente do Estatuto das Empresas Electrointensivas, que tamén era parte do acordo e estaba a impedir poñer en marcha a produción electrolítica nas plantas, pero sobre os incumprimentos de PARTER o ministerio non tomou ningunha medida respecto diso.
O 15 de abril de 2020, tras un mes de estado de alarma polo Covid-19, sen ter noticias do Ministerio de Industria nin das CCAA, e non cumprindo PARTER ningún punto do acordo nin
do proxecto industrial, responsables do GRUPO INDUSTRIAL RISCO (en diante RISCO) de maneira sorpresiva cóanse nunha reunión que estaba prevista realizar con PARTER e comunican
que a xestión das plantas (Avilés e Coruña) pasaba ás súas mans ao adquirir eles o 74,9% das accións das empresas.

RISCO recoñeceu estar en negociacións con PARTER desde a primeira semana setembro 2019. Este feito demostra que PARTER en ningún momento estivo interesado en levar a cabo o plan industrial que utilizara para comprar as plantas. Tamén demostra que ALCOA habilitara e dera conformidade a un investidor sen a capacidade e solvencia esixida, o que debería de
considerarse un engano e unha fraude a todos os integrantes da mesa ministerial, aos traballadores e as comarcas onde están emprazadas as plantas.

Ás poucas semanas da compra, e de maneira unilateral, PARTER cambio a idea orixinal do proxecto industrial; no canto de enfocalo á produción de aluminio secundario destinado a fornecer ao sector da automoción, decidiu reforzar a fabricación do “ Tocho” (barra de aluminio de 6 metros de lonxitude de aproximadamente 500KG de peso) que era un produto xa existente nas plantas destinado á extrusión de aluminio.
A inoperancia e incumprimentos de PARTER eran un feito, polo que a finais do ano 2019 solicitouse de urxencia a reunión da mesa ministerial, pero o ministerio non a convoco ata o 4 de febreiro de 2019. Nesta reunión esixiuse ao ministerio a aprobación urxente do Estatuto das Empresas Electrointensivas, que tamén era parte do acordo e estaba a impedir poñer en marcha a produción electrolítica nas plantas, pero sobre os incumprimentos de PARTER o ministerio non tomou ningunha medida respecto diso.
O 15 de abril de 2020, tras un mes de estado de alarma polo Covid-19, sen ter noticias do Ministerio de Industria nin das CCAA, e non cumprindo PARTER ningún punto do acordo nin
do proxecto industrial, responsables do GRUPO INDUSTRIAL RISCO (en diante RISCO) de maneira sorpresiva cóanse nunha reunión que estaba prevista realizar con PARTER e comunican
que a xestión das plantas (Avilés e Coruña) pasaba ás súas mans ao adquirir eles o 74,9% das accións das empresas.
A inoperancia e incumprimentos de PARTER eran un feito, polo que a finais do ano 2019 solicitouse de urxencia a reunión da mesa ministerial, pero o ministerio non a convoco ata o 4 de febreiro de 2019. Nesta reunión esixiuse ao ministerio a aprobación urxente do Estatuto das Empresas Electrointensivas, que tamén era parte do acordo e estaba a impedir poñer en marcha a produción electrolítica nas plantas, pero sobre os incumprimentos de PARTER o ministerio non tomou ningunha medida respecto diso.
O 15 de abril de 2020, tras un mes de estado de alarma polo Covid-19, sen ter noticias do Ministerio de Industria nin das CCAA, e non cumprindo PARTER ningún punto do acordo nin
do proxecto industrial, responsables do GRUPO INDUSTRIAL RISCO (en diante RISCO) de maneira sorpresiva cóanse nunha reunión que estaba prevista realizar con PARTER e comunican
que a xestión das plantas (Avilés e Coruña) pasaba ás súas mans ao adquirir eles o 74,9% das accións das empresas.
RISCO recoñeceu estar en negociacións con PARTER desde a primeira semana setembro 2019. Este feito demostra que PARTER en ningún momento estivo interesado en levar a cabo o plan industrial que utilizara para comprar as plantas. Tamén demostra que ALCOA habilitara e dera conformidade a un investidor sen a capacidade e solvencia esixida, o que debería de considerarse un engano e unha fraude a todos os integrantes da mesa ministerial, aos traballadores e as comarcas onde están emprazadas as plantas.
Os incumprimentos son moi graves, máximo @teniendo en cuenta que tanto a administración central como as autonómicas deberían de fiscalizar todo o proceso para esixir o seu estrito cumprimento. A RLT quere que se esclarezan todos os feitos e que se repoña no daño causado ás traballadoras e traballadores. Porque unha cousa está clara, e é que as negociacións que iniciou PARTER (as primeiras semanas de setembro de 2019), con RISCO ocasionou que non se desenvolvese o plan industrial acordado, roubándonos así un ano dos dous comprometidos para desenvolver un proxecto industrial cos investimentos necesarios que ían garantir a viabilidade das plantas e o mantemento do emprego.
A revenda das plantas de PARTER ao GRUPO RISCO como mínimo antóllase ilegal en base aos acordos anteriores. RISCO non ofrece ningunha garantía de solvencia para poder levar a
cabo o proxecto industrial apadriñado polo Ministerio de Industria e as CCAA no seu día.

Ademais pola súa traxectoria temémonos que podamos estar en mans dun liquidador sen escrúpulos, que a día de hoxe, xa está a incumprir as garantías laborais acordadas cos traballadores e é urxente tomar unha decisión.
Ante esta situación, dende EU presentamos o texto redactado polo Comité de Empresa de ALU IBÉRICA DA CORUÑA ante o pleno da Corporacióñn do concello de Cambre para que acorde:

PRIMEIRO.
Instar o Goberno Central e á Xunta de Galicia para que no ámbito das súas competencias e en estreita colaboración, interveñan a xestión da factoría co fin de auditarla; abrir una investigación para clarificar todo o sucedido coas diversas vendas; certificar o grao de incumprimento do acordo do 15 de xaneiro de 2019 e o acordo de venda do 31 de xullo de 2019. Tamén para fiscalizar todo o proceso de pagos que ALCOA ten que realizar estinados ao mantemento do emprego e realización dos investimentos, velando así mesmo, porque tales partidas económicas sexan aplicadas para o fin acordado e non outro.

SEGUNDO.
Instar ao Goberno Central para que aprobe canto antes o Estatuto das Empresas Electrointensivas nos termos que en que todos os sindicatos, asociacións patronais e CCAA realizaron nas alegacións ao mesmo durante a súa exposición pública.
Tamén, aprobar o máximo de orzamento permitido pola UE para as compensacións de CO2, en total 275 millóns de euros.
TERCEIRO.
Instar o Goberno Central e á Xunta de Galicia para que, mediante os requirimentos correspondentes obriguen ás empresas que incumprisen os acordos establecidos a compensar ás traballadoras e traballadores, tanto no tempo, como nos importes necesarios, para poder levar a cabo os plans industriais acordados.

Asdo: Olga Santos López
Voceira EU Cambre.
Voceira EU Cambre.
ROGOS E PTREGUNTAS:
PRIMEIRO
ROGO:
Catro organizacións sindicais
abandoaron o día 17 de xullo a Mesa Sectorial de Educación diante da negativa
da Consellaría a retirar un protocolo "unilateral" que por intereses
electoralistas foi ocultado durante semanas ao profesorado e resto da
comunidade educativa.
As peticións que chegan á Xunta son
únicas e coincidentes: retirar o protocolo para negociar un novo documento realista para garantir todos os aspectos que abarca
un inicio de curso marcado pola Covid19 e que implican unha adaptación
que vai máis alá das intencións da Consellaría que tan sequera contempla o
incremento de persoal docente e non docente para levar
a cabo a súa propia
proposta.
Son necesarios e imprescindibles
para afrontar o vindeiro curso mais profesorado, mais persoal non docente, un
maior distanciamento físico nas nosas aulas e, por tanto, unhas ratios mais
reducidas para podermos afrontar cun mínimo de garantía un curso cheo de incertezas.
É inadmisible que as ratios de alumnado, o desdobramento de
aulas, o servizo de comedores, o de atención temperá, desinfección de
materiais, etc, sexan elementos recollidos no protocolo “unilateral” que
carezan de total planificación delegando así as responsabilidades aos equipos directivos
e docentes dos centros.
En base ao anteriormente exposto,
PREGAMOS ao Concello de Cambre
que, no ámbito das competencias municipais que establece a Lei Reguladora de
Bases de Réxime Local, tales como a conservación, mantemento e vixilancia dos centros
públicos de educación primaria, infantil ou especial ou a vixilancia para o cumprimento
da escolaridade obrigatoria, leven a cabo as medidas necesarias dentro das súas
posibilidades, para que se garanta o cumprimento dos protocolos necesarios en
materia de protección da saúde no novo contexto provocado polo COVID19, de xeito
que se poida levar a cabo un correcto funcionamento das clases no inicio deste
novo curso académico, así como informar ao conxunto da Corporación Municipal, sobre
cales foron as actuacións levadas a cabo ata hoxe, neste sentido.
SEGUNDO ROGO:
Como consecuencia da publicación en prensa por parte de
EU de Cambre, dos desperfectos existentes no parque da praza da Ría (Popeye),
dende o Concello de Cambre, procederon a arranxar os desperfectos por nos
denunciados.
A cuestión é que os arranxos deixaron o parque nunha situación
moito peor que a orixinal, algo que a priori parecía difícil, pero os
responsables deste concello consiguen amosar en moitas ocasións.
Amosamos fotografías que describen en qué consistiron ditas
actuacións con toda a intención de que quen sexa a persoa responsable valore,
con toda sinceiridade si lle parece propio dun Goberno dun Concello do primeiro
mundo, poñer unha táboa de formica cutre, enriba dun buraco, sin tan siquera lixalo
pola parte inferior.
Na FOTOGRAFÍA 1, pódese observar cómo pola parte inferior
do barco infantil, destinado a xogo, segue a observarse o contorno do buraco tapado
con contrachapado. Ese contorno, a todas luces podre ten descolgadas astillas que,
a pouco que un neno ou nena salte enriba, desprenderanse cara o chan. É
recomendable, por tanto que nais e pais, acudan ao Popeye cunhas pinzas para a potencial
extracción de astillas dos dediños curiosos dos seus fillos e fillas.
Na FOTOGRAFÍA 2, poderán observar os responsables
políticos, así como a canteira de persoal de confianza, cómo esas dúas táboas colocadas
para tapar o buraco, desniveladas, por outra parte, provocan un borde de un
centímetro e medio, que doadamente poderá provocar que algún cativo ou cativa,
poida recibir a visita do rato Pérez antes de tempo. Como suxestión, cando programen
a visita os responsables, será de utilidade un nivel.
Nas FOTOGRAFÍAS 3 e 7, e coas dimensións corporais dun
adulto conseguimos, sin maior
inconvinte acceder á parte baixa das rampas, baixo as que, sorpresivamente
atopamos papel de aluminio sobrante de bocatas, medio tubo de plástico, dous envoltorios
de chocolatinas, kikos, cacahuetes e unha peza de lego, unha botella de plástico
de auga e un envoltorio de palomitas. É probable, que si unha persoa do meu
tamaño consigue acceder, unha Concelleira, ou o persoal de limpeza, así como o
persoal de confianza, tamén poidan facelo. Os nenos e nenas, acceden con facilidade.
Nas FOTOGRAFÍAS 4 e 5, pódese observar cómo o traballo
realizado no escalón da fotografía número 2, non foi extensivo ao escalón
seguinte, que sigue carcomido e roído, e polo que doadamente un cativo ou cativa
poida meter un pe ou mesmo buscar coa man si algún tesoro poidera estar aí oculto.
Nas FOTOGRAFÍAS 6 E 8 queda de manifesto que,
efectivamente o chan que se instalou no parque é de corcho, toda vez que está
desprendido en varios lugares propiciando que si chove poidan os cativos
estrear as katiuscas a lo Peppa Pig, e xa de paso, esbarar e que os seus amiguiños
do cole poidan asinarlle o yeso.
O tono traxicómico que uso neste rogo ven motivado polo
cachondeo co que o Goberno de Cambre trata á súa veciñanza, o pitorreo co que
desprezan as peticións da oposición, e as dúcias de veces que vimos a falarlle
do mantemento dos parques infantís, lugar de lecer das nosas crianzas e a
gravidade de actuacións coma esta descrita, pola que colocan unha táboa con mala gana para
calar a boca a quen reclama unhas instalacións limpas, seguras e de calidade
para unha veciñanza que non merece o desprezo deste Goberno.
PREGAMOS que
realicen o seu traballo, que xustifiquen os seus salarios, os dos seus asesores,
e traten ás veciñas e veciños do Concello cun mínimo de respecto e dignidade.
Si conseguimos esto, de seguro que levarán a cabo as accións oportunas para o mantemento do Parque obxecto do rogo e todos aqueles que ao longo do concello de Cambre están en condicións deplorables, suxos e cheos de desperfectos
TERCEIRO ROGO:
O traballo materializado en iniciativas, rogos, preguntas, escritos, peticións, ideas, proposicións e outras moitas xestións que constantemente realizamos os grupos políticos e partidos da oposición, ten que ser publicitado por cada un de nos a través de mecanismos de difusión tales como prensa, redes sociais, reunións, etc.

Exactamente o mesmo ocurre co
traballo realizado co equipo de goberno, as visitas a obras, as inauguracións, as
charlas polas parroquias, e calquera actuación pode ser publicitada a través
dos mesmos mecanismos, e, ademais, a través da páxina web do
Concello.
Queda clara, a manifesta
desigualdade no uso dos medios de información pertencentes ao Concello, que non
ao Goberno, cando, dende os grupos da oposición non temos un espazo para poder
dar difusión ao noso traballo.
Entendemos que é de xustiza, ademais que, de dereito
propio, que a páxina web do concello, dea
cabida aos concelleiros, independientemente dos pactos de goberno que leve a que uns gobernen e outros non.
PREGAMOS A habilitación, con carácter inmediato dun espazo na web do Concello aos grupos da oposición para poder dar soporte ao traballo por nos relizado.
PRIMEIRA
PREGUNTA:
Como consecuencia dos últimos
convenios urbanísticos publicados respecto da rehabilitación das Casas de
Bailly e a recalificación do solo lindeiro coa UE19, temos constancia da
existencia de outros convenios sen publicitar na páxina do Concello de Cambre.Aproveitamos a presentación desta
pregunta para suxerirlles que, en aras á tan codiciada transparencia, accedan a
publicitar tódolos convenios que sexan pertinentes por atoparse implicados en planes
urbanísticos en tramitación. De publicarse un, entendemos
que se poderán publicar todos.Recentemente vimos de observar cómo
a Dirección Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo fixo unha informe
absolutamente demoledor considerando a desproporcionada densidade edificada no
Temple e a escasez de dotacións.
Non é necesario que a Xunta nos
diga o que vemos cada día no Temple: atascos,
imposibilidade de aparcar, deshumanización, formigón
e concreto a esgalla, e unhas obras recentes que, lonxe de
desconxestionar, caracterízanse pola crítica común de moitos veciños e veciñas que denuncian a
cotío a imposibilidade de deixar un coche aparcado e a sustitución de espazo
humano por formigón.