domingo, 25 de julio de 2021

25 de xullo. Esquerda Unida defende a reivindicación dos dereitos da clase traballadora como base para a emancipación social 25 Xullo, 2021 Destacados, Nacional Este 25 de Xullo vén marcado un ano máis polas duras consecuencias da Pandemia. Duras no marco sanitario onde individual e colectivamente continúa a sufrirse o impacto directo da enfermidade cun sistema sanitario adelgadazo durante doce anos a golpe de eliminación de persoal. Duras a nivel económico onde a ausencia de política industrial e de emprego ten como desenlace a imposibilidade de afrontar as consecuencias dunha crise coma esta, continuando a sangría industrial no noso país. Duras a nivel social, porque a pobreza continúa a incrementarse en Galicia, sen resposta institucional para dar saída ás necesidades de vivenda, enerxía e emprego da poboación. O día de Galicia é o día de reivindicar un modelo de país baseado na xustiza social, no que a clase traballadora non pague as consecuencias directas das crises capitalistas. O futuro país que queremos sostén os seus alicerces sociais na igualdade de dereitos de galegas e galegos no acceso a unha educación, sanidade e política de coidados de calidade e pública. O futuro país que debuxamos basea a construción dos servizos públicos nunha política impositiva redistributiva e xusta, que abandone as vacións fiscais para os máis ricos. A Galicia que Esquerda Unida defende, basea a súa soberanía na posibilidade de ter unha vivenda digna, un prato de comida na mesa e un emprego de calidade e con dereitos. Este 25 de Xullo máis que nunca Esquerda Unida defende a reivindicación dos dereitos da clase traballadora como base para a emancipación social. Para construírmos país. Para termos un futuro para vivir.

No hay comentarios: