PRIMEIRO
ROGO
Lugares como Portofaro, Once Caballeros, Rúa Muíños ou a contorna da Pza Manuel Murguía, no Temple, son auténticos mares en canto as tormentas ameazan con descargar.
A pasividade deste Goberno é un feito certo e demostrado, sobre todo no tocante a calquera asunto que non teña relación directa co uso rendable ou partidista da actuación pública de que se trate.
Temos tantos exemplos como tan poucas ganas de investir o noso tempo en convencer a quen non quere escoitar a tódolos veciños por igual. É por este motivo que dende EU Cambre, reclamando que este Goberno, dunha vez por todas, comece a atender as necesidades reales de veciñas e veciños do Concello e comece a cumplir co cometido que lles compete, gobernando para todos e todas por igual e facéndose cargo da magnitude do problema que están sufrindo moitas e moitos veciños:
PREGAMOS:
REALIZACIÓN INMEDIATA, URXENTE E IMPOSTERGABLE DUN ESTUDO DAS ESCORRENTÍAS, DA REDE PLUVIAIS ASÍ COMO DAS OBRAS PÚBLICAS QUE POIDAN TER AFECTACIÓN NO ANEGAMENTO DE EDIFICIOS PRIVADOS ACOMPAÑANDO A ACTIVACIÓN DUN PROTOCOLO DE DESATASCO E LIMPEZA URXENTE ANTE CALQUERA FUTURA PREVISIÓN DE TORMENTAS COMPLEMENTARIO DO PLAN DE LIMPEZA E MANTEMENTO DOS SUMIDOIROS EXISTENTES.
SEGUNDO ROGO
Testimonial
e abxecta ven sendo a actuación do Alcalde de Cambre ante a entidade Abanca como
consecuencia da eliminación dun caixeiro que prestaba servizo a moitos
servizos. A primeira comunicación, da que quedou constancia en prensa o rexedor
decía, entre outras cousas: "Ante esta situación, les
ruego que reconsideren esta situación y valoren la posibilidad de volver a
instalar un cajero en la urbanización para poder garantizar este servicio básico
para los vecinos y vecinas."
Esta misiva non da lugar a interpretacións nin a conxeturas, obxectivamente Cambre o goberna un Alcalde que ROGA a Abanca. Temos dito en mais ocasións que só hai que deixalo falar, e de cando en vez, escribir, para poder ser testemuñas da descompensación entre v. A Abanca rogando e co mazo dando (as veciños e veciñas)
O Alcalde roga a Abanca nunha carta
de amor e EU PREGAMOS ao Alcalde neste texto:
O cruceiro de
Pravio, é un elemento patrimonial que nos últimos
tiempos crea unha certa controversia polo seu emprazamento. Ante a intensa
circulación na estrada AC-214, o mencionado elemento está exposto a
sufrir danos por impacto de vehículos
e producir accidentes graves o dificultar a circulación.
PRIMEIRA
PREGUNTA
Na anterior
lexislatura, xa temos denunciado que no lugar de Amil, un poste da acometida
electrica supón un perigro para a circulación pola situación irregular na vía publica.
SEGUNDA
PREGUNTA
O derrumbe dun muro de contención en Pravio mantivo o camiño
pechado varios días
a circulación.
TERCEIRA
PREGUNTA
Atendendo
ap prego de prescripcións técnicas particulares que rexerán na contratación
dos traballos de limpeza, desbroce e desherbado no Concello de Cambre
observamos que no seu artigo 9 recóllese:
Artículo 9º:
Remisión de partes de trabajo
Semanalmente, y
previo a su ejecución, el contratista comunicará a la Sección de Servicios Municipal
el plan de tratamientos programado, detallando los tramos que han de
acometerse, su longitud y superficie, estado de la vegetación.
Una vez realizados
los trabajos de cada semana, se presentará un parte de trabajo en el que se refleje lo realmente ejecutado, vía e-mail o a través de la aplicación web instalada, a los servicios técnicos municipales los partes necesarios donde se
reflejen:
- distribución de medios: humanos, materiales y mecánicos, desglosados por parroquias, turnos, categorías, tipos de trabajo, etc. rendimientos obtenidos.
- Incidentes ocurridos durante las jornadas.
Atendendo
á redacción do artigo as obrigas nel recollidas pasarían por ter a
disposición de quen tiveramos interés en comprobar o cumprimento dos pregos de
prescripción técnicas e neste sentido preguntamos:
Recibimos
semanalmente e previamente á súa execución na Sección de Servizos do noso
Concello o plan de tratamentos programado nos desbroces, detallando os tramos a
acometerse, lonxitude e superficie e estado da vexetación así como o parte de
traballo posterior que reflexe o executado con indicación da distribución de
medios e incidentes tal e como estipula o artigo 9?
Asdo: Olga Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario