O Camiño da Patiña a Socampo
(Camiño Real) atópase nun estado de abandono e falta de limpeza e mantemento
que provoca que nalgún dos seus tramos prácticamente sexa inexistente. Ocurre
neste camiño o mesmo que noutros do noso Concello e que xa temos denunciado
neste salón de plenos: a falta de tratamento, mantemento, limpeza, conservación,
sinalización e mesmo localización provocan que o seu uso sexa cada vez menor e que,
como pode ser neste caso, corran o risco de desaparecer.
PREGAMOS:
Sexa retomado o acordo plenario aprobado por unanimidade desta Corporación para
a elaboración dunha ordenanza municipal de camiños públicos que permita regular
o seu uso e aproveitamento, garantindo a súa sinalización, conservación e
protección destes bens patrimoniais do noso Concello.
No relativo ao camiño descrito
no Rogo, cabe deducir que as autoridades competentes do Concello de Cambre
procederán a limpar e recuperar con urxencia o estado deste Camiño Real, tal e
como xa debería de estar.
O paso de peóns sito entre a
Casa da Cultura e a cafetería Ten Xeito é foco de múltiples queixas por parte
de veciñas e veciños e usuarios.
As queixas, por regla xeral
obedecen as seguintes cuestións:
PEÓNS: Ante os atoamentos de tráfico en hora punta acontece que, en moitas ocasións, os peóns que se dispoñen a cruzar por dito paso non se ven correctamente polos vehículos.
Como suxestión, tendo en conta que esta petición tería solución coa execución da obra de urbanización que corresponde á Casa da Cultura e que a día de hoxe segue cos mesmos visos de levarse a cabo que cando foi construída (ningunha) poderíamos propoñer como suxerencias actuacións destinadas á elevación do paso, o seu ensanchamento ou a súa remodelación con pintado de liñas con suficiente antelación como para que os coches non invadan o propio paso.
TERCEIRO ROGO:
Na Estrada da Deputación DP.- 1706, fronte a gasoliñeira, na marxe esquerda da estrada entrando en Cambre, sobrepasan as ramas das árbores o muro ao carón da beirarrúa.
Tomen as medidas oportunas para a limpeza, recorte ou retirada da ramaxe que invade a propia beirarrúa.
PRIMEIRA PREGUNTA:
A partir da irrupción da
Pandemia do Covid 19 nas nosas vidas a opción de Teletraballo veu instaurándose
tanto no sector privado como nas propias administracións públicas.
A
regulación do teletraballo é relativamente recente polo que
vista a evolución prevista da pandemia, a actual forma de prestación laboral a
través da opción de teletraballo de varios traballadoras e traballadoras do
Concello e o noso coñecemento de solicitudes de teletraballo pendentes de
respostar, dende EU
PREGUNTAMOS: Cantas solicitudes de teletraballo de persoal laboral ou funcionario teñen a día de hoxe sen respostar ou tramitar con explicitación dos motivos de ausencia de resposta de cada unha delas?
SEGUNDA PREGUNTA:
Unha das queixas mais recurrentes que
recibimos é a da existencia de deposicións caninas en parques
infantís así como nos parques biosaudables.
Xa
hai meses do inicio dunha campaña censal de mascotas que tiña,
como unha das súas medidas, levar unha bolsa para a recollida dos excrementos e
unha botella para a limpeza das miccións. Outra medida a aplicar a partir da
modificación de
ordenanza reguladora de limpeza viaria e ornato público
é a imposición de sancións de ate 750 euros a quen non recollera de inmediato
as dexeccións da súa mascota.
A
cuestión é que pasado mais de medio ano daquela campaña,
seguimos recibindo queixas da cantidade de excrementos que prácticamente a
diario poden atoparse en parques, como pode ser por exemplo o biosaudable do
Temple, ao caron do paseo o mesmo no Ramon Barba.
Consideramos
dende a nosa formación que a valoración da eficiencia e eficacia dunha
campaña non pasará tanto pola que faga quen a deseñou e implementou senón polos
propios resultados da mesma. É dicir, se seguimos vendo que as queixas non
diminúen, as miccións e dexeccións son frecuentes, ademais de traelo novamente
a pleno, podemos suxerir unha deficiencia que detectamos: A falta de sinalización
o suficientemente visible e disuasoria con indicación da posible sanción en
todos aqueles lugares que soen ser de paseo para mascotas tales como parques,
zoas axardinadas e lugares verdes de lecer.
PREGUNTAMOS:
Pode o goberno local tomar en consideración a posibilidade de implementar algún
tipo de sinalética disuasoria, tal e como están a facer outros Concellos con
indicación expresa das sancións e mención a ordenanza que as recolle?
TERCEIRA PREGUNTA:
O 9 de Novembro de 2021, reunida
a XGL, acórdase no seu cuarto punto a Recepción do Pavillón polideportivo no
lugar da Rocha, Anceis e inscribilo no Catastro Inmobiliario e no Rexistro da
Propiedade.
A concelleira que expón e
suscribe esta pregunta leva indicando en numerosas ocasións anteriormente, e así
queda manifestado polo Xulgado nº 7 da Coruña, que, incluso a día de hoxe o
PEID segue sen executarse como consecuencia dos incumprimentos de lexislación
urbanística na construcción do pavillón.
Atendendo ao contido no
expresado na XGL referenciada, a legalización únicamente se ve limitada á parcela
catastral 15017A09000030000MU e non a todo o ámbito do PEID.
O proxecto de legalización do
pavillón e a inscripción no Catastro e no Rexistro da propiedade únicamente da
Parcela catastral referenciada (e non de todo o ámbito),
axústanse á legalidade vixente aínda que o
PEID siga sen executarse?
Novembro de 2021
Olga Santos López. Concelleira