OLGA SANTOS LÓPEZ
Dende Eu Cambre traballamos na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños do Concello de Cambre
1.- LIMPEZA DO CAMIÑO REAL DA PATIÑA A SOCAMPO.
ACEPTADO
Quedamos pendentes da execución da limpeza e conservación do camiño.
2.- PASO DE PEÓNS ENTRE O TEN XEITO E A CASA DA CULTURA DE CAMBRE
ACEPTADO
Compromiso do Goberno de instar á Deputación a tomar medidas para acabar coa perigosidade dese paso de peóns.
3.- LIMPEZA DAS RAMAS QUE INVADEN A BEIRARRÚA DA ESTRADA CAMBRE-O TEMPLE.
ACEPTADO
O Concelleiro de Urbanismo agradece esta iniciativa e comprométese a instar á propiedade a que recorte as ramas.
4.- COLOCACION CARTELERÍA VISIBLE COA OBRIGA DE RECOLLER OS EXCREMENTOS E LIMPAR AS MICCIÓNS DOS CANS CON INDICACIÓN DOS ATE 750€ DE SANCIÓN.
ACEPTADO
Agradecemento da Concelleira por esta iniciativa, recoñecendo que os carteis que hai non son moi adecuados e pouco visibles. Instalarán non só en parques senón en lugares de frecuente paseo de cans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario