viernes, 31 de diciembre de 2021

 






 INICIATIVAS DE "ESQUERDA UNIDA AO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO

 

PRIMEIRO ROGO

 

            Cando un goberno utiliza recursos públicos para beneficio privado esta acción supón utilizar fraudulentamente recursos de tódalas veciñas e veciños sin necesidade de ter que tocalos. As maniobras que consiguen manipular e utilizar os medios de comunicación institucionais para sacar un rédito político partidista deberían estar contempladas como causas punibles incluso nos niveis mais pequenos que poidesen darse.

 

            Dentro dos códigos de boas prácticas, extendidos por moitos concellos de todo o territorio nacional, queda claro que si un Alcalde anuncia calquera acción baixo o lema do partido e non do Concello, está actuando como candidato e non como Alcalde. Si esto faise co capital propio do partido ou do propio Alcalde non ten nada que alegarse, si esto faino usando os mesmos medios que sufragan as arcas públicas, é calificada como MALA PRAXE, tanto así que si eso se produce en periódo de campaña electoral é susceptible de sanción.

 

            Actualmente moitas publicacións en RRSS teñen finalidad electoralista, supoñen a utilización dunha obra ou mellora, proxecto ou iniciativa formalizada e executada polo Concello de Cambre que encubre unha campaña encuberta na que o mérito desa actuación adxudícaselle ao partido do Alcalde, con silencio displicente do outro partido no goberno o PSOE, que lonxe de denuncialo parece conformarse coa súa presenza na coalición, e asumir este tipo de prácticas, a todas luces contrarias do que podería ser algún dos códigos éticos que históricamente teñen asinado.

 

            Somos coñecedores de que dende o Bipartito UXC+PSOE  levan dous anos e queda outro mais anunciando todas as actuacións que van realizar xusto ao final da lexislatura tendo ao Concello paralizado e abandoado en tanto chegan as eleccións, pero de aí a utilizar os fondos públicos para que todas as veciñas e veciños lles paguen a campaña anticipada, hai unha grande diferencia. Frear o crecemento do Concello ate que se aproximen as eleccións é propio de gobernos sen capacidade para enfrontarse limpamente a unas eleccións, pero usar fondos públicos para que a publicidade institucional convírtase en publicidade de UXC é propio de quen non ten medo a asumir a posible multa, a cambio do beneficio que presumiblemente lle aporte o uso obsceno de fondos públicos para dar pulo á imaxe do propio Alcalde ou algún dos "seus" concelleiros.

 

PREGAMOS: Sexa iniciado un expediente de instauración dun Código de Boas Prácticas na publicidade institucional do Concello de Cambre, que teña como obxecto a erradicación de calquera tipo de adxudicación discrecional e opaca de fondos públicos en materia de publicidade institucional, que regule as diferencias inobservadas actualmente no Concello de Cambre entre publicidade institucional e propaganda electoral, garantir a pluralidade na contratación de espazos publicitarios, limitar o uso da publicidade con fines partidistas, tal e como actualmente sucede, facer mais aberta e accesible a información municipal e establecer criterios mais transparentes para a publicidade institucional.

 SEGUNDO ROGO:

 Vimos de recibir un incremento de queixas relativas aos problemas de ruídos, afluencia nalgúns locais de hostalaría nocturna da Costa da Tapia. Ditas queixas, maioritariamente relatan a concentración de clientela diante dos locais, con impedimento de acceso aos portais, persoas sen mascarilla e ruído na propia rúa. Somos coñecedores de que dende a propia policía local e mesmo tamén unha patrulla da Garda Civil, nalgunha noite destas datas de Nadal tiveron que acudir ante o chamado de algúns veciños e veciñas. Tamén somos coñecedores de que dende o Goberno Local existe constancia destas situacións.

 

PREGAMOS

 

               Sexa incrementada a presenza policial durante as fines de semana e as datas festivas na que a concentración de persoas nas portas ou terrazas de ditos locais, provoca incomodiade, ruídos e inseguridade á veciñanza e o control do uso das medidas de distancia e protección de obrigado cumprimento consecuencia da normativa Covid.

 

 

TERCEIRO ROGO

 

            A carencia de vivenda social, ben sexa para a súa compra como no relativo aos alugueres sociais, é unha das maiores preocupacións da nosa formación dende hai xa moitos anos, algo que levamos trasladado ao Goberno Municipal a través de múltiples canais de comunicación.

 

            A día de hoxe, a vivenda social comprometida polo actual Goberno, non existe en Cambre. Que non exista solución habitacional para as familias que o requiran ou para aquelas que son solicitantes da mesma, non fai que a súa necesidade desapareza.

           

            Tanto é así, que no rexistro de demandantes de vivenda protexida Cambre ocupa o 4º lugar dos Concellos da Coruña de tamaño medio só superados por Narón, Oleiros e Culleredo. No noso Concello actualmente temos 124 familias que seguen inscritas no rexistro de demandantes de emprego.

 

PREGAMOS: Sexa convocada unha Comisión Especial Municipal sobre a dotación de vivenda protexida en Cambre ao obxecto de clarificar en qué situación se atopa actualmente o Concello de Cambre, relativa á reserva de vivenda de protección nas novas construccións así como o estado de execución e previsión da vivenda social e solucións habitacionais comprometidas.

 

 

 

PRIMEIRA PREGUNTA

 

            Cantas e cales son as propostas finalistas de todas as edicións anteriores do programa Decidámolo Xuntos que a día de hoxe están pendentes de execución, con especificación do ano ao que pertencen e data de previsión da sua execución?

 

            Sirvan como exemplos ilustrativos a esta pregunta a proposta gañadora do ano pasado denominada "eliminación da piscina no Temple e creación dun teatro para actuacións" ou tamén a proposta denominada "Dotar ao Temple dun espazo de lecer de maiores dimensións con espazo para a celebración de eventos e festas"

 

 

SEGUNDA PREGUNTA

 

 

               ¿Cantas e cales son as propostas finalistas do programa decidámolo xuntos 2021, a incluír nos orzamentos do 2022, que coinciden con propostas xa finalistas en períodos anteriores e comprometidas para os orzamentos de exercicios anteriores?

 

            Sirva como exemplo os aparcamentos de bicicletas proposta finalista en programas anteriores e sirva como engádega a resposta replicada a varios propoñentes, enviada dende o propio mail de alcaldía e que transcribo na súa literalidade...

 

"En canto á súa proposta debo comentarlle que se incluíu no bloque de propostas En desenvolvemento ou a curto prazo ou/ou previsto nos orzamentospolo que a súa demanda verase executada no XXXXXX." (2018,2019, 2020...)

 

 

 

TERCEIRA PREGUNTA

 

 

               ¿Cal é razón técnica ou política pola que o Concello renuncia a edificabilidade da parcela de equipamento na modificación puntual da N-VI en lugar de modificar a súa ubicación?

 

 

Asdo: Olga Santos

EU Cambre- Son en Común

 

 Dende Eu Cambre somos partidarios de explicar o sentido dos nosos votos.

Ese GRAN TRABALLO que levan a cabo dende o Goberno de Unión X Cambre e PSOE Cambre e que subiron de importe a 💲💲💲2️⃣9️⃣0️⃣ EUROS 💲💲💲corresponde a reunións que duran 15 minutos...
Exemplo: As tres últimas 👇👇👇👇👇👇
Moito traballo para as arcas públicas do Concello de Cambre.