INICIATIVAS DE "ESQUERDA UNIDA AO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO
PRIMEIRO
ROGO
Cando
un goberno utiliza recursos públicos para beneficio privado esta acción supón
utilizar fraudulentamente recursos de tódalas veciñas e veciños sin necesidade
de ter que tocalos. As maniobras que consiguen manipular e utilizar os medios
de comunicación institucionais para sacar un rédito político partidista deberían
estar contempladas como causas punibles incluso nos niveis mais pequenos que
poidesen darse.
Dentro
dos códigos de boas prácticas, extendidos por moitos
concellos de todo o territorio nacional, queda claro que si un Alcalde anuncia
calquera acción baixo o lema do partido e non do Concello, está actuando como
candidato e non como Alcalde. Si esto faise co capital propio do partido ou do
propio Alcalde non ten nada que alegarse, si esto faino usando os mesmos medios
que sufragan as arcas públicas, é calificada como MALA PRAXE, tanto así que si
eso se produce en periódo de campaña electoral é susceptible de sanción.
Actualmente
moitas publicacións en RRSS teñen finalidad electoralista, supoñen a
utilización dunha obra ou mellora, proxecto ou iniciativa formalizada e
executada polo Concello de Cambre que encubre unha campaña encuberta na que o mérito
desa actuación adxudícaselle ao partido do Alcalde, con silencio displicente do
outro partido no goberno o PSOE, que lonxe de denuncialo parece conformarse coa
súa presenza na coalición, e asumir este tipo de prácticas, a todas luces
contrarias do que podería ser algún dos códigos éticos que históricamente teñen
asinado.
Somos
coñecedores de que dende o Bipartito UXC+PSOE levan dous anos e queda outro mais anunciando
todas as actuacións que van realizar xusto ao final da lexislatura tendo ao
Concello paralizado e abandoado en tanto chegan as eleccións, pero de aí a
utilizar os fondos públicos para que todas as veciñas e veciños lles paguen a
campaña anticipada, hai unha grande diferencia. Frear o crecemento do Concello
ate que se aproximen as eleccións é propio de gobernos sen capacidade para
enfrontarse limpamente a unas eleccións, pero usar fondos públicos para que a
publicidade institucional convírtase en publicidade de UXC é propio de quen non
ten medo a asumir a posible multa, a cambio do beneficio que presumiblemente
lle aporte o uso obsceno de fondos públicos para dar pulo á imaxe do propio
Alcalde ou algún dos "seus" concelleiros.
PREGAMOS: Sexa iniciado
un expediente de instauración dun Código de Boas Prácticas na publicidade
institucional do Concello de Cambre, que teña como obxecto a erradicación de calquera
tipo de adxudicación discrecional e opaca de fondos públicos en materia de
publicidade institucional, que regule as diferencias inobservadas actualmente
no Concello de Cambre entre publicidade institucional e propaganda electoral,
garantir a pluralidade na contratación de espazos publicitarios, limitar o uso
da publicidade con fines partidistas, tal e como actualmente sucede, facer mais
aberta e accesible a información municipal e establecer criterios mais
transparentes para a publicidade institucional.
PREGAMOS
Sexa incrementada a presenza
policial durante as fines de semana e as datas festivas na que a concentración de persoas nas portas ou terrazas de ditos locais, provoca
incomodiade, ruídos e inseguridade á veciñanza e o control do uso das medidas
de distancia e protección de obrigado cumprimento consecuencia da normativa
Covid.
TERCEIRO
ROGO
A
carencia de vivenda social, ben sexa para a súa compra
como no relativo aos alugueres sociais, é unha das maiores preocupacións da
nosa formación dende hai xa moitos anos, algo que levamos trasladado ao Goberno
Municipal a través de múltiples canais de comunicación.
A
día de hoxe, a vivenda social comprometida polo actual Goberno, non
existe en Cambre. Que non exista solución habitacional para as familias que o
requiran ou para aquelas que son solicitantes da mesma, non fai que a súa necesidade
desapareza.
Tanto
é así, que no rexistro de demandantes de vivenda protexida Cambre
ocupa o 4º lugar dos Concellos da Coruña de tamaño medio só superados por Narón,
Oleiros e Culleredo. No noso Concello actualmente temos 124 familias que seguen
inscritas no rexistro de demandantes de emprego.
PREGAMOS: Sexa
convocada unha Comisión Especial Municipal sobre a dotación de vivenda
protexida en Cambre ao obxecto de clarificar en qué situación se atopa
actualmente o Concello de Cambre, relativa á reserva de vivenda de protección
nas novas construccións así como o estado de execución e previsión da vivenda
social e solucións habitacionais comprometidas.
PRIMEIRA
PREGUNTA
Cantas e cales
son as propostas finalistas de todas as edicións anteriores do programa Decidámolo
Xuntos que a día de hoxe están pendentes de execución, con especificación do
ano ao que pertencen e data de previsión da sua execución?
Sirvan
como exemplos ilustrativos a esta pregunta a proposta gañadora
do ano pasado denominada "eliminación da piscina no Temple e creación dun
teatro para actuacións" ou tamén a proposta denominada "Dotar ao
Temple dun espazo de lecer de maiores dimensións con espazo para a
celebración de eventos e festas"
SEGUNDA
PREGUNTA
¿Cantas
e cales son as propostas finalistas do programa decidámolo xuntos 2021, a incluír
nos orzamentos do 2022, que coinciden con propostas xa finalistas en períodos
anteriores e comprometidas para os orzamentos de exercicios anteriores?
Sirva
como exemplo os aparcamentos de bicicletas proposta finalista en programas
anteriores e sirva como engádega a resposta replicada a varios propoñentes,
enviada dende o propio mail de alcaldía e que transcribo na súa literalidade...
"En canto á súa proposta debo comentarlle que se incluíu no bloque de propostas “En desenvolvemento ou a curto prazo ou/ou previsto nos
orzamentos”
polo que a súa demanda verase executada no XXXXXX." (2018,2019, 2020...)
TERCEIRA PREGUNTA
¿Cal
é razón técnica ou política pola que o Concello renuncia a
edificabilidade da parcela de equipamento na modificación
puntual da N-VI en lugar de modificar a súa ubicación?
Asdo: Olga Santos
EU Cambre- Son en Común
No hay comentarios:
Publicar un comentario