Eu Cambre DENUNCIA ANTE A #AEPD (AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS) AO CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN DO Concello de Cambre COMO MÁXIMO RESPONSABLE DUN USO APROPIADO DE INFORMES MÉDICOS.
O Concello segue ofertando un servizo GRATUÍTO, cando xa non o é, con coñecemento e complicidade do Concelleiro de Educación, Miguel Ángel Gutiérrez.
As declaracións do Concelleiro en prensa, afirmando que "a adxudicataria pásalle datos das familias interesadas" agravan a xa de por sí inapropiada actuación.
En comprobación feita por EU, a empresa ilícitamente publicitada na páxina web do Concello, informa que actualmente non se está a prestar o servizo, pero que si se lle manda o informe pediátrico por whatssap a un número de teléfono móbil particular (non do Concello) o neno ou nena será incluído na lista de agarda para unha posterior prestación do servizo, sen informar sobre o tratamento e almacenamento deses Datos.
Son necesarias accións inmediatas no Concello de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario