jueves, 31 de marzo de 2022

 



INICIATIVAS DE "ESQUERD UNIDA" AO PLENO ORDINARIO 


ROGOS E PREGUNTAS MARZO 2022



PRIMEIRO ROGO


A crecente tendencia de instalación de placas fotovoltaicas tanto en obra nova como en vivendas xa construídas é unha reacción natural á necesaria mitigación do cambio climático, a diminución das emisións e o avance na independencia enerxética que alcanza non só ás empresas e industrias senón cada vez mais aos fogares e familias.

Incentivar dende tódolos ámbitos estas actuacións responsables co medio ambiente pode pasar por moi diversas medidas.

Nesta ocasión, dende EU Cambre, consideramos que o ámbito local pode fomentar esta iniciativa tanto no relativo a obras novas como en vivendas xa construídas, actuando en dúas direccións.

No caso de vivenda xa construída, e ante a solicitude de instalación de placas  fotovoltaicas, a tendencia de moitos dos Concellos sensibles con estas actuacións pasan, en primeiro lugar pola 

aprobación de bonificacións no IBI, como pode ser o Concello da Coruña no que durante un periodo de 3 anos bonifícase ate un 50% da cota íntegra do imposto, chegando aos 5 anos, no caso, por exemplo de Compostela ou Lugo.

No caso de vivenda nova, ademáis existe a posibilidade, no eido local, de fomentar a instalación de placas fotovoltaica, bonificando nas propias taxas da licencia de obra ate poder chegar á súa exención naqueles casos de autoabastecemento.


PREGAMOS:


Que o Goberno Municipal, contando coa colaboración dos diferentes grupos desta corporación e cos servizos técnicos do Concello comece cunha revisión das ordenanzas fiscais propicias para bonificar a través de bonificacións ou exencións aos particulares que en Cambre instalen en obra nova ou edificación existente placas fotovoltaicas.


SEGUNDO ROGO


Dous meses despois de anunciar o compromiso de diferentes administracións na construccion dunha rotonda provisional na saída da autoestrada no Temple co obxecto de aliviar os problemas de tráfico 

polas obras de Sol y Mar, segue sen executarse, nin de xeito provisional, nin de ningún outro.

Deixen de dilatar no tempo, como ven sendo habitual, a toma de medidas coa premura adecuada ás necesidades da veciñanza e que, con mais habitualidade da que sería desexable, soe non coincidir coas súas propias promesas autoproclamadas en radios, xornais e incluso panfletos autopropagandísticos financiados cos cartos públicos que deberían investir, por poñer o exemplo propio deste rogo, en priorizar as necesidades dos veciños e veciñas mais que en soflamas e cantos de sireas que, co simple paso do tempo, déixanos en evidencia.


O Temple é un barrio colapsado, no que as horas puntas cada vez son mais horas do día e ao que un sabe cando entra, pero nunca cando sae.


PREGAMOS:


Cumplan os seus propios compromisos e que según manifestación do propio rexedor, "Desde el inicio de las obras del Sol y Mar, la zona de O Temple, y especialmente la Costa da Tapia, están sufriendo 

importantes retenciones de tráfico. Como posible solución, el regidor planteó realizar un ensayo habilitando una glorieta provisional en la salida de la autopista. Esta infraestructura permitiría probar la efectividad de esta infraestructura. Se trata, además, de una solución provisional por la que también abogan desde el Concello de Culleredo, donde también están sufriendo numerosos atascos debido a los trabajos del Sol y Mar. " Destas declaracións pasaron 60 días e 120 atascos.


PRIMEIRA PREGUNTA


Tras prácticamente un mes dende a reunión mantida, grazas á presión dos grupos da oposición desta corporación, cos veciños afectados polos ruídos do Pub autorizado por este goberno en plena Costa da Tapia,  o Goberno novamente non cumple o compromiso adquirido     de respostar en poucos días aos escritos presentados por dita comunidade ao longo dos dous últimos anos.


¿Cales foron todas e cada unha das medidas adoptadas dende o mesmo día da reunión e ate o día de hoxe con especificación da previsión de resposta aos veciños?


SEGUNDA  PREGUNTA

Pasou un mes dende que por parte de EU solicitaramos ao Goberno Municipal que tramitase coa maior premura posible tarxetas de aparcamento para as traballadoras do SAF, tendo en conta que non se lles computa como tempo traballado o que tardan en aparcar en zoas tan complexas como pode ser Cambre, a Barcala ou lugar mais temido para aparcar por calquera, O Temple. Hai un mes, debido á nosa petición, neste salón de plenos adquiriu o Alcalde o compromiso de que por parte do Goberno non houbese impedimentos para que foran expedidas   o antes posible. Somos coñecedores de que dende a empresa que, a día de hoxe, segue prestando o servizo en precario, recolléronse os datos das traballadoras, pero do que non se nos informou, nin a EU nin ás traballadoras é sobre si houbo algún problema, inconvinte ou impedimento, para que, un mes despois nin elas nin non saibamos nada doutro compromiso non cumplido nin explicado por parte deste   Goberno.


¿Cal ou cales son os motivos e a previsión de entrega das tarxetas de aparcamento para as traballadoras do SAF?


TERCEIRA PREGUNTA


Tras moitas peticións por parte de EU de mellorar a contorna da rúa dos Muíños e incluso pedindo unha actuación integral non escoitada polo Goberno Municipal, veñen de coloar un par   de puntos de iluminación e facer un testimonial repintado que pasa prácticamente desapercibido, non sin vender, eso sí, como mérito propio a azaña de eliminar a ocupación de dous pisos cando   o que realmente acabou coa ocupación dos mesmos foi a comunicación do xulgado que comunicaba o desaloxo con retirada de pertenencias. Para contar esta proeza, ocuparon páxina completa no panfleto pagado con cartos públicos omitindo a realidade de dita actuación.


Na rúa Muíños, que tanto proclamaron que lles importaba, os colectores seguen  no mesmo estado de abandono, sobre unha beirarrúa rota que forma as mesmas fochancas, en  canto chove volve a anegarse 

a estrada, as dúas farolas non arranxaron os problemas de iluminación, seguen existindo sinais rotas, e ante todo e sobre todo, falta de aparcamento e un parque abandoado e sin elementos.

Neste caso tamén, sacaron unhas cantas fotos, pasearon unhas cantas radios, publicaron no panfleto do alcalde unhas cantas medias verdades pero a realidade é que a día de hoxe a situación é exactamente a mesma que hai tres meses, e incluso tres anos.

Sí sabemos que enviaron unha proposta a Oleiros, que según este Concello veciño non recibira, na que Cambre solicitaba autorización para construir un aparcamento público nunha parcela privada, algo que non alcanzamos a comprender.

¿Poden facernos o relato cronolóxico e con indicación de qué accións, comunicacións de saída, de 

entrada, co Concello de Oleiros, co dono da parcela, ou con calquera outro actor, e a través de qué 

medio (telefónico, escrito, mail, burofax...) levan feito dende Decembro do ano pasado, momento no 

que o Concello de Cambre anunciou que comunicaran a proposta  a  Oleiros, e ate o día de hoxe, así 

como facernos entrega de ditas comunicacións aos grupos da oposición para a súa análise e 

fiscalización?


OLGA SANTOS LÓPEZ


 






Izquierda Unida ha puesto en marcha y lanzado a través de las redes sociales hace apenas unas horas una ambiciosa campaña para explicar los principales avances que incluye la reforma laboral aprobada hace unas semanas.

Está diseñada en un tono ameno y directo, además de con un lenguaje distendido, para contribuir así a que su contenido tenga el máximo alcance posible. Todo ello se aprecia ya en su eslogan ‘Llegó la hora de cobrar!!’ y en los textos que lo complementan como ‘Los avances de la reforma laboral que tu jefe no quiere que sepas’.

Toda la campaña ha sido diseñada internamente por los equipos humanos y técnicos propios con que cuenta esta organización, y estructurada a partir de videos e ilustraciones sencillas, además de textos cortos muy entendibles y fáciles de reproducir.

La portavoz federal de Izquierda Unida, Sira Rego, hizo alusión en su rueda de prensa de esta mañana a esta iniciativa política y explicó que “se basa fundamentalmente en material audiovisual que incide en los aspectos más importantes de la reforma laboral, como la recuperación de la negociación colectiva, la lucha contra la temporalidad y las medidas para evitar el fraude en la contratación”.

Rego adelantó, además, que “IU hará un despliegue en todos los territorios para promover actos que expliquen y desarrollen estos avances”, con el objetivo fundamental de que “nos hagan conscientes de que esta reforma es una herramienta importante para defender a partir de ahora nuestros derechos como trabajadores y trabajadoras”.

“Además de actos -explicó-, promoveremos movilizaciones específicas de aquí al 1º de Mayo. Estamos en un contexto importante para hacer pedagogía y que se entienda cuáles son los principales avances”.

 



O Urbanismo especulador e interesado dos últimos anos está baseado no cemento, no céspede artificial, na falta de reserva de espazos verdes e de lecer e na nunha nula sensibilidade por medidas encamiñadas a ser un Concello mais verde, mais sostible e con menor impacto medioambiental.
Unión X Cambre e PSOE Cambre consinten a paralización interesada do PXOM. Todo recae en mans dun Concelleiro que non ten como prioritario o ben común nin a ordenación racional, sostible e beneficiosa para o crecemento do Concello.
Eu Cambre Seguimos presentando iniciativas encamiñadas a sacar da parálise institucional a este Concello.