miércoles, 4 de mayo de 2022

 






INICIATIVAAS DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO                                          MES DE ABRIL



PRIMEIRO ROGO

 

            Transcorridos dous meses dende que a nosa formación prantexara en Pleno unha petición xa coñecida e recoñecida polo Goberno, pero non atendida, relativa á necesidade que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, acusan, en relación ás dificultades de aparcamento nas zonas urbáns do Concello, o Alcalde comprometeuse, aló polo mes de Febreiro, a facerlles chegar unhas tarxetas que as habilitasen para poder aparcar nos espazos con limitación horaria.

            Despois de pasar todo un mes sin facer absolutamente nada, mentres as traballadoras tiñan que intentar aparcar como podían en zonas saturadas de coches e tráfico, no pleno do mes de marzo, a Concelleira, ante a nosa nova pregunta, apresurouse a confirmar que as tarxetas xa estaban entregadas á empresa para repartir entre as traballadoras. Esto fixérono, como ven sendo habitual, o mesmo día do pleno.

            A sorpresa das traballadoras foi que únicamente se entregaron 11 tarxetas e, ademais, con limitación horaria, algo que delata a pouca capacidade de diálogo e consenso que constantemente demostran con actuacións coma estas.

 

PREGAMOS:

 

            Teñan en consideración as peticións que fixeron as traballadoras e que presumiblemente aceptaron dende o Goberno e que corrixen as deficiencias detectadas na entrega das 11 tarxetas.



SEGUNDO ROGO

 

            Despois de 7 anos no Goberno, á vista está que o coidado dalgún patrimonio non é do interese dos nosos Gobernantes.

            Volvemos a falar das fontes e lavadoiros, neste caso Freande.

PREGAMOS atención inmediata do patrimonio das múltiples fontes e lavadoiros existentes no Concello.




PRIMEIRA PREGUNTA

 

            Vimos de observar cómo se está procedendo ao peche da contorna exterior do Beagle, a partir dun decreto de Abril de 2022 polo que se determina a reposición da legalidade urbanística a pub sito na Tapia, polo exercicio de actividade nunha zona aberta sen título habilitante.

            Ao mesmo tempo, todos os grupos recibimos copia da contestación que dende o Concello se fai a tódolos escritos enviados polos veciños afectados pola situación do pub indicado.

            Afearemos, unha vez mais, que teñan que ser os propios veciños os que remitan aos grupos a posición do Concello, e que dende o Goberno, unha vez mais, poñan todo o empeño en silenciar as súas oscuras actuacións, non tendo nin a decencia de informarnos das actuacións ou posicionamentos que están levando a cabo, toda vez que de non ser pola nosa denuncia pública, polos nosos rogos, polas nosas preguntas, pola nosa presión, a día de hoxe, os veciños seguirían estando ninguneados e desprezados, como ate o momento en que algúns comezamos a facer presión.

            Este tipo de actuacións son as que deixan a este equipo de goberno como o que realmente é, un reducto de seres individuais, xa desprovistos de programa, valores, ideoloxía e mesmo conducta propia do cargo que ostentan, que teñen como obxectivo, ocultar toda a cantidade de información que sexa posible ou retrasar a súa posta a disposición a calquera que, exercendo o seu cargo, no caso dos cargos públicos, ou o seu dereito, no caso dos veciños, teña a intención de fiscalizar a labor dun goberno que non ten o interese público como obxectivo nin primordial, nin tan sequera secundario.

 

            PREGUNTAMOS: A qué xestións obedece o pechamento do espazo aberto do Beagle, con indicación de quén inicia os trámites ao efecto, cales son as consecuencias sancionadoras, e sobre todo, cómo van solucionar os problemas de ruído dos veciños e veciñas así como os de suciedade, efluvios corporais, vidros rotos, e mesmo sangue na entrada dos portais afectados?

 

                                                               SEGUNDA PREGUNTA

 

Tras a revisión da RPT e vistas as dúbidas razoables sobre a permisividade na autorización da instalación dun pub na Costa da Tapia

 

PREGUNTAMOS ¿Por qué a técnica que informa o expediente de actividade é a aparelladora municipal e non o enxeñeiro técnico industrial que, segundo a RPT é quen debería telo informado?

 

                                                       TERCEIRA PREGUNTA

 Na estrada de Fraiz a Espíritu Santo, atopamos unha zona na que estase levando a cabo un desmonte.

Poden informarnos sobre o obxecto do mesmo? Está relacionado coa rotonda?

 







Asdo: Olga Santos López.Concelleira























No hay comentarios: