lunes, 7 de noviembre de 2022
EU acusa ao Goberno do esmorecemento da Feira en Cambre que xa ten 16 postos sen ocupar
05/11/2022Redacción A CoruñaDeja un comentario
Olga Santos: «Incentivar as feiras debería pasar por suprimir taxas, facilitar os trámites e actualizar unha ordenanza que non recolle a situación actual do Concello».
A ausencia de promoción e apoio tanto ao comercio local como ás feiras do Concello son palpables tanto no número de negocios que pechan a cotío como na práctica desaparición da Feira no Temple, e agora un novo indicador mais, como é o feito de que sexan 16 postos baleiros na Feira de Cambre que ven de celebrarse os días 2 e terceiros domingos de cada mes.
Afirma Olga Santos, Concelleira de EU Cambre que: «O que fora, en tempos, unha feira na que non alcanzaban os postos para as solicitudes que había, está a día de hoxe, moi lonxe dunha ocupación digna, quedando libres 16 postos na actualidade, e converténdose nunha feira «de segunda» para os vendedores que priorizan outras como Sada ou Carballo cando coinciden en datas. Dos 75 feirantes inscritos, non montan posto mais de 35 a 50 postos, dependendo de con qué outra feira da contorna coincida a de Cambre.
Continúa Santos: «O maior fiasco deste Goberno, aínda así, é a feira do Temple, que actualmente non conta con mais de 20 postos xa que unha das marxes xa foi eliminada, e únicamente quedan os situados na marxe esquerda da rúa Polígono.
Unha ordenanza con mais de 10 anos de antigüidade, que non responde á situación actual e un Concelleiro, Diego Alcantarilla, que non adopta ningunha medida para incentivar a actividade comercial no Concello levan a unha perda constante de músculo comercial no Concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario