lunes, 17 de diciembre de 2012


DECLARACIONS DE BENS DOS MEMBROS DO GRUPO MUNICIPAL
A transparencia debería ser algo inseparable do exercicio dun cargo público do tipo que sexa. As declaracións de bens dos representantes políticos deben ser de coñecemento público, tanto ó inicio como na finalización do mandato representativo. Dende EU postulámonos sempre neste sentido e, facendo o propio, publicamos e deixamos a disposición de quen queira consultalas, ós bens declarados polos dous Concelleiros que conforman o Grupo Municipal de EU Cambre, ó inicio da actual lexislatura.




jueves, 13 de diciembre de 2012


PAREMOS A LOMCE!
O anteproxecto da LOMCE é a culminación abrupta dun proxecto ideolóxico tecnocrático, mercantilista, ultraliberal, retrógrado, recentralizador, segregador, confesional e contrario aos valores democráticos. Sabemos moi ben que é a educación para a dereita:
  1. Un proceso de selección de man de obra barata.
  2. Unha carreira de obstáculos que incide na desigualdade de oportunidades, e onde "talento" se converte en "capacidade para competir", e onde "flexibilidade" significa  "capacidade para aceptar a inestabilidade de por vida".
  3. Un proceso onde se priman a fe e a superstición fronte a ciencia e o pensamento en valores cívicos.
  4. Un proceso recentralizador en que as linguas nacionais son tratadas con desprezo  como expresións lingüísticas, culturais e identitarias dos pobos que conforman a pluralidade nacional do estado español.
  5. Un proceso de degradación en tanto que servizo público, mentres se acelera a súa privatización e se permite a segregación por sexos…e todo con diñeiro público!
  6. A xustificación para establecer centros de primeira, de segunda e terceira categoría empregando o argumento empresarial da "rendición de contas". Nunca os resultados académicos, collidos en solitario (avaliacións externas), servirán para explicitar se o traballo da comunidade educativa se realiza de forma responsable ou non.
  7. A "rendición de contas" non servirá para explicar as causas do "abandono e do fracaso escolar" e procurarlle solucións mentres se recortan recursos materiais e se reducen as plantillas docentes. Detrás das cualificacións numéricas hai procesos sociais, causas económicas e culturais, hai contextos.
  8. Trasladan a un contexto totalmente diferente os principios empresariais da FP Dual xermana, e anticipamos desde xa as consecuencias negativas que terá para os futuros traballadores e traballadoras en materia de condicións laborais. 
Ademais, da segunda versión da perversión educativa de Wert, destacamos que:
ñ     A lingua galega perde a súa troncalidade, convértese en "de especialidade", e non aparece como avaliable nin na avaliación final de secundaria, nin na de Bacharelato. Seguen coa súa galegofobia lingüística.
ñ     A relixión convértese en protagonista de LOMCE. Será de obrigado cumprimento para todo o estudantado desde E.P. até 4º ESO en detrimento, ao longo das dúas etapas, de materias como Educación Plástica e Visual, 2ª lingua estranxeira, Música, Tecnoloxía ou Filosofía.
ñ     Cárganse Educación para a Cidadanía mentres introducen como "específica" Iniciación Actividade Emprendedora e Empresarial...desde 1º ESO (!).
ñ      A dirección adquire poderes empresariais para seleccionar o persoal docente interino segundo criterios afastados da claridade, da transparencia, do mérito e da capacidade.
POR UNA EDUCACIÓN PÚBLICA, LAICA, DE CALIDADE E DEMOCRÁTICA
NON Á LOMCE!
ESQUERDA UNIDA  

sábado, 8 de diciembre de 2012


Seguridade Vial na estrada AC-214

A petición do Grupo Municipal de EU de Cambre, o Grupo Parlamentario de AGE no Parlamento de Galicia, presentou unha iniciativa sobre mellora  na seguridade viaria na estrada AC-214 o seu paso polas parroquias de Cambre e Pravio.

A situación da devandita estrada non é mais que unha mostra da ausencia de planificación da Xunta de Galicia, o que provoca que a  seguridade para peóns e vehiculos se atope nun estado de abandono por parte da Administración Autonómica.

No concello de Cambre hai un sentimento unánime entre os grupos políticos da corporación e entre a veciñanza, acerca dos problemas de seguridade vial que se rexistran na estrada AC-214, que xa teñen producido accidentes de extrema gravedade. 

A pesar das mobilizacións e reiteradas iniciativas presentadas polo noso Grupo no ámbito municipal, co fin de resolver a situación de inseguridade, e instalar pasos de peóns e medidas preventivas que faciliten o cruce na mencionada estrada, ainda non se teñen producido as actuacións para dar solución os graves problema.  

O noso Grupo entende que o feito de que na vía pública a que se refire o problema concurran as competencias de dúas Administracións Públicas (Xunta de Galicia e Concello de Cambre), non pode facer esquencer a necesidade de proporcionar ós veciñ@s un servizo público correcto que elimine os riscos permanentes, para evitar que se produzcan danos irreparables. Urxe que a Administración Autonómica tome unha actitude protagonista e responsable, de maneira que garanta a seguridade vial na estrada.

EU esixe unha vez mais, unha solución inmediata para os problemas mencionados, dos que debe responsabilizarse a propia Xunta. Asímesmo, demandamos do Goberno Municipal  unha actitude mais enérxica  na defensa dos intereses dos veciñ@s de Cambre.


                  Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre

jueves, 6 de diciembre de 2012


Zona del cruceiro de la parroquia de Pravio. / carlos pardellas






  laopinióncoruña.es » Gran Coruña

AGE lleva al Parlamento de Galicia los problemas de seguridad vial de la parroquia cambresa de Pravio

  


A petición del grupo municipal de EU de Cambre, el nuevo grupo del Parlamento de Galicia, AGE, ha presentado una iniciativa sobre la mejora de la seguridad vial en la carretera AC-214, a su paso por las parroquias de Cambre y Pravio. 

Los vecinos del lugar han reclamado desde hace años que se mejore la seguridad vial, para poder reducir el alto número de accidentes que se produce en la zona y poder otorgar una mejor calidad de vida a los vecinos.















miércoles, 5 de diciembre de 2012


                        ... Elena Silveira


Esquerda Unida, denuncia  a  grave situación de perigro, que supón unha zona da aestrada que transcuurre dende  Cela o Canal, no lugar de A Ponte, motivado os desprendementos do talud  o rio Mero.

A situación está creando unha profunda inquedanza entre a veciñanza e as persoas que diariamente transitan polo lugar, polo que urxe tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade, ante a situación de risco existente.

As administracións con competencias (Xunta de Galicia e o Concello), non deben demorar as actuacións que correspondan e dar solución o problema.

EU, a requerimento dos veciñ@s personouse no dia de hoxe no lugar, e puxo en coñecemento da Policia Local as deficiencias existentes e  procederan en consecuencia, considerando que o sistema de valado e a sinalización eran deficientes.


                              Asdo: Consello Local de EU de Cambre