miércoles, 15 de mayo de 2013





Un encierro por la defensa del ferrocarril público

Los comités de empresa de Adif y Renfe inicia las protestas ante el anuncio de suprimir 94 servicios a la semana en Galicia a partir del próximo mes

1 votos
Bajo una pancarta con el lema «Por un ferrocarril público y social», miembros de los comités de empresa de Adif y Renfe en A Coruña comunicaron que llevan a cabo durante todo el día un encierro en la estación coruñesa de San Cristóbal en contra de la supresión de servicios y el cierre de estaciones de tren, que consideran la antesala a la privatización del servicio.
Emilio Castro Pacheco, presidente del comité de Adif Coruñá, explicó que en junio se pretende suprimir 94 servicios a la semana en Galicia, además de sumar otras 30 estaciones al cierre que ya se ha ejecutado en 26. En el caso de la provincia coruñesa, se indicó que se suprimirán 40 servicios a la semana y se verán afectadas 11 estaciones por el cierre definitivo o por la reducción a una parada al día, entre las que citó Neda, Barallobre, Frama, Cambre, Cecebre, Cesuras, Piñoi y Oza. Avanzó también que estas reducciones se ampliarán en el plazo de un año a la línea A Coruña-Vigo.
Castro pidió que se pare lo que tildó de «política de desmantelamiento» y reclamó a la Xunta a que se sume, como han hecho otros gobiernos autonómicos, en la defensa del ferrocarril.
El representante sindical indicó que «hay una clara discriminación con Galicia» respecto a otras comunidades, que achacó a la inexistencia de una red de cercanías.
Por su parte, Severino Rodríguez, coordinador del sector ferroviario de CCOO en Galicia, cuestionó el análisis realizado por una empresa de Fomento bajo el que se llevan a cabo estas medidas, ya que no atienda a la singularidad gallega de que la gran mayoría de vías están consideradas de media distancia. «Si fuesen cercanías no estaríamos viendo ninguna supresión», apostilló y dijo que por ejemplo si se toma para comparar Asturias, allí se mantienen una frecuencia semanal de 3.000 trenes frente a los 800 en Galicia. Así, resaltó que si bien la reducción prevista para Galicia es de 94 servicios a la semana, para Asturias solo se han anunciado 11, para Cantabria 14, para el País Vasco 12 y en Valencia 28. «Si siguen desmantelando lo que tendrán es más excusas para cargarse el servicio», comentó y reconoció que la falta de inversión en la red ferroviaria justifica que después se cuestione su rentabilidad. «El otro día celebramos el centenario de la línea Infesta-Betanzos-Ferrol y sigue con mismo trazado de últimos 100», dijo al mismo tiempo que destacó que sería impensable que en ese mismo trazado por carretera no se hubiera invertido en su modernización.
Mientras, Alerto Díaz, responsable del sector ferroviario de la CNT, rechazó la apuesta realizada por el Gobierno central por la alta velocidad. «Es el mayor error que ha podido cometer este país, ya que ha supuesto la falta de inversión en el ferrocarril convencional», apuntó y mostró su disconformidad con la propuesta que existe para separar en cuatro empresas distintas a Renfe y en dos a Adif. «Este es el inicio del desmantelamiento y no vamos a permitir la pérdida de puestos de trabajo y entregar a manos privadas lo que hemos construido entre todos los españoles», dijo.

jueves, 9 de mayo de 2013




ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA ORGANIZA UNHA CONFERENCIA CO TÍTULO “O CASO COUSO “CRIME DE GUERRA, CENSURA INFORMATIVA” 


A CONFERENCIA A IMPARTIRÁ JAVIER COUSO, IRMÁN DE JOSÉ, FREELANCE NO ÁMBITO AUDIOVISUAL E MEMBRO DA ASOCIACIÓN IRMÁNS, AMIGOS E COMPAÑEIROS (HAC) DE COUSO E DESENVOLVERASE O VENRES 10 DE MAIO ÁS 20:00 H. NO SALÓN DE ACTOS DO INEF DA CORUÑA (BASTIAGUEIRO-OLEIROS)


XOSÉ MANUEL BEIRAS E YOLANDA DÍAZ, VOCEIROS DO GRUPO PARLAMENTARIO ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA QUE IMPULSOU UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PARLAMENTO GALEGO, INTERVIRÁN NO ACTO

O 8 de abril de 2003 o xornalista José Couso foi asasinado en Bagdak a mans do exército de Estados Unidos de America, durante o ataque realizado pola III División de Infantería Acoirazada contra todas as sedes onde se aloxaba a Prensa Independente.

O devandito ataque levouse acabo nas sedes Ao Jazeera, Abhu Dabi TV e Hotel Palestina e causo a morte dos xornalistas Tareq Ayoub, Taras Prysiuck e José Couso, ademais de feridas a unha veintena de xornalistas.

No décimo aniversario destes asasinatos, Alternativa Galega de Esquerda organiza unha conferencia co título “o caso Couso “Crime de guerra, censura informativa”, na que se fará un percorrido pola historia do xornalismo de guerra para entender a batalla que se desenvolve entre os informadores e aqueles que pretenden censurarlles en situacións de conflito. Ademais de poñer ao día da situación xudicial do caso Couso e das interferencias gobernamentais que destaparon os cables da Embaixada
de EEUU en Madrid trala filtración de Wikileaks.

A conferencia a impartirá Javier Couso, irmán de José, freelance no ámbito audiovisual e membro da asociación irmáns, amigos e compañeiros (HAC) de José couso e desenvolverase o venres 10 de maio ás 20:00 h. No salón de actos do INEF da Coruña (Bastiagueiro-Oleiros). HAC é unha iniciativa cidadá cuxa
actividade está centrada en impulsar a investigación que conduza a saber o que pasou aquela mañá negra, en que o exército que se proclama “adaíl” da liberdade de información, acabou en poucas horas con toda a liberdade de información que había en Bagdad. 

Xunto á familia de José Couso, HAC impulsa a querela que motiva a
investigación xudicial que se está desenvolvendo na Audiencia Nacional e que malia as trabas impostas por Goberno e Fiscalía, conduciu ao procesamento e a posta en procura e captura internacional dos tres presuntos asasinos de xornalistas: Tenente Coronel Philip DuCamp, Capitán Phillip Wolford e o Sarxento Thomas Gibson, ademais da imputación do Coronel Perkins e o Xeneral Blount. Investigación que supón un fito na implementación do Dereito Internacional Humanitario ao ser apoiada por unanimidade e por dúas veces polo Tribunal Supremo español.

Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, voceiros do grupo parlamentar Alternativa Galega de Esquerda que impulsou unha declaración institucional no Parlamentogalego, intervirán no acto. 

(http://alternativagalega.com/xustiza-para-jose-couso)
Para máis información: http://josecouso.info Twitter: @HACJoseCouso
Facebook: Justicia para José Couso Teléfono de contacto (Javier Couso): 657573975

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

Domingo 12 Maio 2013 - 18h

Manifestación contra a dictadura da troika

Con motivo do 2º aniversario do movemento 15M tres días despois, e coincidindo con mobilizacións mundiais en centos de cidades de varios países.

Dende as 14 horas haberá un xantar conxunto na praza de Portugal, e @s participantes na manifestación pasarán as primeiras horas da tarde xunt@s por alí ata as 18 horas

FOLGA XERAL ENSINO 9 DE MAIO

19:30 HS. MANIFESTACIÓN DA CORUÑA

SAÍDA PRAZA DA PALLOZA

NON ÁS CONTRAREFORMAS EDUCATIVAS!!

NON AOS RECORTES!!

NON A LOMCE!!


PARTICIPA E DIVULGA!!!!! 

miércoles, 8 de mayo de 2013



La plantilla de Teleperformance protesta por la supresión del servicio de atención al cliente de Unión Fenosa Comercial

Unos cincuenta trabajadores se han concentrado ante la sede la empresa en A Coruña

12 votos


CÉSAR QUIAN
Unos cincuenta trabajadores se han concentrado esta mañana ante la empresa Gas Natural Fenosa en la Grela, en A Coruña, para protestar por la supresión del servicio de atención al cliente que afecta a 105 trabajadores.


O vindeiro xoves 9 de maio, representantes de todos os sectores da comunidade educativa (nais e pais, estudantes e profesionais da educación) convocan unha folga xeral educativa para amosar o seu unánime rexeitamento aos ataques sistemáticos que sofre a nosa educación pública, mediante unhas políticas centradas en brutais recortes orzamentarios que superan xa os 5000 millóns de euros, e que teñen como obxectivo encuberto o desmantelamento de servizo público educativo, único garante real do dereito universal á educación en condicións de igualdade. 

 A iso súmase a teimosía do ministro Wert, alentada polo lobby eclesiástico por seguir adiante co seu proxecto de LOMCE (Lei Orgánica para Mellora da Calidade Educativa), a pesar do rexeitamento que vén colleitando en amplos sectores da comunidade educativa e do golpe recibido recentemente desde o Consello de Estado, cuxo dictame sostén, entre outras moitas obxecións sobre aspectos centrais, que nin se necesita unha nova lei de educación para aplicar os cambios que se pretenden introducir, nin é de recibo suscitala sen un amplo acordo co conxunto das forzas políticas e sociais. 

 A aplicación das medidas que se recollen no Anteproxecto de LOMCE suporía o principio do fin do modelo de educación pública que se foi conquistando durante décadas, e a súa paseniña substitución por un sistema educativo mercantilizado, cuxa calidade estaría intimamente relacionada co poder adquisitivo das familias. Trata así de consolidar e aumentar a diferenciación de dúas redes de educación. A pública centrada en atender ás clases baixas, e a quen sexan rexeitados polo sector privado e zonas rurais, que non son rendibles para a iniciativa privada. A LOMCE pretende estender e potenciar territorios escolares reservados á élite, excluíndo á súa vez as fillas e fillos da clase traballadora á hora de acceder a determinados niveis e centros educativos. Desta forma, o que busca esta contrarreforma é reducir o período de ensino obrigatorio. A exclusión dunha parte de quen foron incluídos no último medio século e a reformulación do principio de gratuidade mediante a introdución de fórmulas de re-pago da educación. 

O propio bacharelato suporía importantes gastos que non toda a cidadanía poderá costear, por non falar dos aumentos, que xa estamos a sofrer, das taxas universitarias ou os desorbitados prezos de másteres e cursos de posgrao. As reválidas, a elección obrigada de itinerarios segregadores a idades temperás, o control externo do que hai que aprender/ensinar, ou a ausencia de participación democrática na xestión dos centros educativos son, sen dúbida, outro ataque sen precedentes á igualdade e á equidade na educación. Queren potenciar tamén centros de diferentes niveis segundo os contextos socioeconómicos, fomentando a especialización e “excelencia” duns en detrimento doutros, en lugar de garantir o dereito universal a unha educación de calidade para todos e todas. Ademais esa especialización estará máis ligada a intereses privados empresariais e dos “mercados” que á formación integral do alumnado. E todo iso enmárcase nun proceso de continuos recortes que atacan directamente a calidade da educación pública: aumento de ratios de alumnado, redución drástica de persoal docente, eliminación ou redución de becas e axudas, orzamento irrisorio nas partidas destinadas a formación, investigación... Recortar en educación significa que milleiros de menores, mozos e mozas, recibirán unha educación de peor calidade e terán máis dificultades para permanecer máis tempo no sistema educativo, xerando unha sociedade máis desigual. 

Os informes internacionais, como o recente da UNESCO, e os propios obxectivos de Europa 2020 inciden nunha prioridade básica para iso: investir. A comunidade educativa vén reclamando fai meses, xunto a amplos colectivos sociais, a retirada inmediata do anteproxecto da LOMCE; esixencia que tralo dictame do Consello de Estado debería levar ao Goberno Rajoy a non dilatala máis e a impulsar un proceso de diálogo con todos os sectores da comunidade educativa para elaborar un diagnóstico compartido sobre os problemas reais do noso sistema educativo e as medidas que poden mellorar a súa calidade con equidade, asegurando en todo caso os recursos necesarios para iso e aplicando un “rescate” á educación pública semellante ao que se puxo a disposición das entidades bancarias. Por isso, toda a comunidade educativa e toda a cidadanía debemos sumarnos á folga do 9 de maio, tan oportuna como necesaria; e a cantas mobilizacións sexan convocadas contra os recortes e fronte ás contrarreformas educativas que quere impor o PP, tanto nos ensinos básicos e postobrigatorias (LOMCE), como nas universitarias, que así mesmo foron obxecto dun informe de “expertos” designados unilateralmente por Wert, á marxe da comunidade universitaria e dos seus órganos representativos. Defendemos un modelo de educación pública inclusiva, igualitaria, laica, de calidade, gratuita e democrática. Unha educación laica que respecte a liberdade de conciencia e elimine toda forma de adoutrinamento do currículo escolar.

 Unha educación personalizada, integral e inclusiva, que reduza a ratio de estudantes por grupo e potencie a titoría e a orientación educativa, cun currículo e unha organización pensados para atender mellor á diversidade do alumnado e formar cidadáns críticos e capacitados para cooperar na construción dun mundo mellor e máis xusto. Unha educación en igualdade que fomente a coeducación e non segregue por razón de sexo nin de orientación sexual nin por ningunha outra característica de índole persoal ou cultural. 

Unha educación democrática que potencie a participación de toda a comunidade educativa na xestión e funcionamento dos centros e distritos escolares. Unha educación que motive ao profesorado, recoñecendo e confiando no seu labor, acordando as súas condicións de traballo e mellorando a súa formación inicial e permanente. Unha educación con financiamento público suficiente, garantida por Lei, que se blinde fronte a recortes, que alcance a media europea en PIB e asegure un sistema integral de becas, así como a gratuidade de materiais didácticos, comedor e transporte escolar no ensino obligatorio.