martes, 18 de marzo de 2014

BNG y EU denuncian falta de voluntad por regenerar la ría de O Burgo

0 votos
El grupo municipal del BNG de A Coruña denunció ayer que «a este paso, a ría de O Burgo non vai ser só un problema de saúde medioambiental, senón que vai camiño de converterse nun problema de seguridade para as propias persoas que viven desta ría ou gozan deste espazo no seu tempo de lecer». Y recordaron que el paseo es un lugar muy frecuentado por personas de todas las edades, por lo que consideran que deberían adoptarse más medidas de seguridad. También denuncian los nacionalistas «a nula vontade polítiva destas administracións, gobernadas polo PP, para sanear e rexenerar», algo que piden que se realice de manera inmediata.
De la misma opinión es Esquerda Unida que exige que el dragado de la ría se haga de manera inmediata. También considera que debería ser una prioridad no solo desde el punto de vista medioambiental, sino también desde el punto de vista social y económico.

lunes, 17 de marzo de 2014

Buses para as Marchas da Dignidade

Publicado: 14 marzo, 2014 de slamelov en Comunicados
0
Coma sabedes, os trens do día 22M están cheos.
A intención da Plataforma Galega do 22M é que ninguén quede en terra, así que ofrecemos un bus por 26€ ida e volta. É unha xestión que fixo a CUT de Cangas e o Sindicato Ferroviario.
Este é o cartaz para reservar o bus. Ata 55 prazas por bus e saen de varios lugares de Galicia.
autocares2

sábado, 15 de marzo de 2014

VOTE ESTA NOTICIA
    

Esquerda Unida denuncia un vertido al regato de San Pedro, a la altura del polígono de O Temple

15.03.2014 | 00:46









El grupo municipal de Esquerda Unida de Cambre denunció ante la Guardia Civil, según informa, el estado de deterioro que, dice, muestra el regato de San Pedro a la altura del polígono de O Temple. Una denuncia que presentó, explica su portavoz, Luis Taibo, a raíz de las quejas de varios vecinos en relación al estado de las aguas y la posibilidad de que se hayan producido vertidos de productos contaminantes. Unos hechos que, según manifiesta, fueron comprobados por miembros del partido el pasado jueves tras observar manchas negras "de procedencia desconocida" que desprendían "un fuerte olor" y que, temen, lleguen a contaminar la ría de O Burgo. Ante esta situación, apunta, el grupo municipal presentará una iniciativa en el pleno para urgir al Gobierno local a tomar medidas "urgentes" y determinar la procedencia de los vertidos.




jueves, 13 de marzo de 2014

Inscrición para participar no Consello Sectorial de Benestar Social

O prazo de inscrición rematará o 31 de marzo de 2014

As persoas maiores de 18 anos que manifesten interese nas materias de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación poderán inscribirse para participar no Consello Sectorial de Benestar Social. Para elo deberán presentar unha instancia por calquera dos rexistros de entrada municipais motivando o seu interese en participar. Tamén poderán inscribirse dirixindo un e-mail ao enderezo participacioncidada@cambre.org solicitando a participación no Consello Sectorial e motivando a mesma, achegando os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, DNI, data de nacemento e número de teléfono de contacto.
O prazo de inscrición rematará o próximo luns 31 de marzo de 2014.

PARTICIPA!!

participacion ciudadana

lunes, 10 de marzo de 2014







ESQUERDA UNIDA CELEBRA HOXE O 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, CUN CHAMAMENTO Á DEFENSA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de EU participa na movilización polo 10 de marzo en Ferrol acompañada de membros da executiva nacional lembrando que asistimos a “unha demolición de dereitos laborais sen parangón nos últimos 30 anos”

EU lembra que cada vez son máis os convenios colectivos que non son renovados co risco da ultraactividade e a perda de dereitos contidos neles. Este feito por en relevancia as loitas do 72, loitas que tiveron como eixo mobilizador a negociación colectiva e os dereitos laborais.

En Galicia e no conxunto do estado non é posible para EU acordos marcos de negociación colectiva ao atoparnos cunha patronal disposta a todo para abaratar dereitos e salarios e polo tanto apostamos por un sindicalismo de mobilización sostida que remate nunha folga xeral coa participación activa da cidadanía expulsada do mercado laboral.

EU considera ilustrativas as receitas que reiteradamente ven mandando o FMI sobre a necesidade de “radicalizar a reforma laboral”, feito que coincide coa estratexia da patronal de dinamitar a negociación colectiva e o papel garantista do sindicalismo de clase, estratexia que últimamente ven a estar alentada dende medios de comunicación para laminar o derradeiro baluarte contra a desregulación total do mercado laboral.

Yolanda Díaz lembra que, tal e como figura no cartel conmemorativo de EU para este 10 de marzo, vindicar a memoria dos homes e mulleres que con audacia foron quen de poñer en pé ao pobo de Ferrol contra a ditadura e as leis laborais franquistas e vindicar hoxe a non renuncia aos nosos dereitos conseguidos tamén con sangue como a verquida por Amador e Daniel na rúa naqueles tempos.

Esquerda Unida, que participará activamente nas MARCHAS POLA DIGNIDADE, que partirán de 9 puntos do estado con destino Madrid, aproveita este 10 de marzo para pedir a participación activa dos galegos e galegas nesta marcha, que no noso país concretarase nun tren con saída dende Galicia o 22 de marzo



Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida

jueves, 6 de marzo de 2014

MANIFESTO 8 MARZO 2014: CONTRA O ATAQUE
AOS NOSOS DEREITOS INSUBMISIÓN FEMINISTA

Asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración á que temos dereito todas as persoas a da liberdade, a autonomía persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión maniféstase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

A lista das normas segregadoras e sexistas, tanto a nivel estatal como autonómico, é abrasadora: a reforma laboral, a recente lei de educación, a lei de familia do goberno galego. Os recortes en sanidade e na asistencia a dependencia, a provisionalidade nos empregos, a privatización do público; son medidas que producen un impacto de xénero que se traduce no incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da autonomía das mulleres.
A materia de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva dela, no é só consecuencia da inxerencia da xerarquía eclesiástica herdada do franquismo nas decisións gubernamentais, senón que pretende instaurar un modelo xa caduco, de mulleres obedientes e submisas.

Dende Esquerda Unida chamamos á insurrección e insubmisión feminista contra todo intento de volta ao pasado, contra todas aquelas decisións que pretendan manternos ás mulleres como seres subordinados, contra calquera tentativa de represión da nosa sexualidade e contra o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas.