lunes, 30 de marzo de 2020
lunes, 23 de marzo de 2020

Medidas urxentes e inmediatas contra a crise do Coronavirus
Galicia en Común – Anova Mareas trasladou ao goberno da Xunta de Galicia na xuntanza que tivo lugar hoxe, un documento con máis de trinta medidas urxentes en materia sanitaria, social, económica, educativa e institucional non marco da crise do Coronavirus.
Unha renda básica de emerxencia, a suspensión do pago de taxas e impostos a familias en situación de vulnerabilidade, a posta en marcha de solucións habitacionais para as que estean en situación de emerxencia, incluídas as mulleres vítimas de violencia machista e o desenvolvemento dun plan para a acollida, asistencia e manutención de persoas e familias sen fogar.
En materia sanitaria, Antón Gómez Reino candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas trasladou, entre outras estratexias urxentes e obrigadas, o reforzo con medios humanos e materiais de todo o sistema galego de saúde, a realización de tests rápidos de detección do coronavius en todas as comarcas do país, a reapertura de camas e plantas hospitalarias pechadas en Galicia nos últimos anos, a medicalización inmediata de todas as residencias da terceira idade e centros de menores e dependentes, a posta en marcha dun plan para a subministración a domicilio de medicamentos a persoas maiores e dependentes, e a captación de plantas industriais en Galicia para a produción de material sanitario, de seguridade e desinfección.
Hai xa máis dez días, as candidatas da coalición advertiron en Compostela da urxencia de reforzar, desde a Xunta, equipos humanos e materiais. No concreto, Eva Solla alertaba das graves eivas de persoal da Consellería de Política Social en residencias de maiores e persoas dependentes e Martiño Noriega urxíu máis dotación humana e técnica para a atención telefónica e do teléfono de emerxencias 061, así como para os puntos de atención continuada a medios na Primaria
“Precisamente, hai semanas interpelabamos no Parlamento galego ao conselleiro de Sanidade pola falta de medios ante a propia gripe estacional e pedindo a equipación das camas que o Sergas mantiña pechadas nos centros hospitalarios para illamento e contención. A Xunta non se pode esquecer dos maiores e dependentes. Cómpre reforzo, información e protocolización”, dicía Solla o 12 de marzo.
En materia educativa para afrontar a paralización do sistema educativo do país, a coalición avoga por poñer en marcha un plan de seguimento do alumnado de Primaria e Secudaria a través dunha programación específica nos medios públicos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia; así como a realización dun informe sobre a situación do alumnado con necesidades educativas especiais destinado a adoptar medidas concretas e individualizadas, ademais de esixir reforzos de persoal e coberturas para os docentes interinos que poidan verse afectados polo peche da actividade escolar.
No ámbito económico, entre outras estratexias, a posta en marcha de axudas directas para PEMES e autónomos que se viron obrigados a cesar na súa actividade, liñas de crédito a interese cero para empresas e a simplificación dos procedementos burócráticos para acceder a elas, a atención inmediata das demandas de emprego das empresas que prestan servizos esenciais, así como o peche da actividade marisqueira a pé para permitir que as mariscadoras poidan optar a axudas e prestacións mentres o peche do sector hostaleiro lles impída comercializar o seu produto.
No ámbito institucional, Gómez Reino propuxo a activación inmediata da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para permitir a función de control do Executivo autonómico. Neste contexto esiximos a comparecencia inmediata do Presidente da Xunta, e das conselleiro de Sanidade, a conselleira de Política Social e o conselleiro de Emprego e Industria para dar conta da situación.

Esquerda Unida de Cambre, lamenta o pasamento do compañeiro de CC.OO, JOSE LUIS PAZ PENA.
As CCOO da Coruña estamos de loito e moi tristes. O compañeiro José Luis Paz Pena deixounos esta noite por causa do coronavirus.
Infatigable compañeiro, non faltaba a unha mobilización, agora xa como xubilado, despois dunha longuísima traxectoria de responsabilidades sindicais, sendo o presidente do comite de empresa en Aluminios de Galicia, que despois sería Alcoa A Coruña,e tamén nos ámbitos da Federación de Industria de CCOO e das CCOO da Coruña, das que foi secretario xeral.
Paz Pena sempre será lembrado polo seu compromiso sindical dende a súa militancia nas CCOO Comisiones Obreras , nas que participou dende a clandestinidade, loitando contra o franquismo e construiendo a organización que agora é o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Imos botarlle moito de menos. O compañeiro Paz Pena era un dos imprescindibles, un home e un sindicalista bo e xeneroso.
Por esta razón, e porque na situación actual non podemos organizarlle a homenaxe que merecía, animamos os compañeiros, compañeiras, amigos e amigas de Paz Pena que deixen debaixo desta nota e da súa foto as mensaxes de despedida e de cariño, e tamén se poden enviar ao correo comunicacion.coruna@galicia.ccoo.es .
Compañeiro Paz Pena, que a terra che sexa leve!
Compañeiras e compañeiros,
.
Ante a situación de crise sanitaria na que nos atopamos, situación excepcional non vivida con anterioridade, non temos ningunha dúbida de que a nosa Sanidade Pública e a cooperación de todos e todas permitirá unha solución pronta a esta situación.
.
Porén, debemos esperar unha serie de repercusións económicas e sociais que afectarán a todos e todas, pero moi especialm...ente aos traballadores precarios, desempregados, pequenos autónomos e aos colectivos más desfavorecidos.
.
A través das nosas canles: mail, Whats App, Facebook, Twitter, etc., trasladaremos toda a información da que dispoñamos. Por outra banda, podedes chamarnos (tedes os nosos números) para trasladarnos calquera información da que dispoñades ou para solicitar calquera apoio que vos poidamos dar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)