lunes, 6 de abril de 2020

La imagen puede contener: texto
No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.
La imagen puede contener: texto

 No hay ninguna descripción de la foto disponible.


La imagen puede contener: texto

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

EU de Cambre pide equipos de protección para las empleadas de ayuda a domicilio

Olga Santos propone la creación de un comité de crisis de todos los partidos con representación en el Concello


Cambre
Esquerda Unida de Cambre ha presentado una batería de medidas para ayudar a mermar las consecuencia del coronavirus. La portavoz de esta formación, Olga Santos, invita al equipo de gobierno a constituir un comité de seguimiento de la crisis con representación de todos los grupos municipales. «Non deixar a ninguén atrás é a principal idea que Esquerda Unida quere facer chegar ao conxunto da corporación municipal», señala Santos, cuyo plan incluye un programa extraordinario de asistencia social primaria, otro de empleo municipal, aplazamiento de tasas y bonificaciones, programas para dinamizar el pequeño comercio, o la dotación de EPIS para todos los empleados del 
Concello, «e que poidan traballar coas máximas garantías de seguridade en saúde». 

«Consideramos que hai servizos no concello que non están funcionando ao 100 % pese a ser servizos de vital importancia, como pode ser a axuda a domicilio, por iso propomos ao goberno local que dote de equipos de protección necesarios ás traballadoras do mesmo, para poder desenvolver a totalidade das competencias do servizo, que neste momento resulta máis necesario que nunca», señala Olga Santos.

viernes, 3 de abril de 2020

La imagen puede contener: una persona

Serafín Mourelle, sempre a barlovento!

Manuel Rivas reivindica a dignidade e a obra dun heroe do pobo falecido este 31 de marzo

Crieime na Coruña,
Casei en Noia,
Vivín no Gran Sol.
De onde son?
Son do mar máis que de sitio ningún!»
Esta breve autobiografía poética de Serafín Mourelle tivo un último verso, o epitafio do silencio mudo, na noite do pasado 31 de marzo no leito dun hospital coruñés. Neste tempo doente, non houbo despedida presencial. El que zafou de tantos golpes de mar, levou este golpe en terra. Mais deixou a herdanza dun heroe do pobo. O que George Orwell definiu moi ben: a dignidade ordinaria, cultivada día a día, sen desfalecer, mesmo cando naufragaban as utopías e as vangardas perdían o rumbo.

Agora foise, con 86 anos, como un navegante solitario, esa «alma a xeito de barca» da lenda céltica, mais deixou un ronsel de ardora, escintilante de vida. A compañeira de moitos anos, Concha, catro fillas e dous fillos, catro netos, un libro de poemas, Carapelas de sal e iodo, e outras cartografías íntimas, como as lembranzas de Cartas ao avó ou as descubertas da Xeografía xeral do Mar de Galiza. E deixou tamén o seu fío, ben cosido, na mellor das redes sociais: aquela que sincroniza as conciencias, o acordo secreto entre xeracións para rebelarse contra a inxustiza.

Nun dos seus poemas falaba da saudade polos mestres e as escolas que non tivo. «Unha escola con paredes pintadas e sen humidades». Seu pai loitara por ese soño republicano. O neno Serafín puido abrazalo por vez primeira aos sete anos, cando Alfonso Mourelle saíu enfermo do penal. Aos catorce anos, Serafín xa estaba embarcado de cho. «Home ceibe, ti sempre amarás o mar!», dixo Baudelaire. Mourelle era da estirpe dos ceibes. Traballaba arreo, mais nunca deixou de estudar e aprender. Como patrón de pesca, foi un histórico do Gran Sol. Competían por el os armadores. Tiña a calidade e a ollada de vedoiro, de «ver» os fondos mariños. En realidade, un teimoso cartógrafo:

«Gastei aparellos a eito
E ao final atopei os carreiros do mar...»

Mais a condición de patrón non o separou da xente senón que o fixo máis comprometido. Foi un dos fundadores do Economato para Mariñeiros, unha verdadeira illa de axuda mutua onde non se permitía a usura. E foi quen de organizar a primeira folga da flota do Gran Sol. A liberdade da radiofonía do mar que abraiou aos poderes «terrícolas» do Muro. O oeste de Irlanda foi para el como un segundo país. Unha das súas escritas máis sentidas foi a que dedicou anos despois a unha moza chamada Bernabé: «Ata sempre, ruliña. Imaxino que todos estivemos máis ou menos namorados de ti».

Unidas Podemos baja el salario 50%



Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común pide ao Congreso e ao Goberno que todos os deputados e altos cargos donen o 50% do seu soldo para a loita contra o coronavirus

Madrid, 3 de abril de 2020.- O grupo parlamentario confederal Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común presentou esta mañá unha serie de iniciativas parlamentarias con motivo do debate que se suscitou na opinión pública sobre os soldos dos deputados e cargos públicos no contexto da pandemia do Covid19.

Instarase á Mesa do Congreso dos Deputados así como á do Senado para que fixe unha porcentaxe de rebaixa do 50% sobre o total de retribucións (o soldo base e e todos os complementos) das súas señorías durante o tempo que dure o Estado de Alarma. Do mesmo xeito, o Grupo Confederal presentará unha proposición non de lei para que o Goberno reduza o salario en igual proporción de todos os seus membros. Iso afectará tamén aos subsecretarios, directores xerais e o resto de altos cargos da administración e das súas empresas públicas como RTVE.
O aforro producido nas nóminas reintegrarase ao tesouro público para loitar contra o coronavirus. Ademais, as cantidades non descontadas dos días anteriores e xa devengadas descontaríanse das nóminas futuras. A presente iniciativa efectúase como medida extraordinaria e urxente que se suma aos esforzos orzamentarios que vén facendo o Goberno de España, aínda que non se produciu unha redución do traballo por parte dos integrantes deste Grupo Parlamentario, que continúan realizando a súa actividade durante o estado de Alarma mesmo con máis intensidade da habitual.
Na actualidade, os deputados de Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común xa están a realizar doazóns do seu soldo. Fano durante todo o ano, xa que contan cun código ético co que os seus cargos reducen os seus soldos e doan boa parte do sobrante a proxectos sociais. Pero neste momento consideran que hai que facer un esforzo maior. «O momento é excepcional e deben adoptarse decisións excepcionais e colectivas. O esforzo na loita contra a pandemia debe ser de todos e todas. Todo o mundo deberá asumir sacrificios para superar este reto civilizatorio. Iso tamén afecta a quen ostentamos cargos públicos. Máis que ninguén, nós debemos dar exemplo neste momento histórico».

jueves, 2 de abril de 2020

La imagen puede contener: texto que dice "2 abril DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACION DEL AUTISMO"Hoxe 2 de abril é o día mundial da concienciación coas persoas do espectro autista. Aspanaes e outras entidades, as súas familias, a sociedade en xeral, tratan de que a súa inclusión sexa real. Sempre haberá algún descerebrado que queira estigmatizalos, tratando de impoñer brazaletes para saír a rúa, a salvo dos policías de balcón. Socialmente iguais, humanamente diversos, loitemos polos seus dereitos.

martes, 31 de marzo de 2020

O mestre lobo-do-mar Serafín Mourelle - Palavra ComumLa Marea ya tiene broche final - La Opinión A Coruña



No día de hoxe, falleceu Serafín Mourelle Bugallo.
O mais sentido pésame a familia, amigos e camaradas.
Morreu un home de ferro que navegou nos mares de Irlanda en barcos de madeira.

A súa loita política e sindical foi exemplar,tanto no PCG, en EU e nas CC.MM.

Sempre estará presente na organización de "EU" de Cambre, onde foi candidato nas eleccións municipais do ano 1995.

Ata sempre amigo, ata sempre camarada....

Terra, mar e ceo.

lunes, 30 de marzo de 2020



Recomendaciones para el aislamiento domiciliario en casos leves de COVID-19 – Ministerio de Sanidad