MOCIÓN PARA ADAPTACIÓN DOS PARQUES DE RECREO PARA ACTIVIDADES DE PERSOAS MAIORES
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Actualmente en moitos pobos da nosa Comunidade comezan a crearse parques adaptados para as persoas maiores, con aparellos que posibiliten a realización de exercicio físico cun claro carácter terapéutico.
No noso municipio carecemos de lugares con ditas características, mentres podemos contemplar como en outros concellos se están creando os primeiros desta modalidade. En Cambre corresponde a Corporación é a súa vez o Grupo de Goberno, de buscar alternativas de lecer para os nosos maiores, que sexan á vez un elemento favorable para a súa saúde.
Os Parques de Maiores, son equipamentos adaptados que unen a posibilidade de realizar exercicio saudable dunha forma entretida, coa creación de espazos que facilitan a relación persoal e social entre os maiores. Estes espacios públicos, estan formados por unha serie de elementos modulares adaptados para o seu uso ao aire libre.
Os diferentes aparellos permiten realizar exercicios de mantemento adaptados ás persoas maiores para extremidades superiores, inferiores e tronco. Estes aparellos están baseados nos exercicios de rehabilitación que empregan os fisioterapéutas para mellorar a forma física e a saúde das persoas.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- No prazo máximo de tres meses o Goberno Municipal elaborará e someterá a aprobación do Pleno, un Plan de Acondicionamento dos Parques Públicos, de duración cuatrienal, coa finalidade de que todas as parroquias do Concello dispoñan, alomenos de unha destas instalacións.
SEGUNDO.- O acondicionamento dos Parques para persoas maiores dispoñerán de unha zona especifica para a instalación dos aparellos adecuados para a realización de exercicios físicos e terapéuticos. O tamaño dos Parques adaptarase a entidade de poboación da que se trate.
TERCEIRO.- En canto á distribución do espacio, realizarase en función da posibilidade de distintos usos simultaneos, tanto para adultos como para nen@s, primando como elemento básico a seguridade das persoas e a súa limpeza diaria.
CUARTO.- O concello destinará unha partida presupostaria específica para o presente exercicio (2008) e os seguintes tres anos, para levar adiante a presente iniciativa.
CAMBRE, a 20 de xuño de de 2008
Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario