MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU REXEITANDO A XORNADA LABORAL DE 65 HORAS
Os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta da presidencia eslovena que permitirá a cada Estado membro modificar a súa lexislación para elevar a semana laboral vixente de 48 horas ata 60 horas en casos xerais e a 65 para certos colectivos como os médicos.
Está proposta que ten que ser tramitada en segunda volta no Parlamento Europeo, representa unha grave involución do dereito do traballo. Ameaza con rematar cunha conquista laboral de casi un seculo de duración, como é a semana laboral máxima de 48 horas, un dereito social consagrado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) fai 91 anos. Ademaís, o texto vulnera o dereito constitucional español a negociación colectiva e introduce a posibilidade de que o traballador/a renuncie os seus dereitos. A proposta da Directiva é a seguinte:
1) Establece a posibilidade de incrementar a xornada laboral mediante un simple acordo individual entre o empresario e traballador/a, o marxe de toda negociación colectiva.
2) Pretende non considerar como “tempo de traballo” os periodos nos que, ainda permanecendo no lugar de traballo ou estando disponible non se realice traballo efectivo, como no caso das guardias médicas.
Esta proposta aberrante choca frontalmente co obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PPLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
O Pleno do concello de Cambre insta o Goberno de España a:
RIMEIRO.- Reixeitar a revisión da Directiva Europea de ordenación do tempo de traballo que pretende a ampliación da semana laboral hasta 60 ou 65 horas, a súa imposición por acordo individual o marxe da negociación colectiva e a redefinición a baixa do tempo de traballo
SEGUNDO.- Manter a primacía da negociación colectiva contemplada no artigo 37 da Constitución Española, e avanzar na reducción da xornada de traballo co obxetivo de conciliar a vida familiar e laboral. TECEIRO.- O presente acordo remitirase a:
-Comisión Europea
-Os gobernos dos 27 países membros da Unión Europea.
-O Parlamento Europeo
CAMBRE, a 20 de xuño de 2008
Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario