MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DE UNHA ZONA DE BAÑO E ESPARCEMENTO NAS INMEDIACIÓNS DA PONTE DAS INSUAS
XUSTIFICACIÓN:
As ribeiras do rio Mero en Cambre contaron o longo dos anos con moitos lugares que tradicionalmente foron utilizados como zonas de baño e recreo para os cambres@s, e moitos visitantes que disfrutaban do entorno e do paisaxe natural do rio, convertindo en un importante foco de atracción turística aportando beneficios económicos para o noso pobo.
As zonas mais concurridas eran: A Marisqueira, Pozo da Campana, Retorta, As Insuas, Muiños de Naia, O Noceiro, Cela ou a recentemente desaparecida no Muiño de Peiraio. Recuperar algunhas destas zonas debe ser un compromiso da Corporación Municipal de Cambre ante os seus veciñ@s; agora pode ser o intre apropiado para dar o impulso necesario para o desenrolo de un proxecto respetuoso co rio e o seu entorno ambiental.
Un dos lugares mais concurridos foron as “Insuas”, utilizada por moitas xeneracións de cambres@s, este lugar ben podería acondicionarse para unha primeira zona de baño e esparcemento, aproveitando o espacio natural de especial fermosura e riqueza paisaxística, compatible co espacio natural do río e as súas ribeiras.
Na actualidade asistimos a recuperación ambiental das ribeiras do río mediante o Proxecto de Obras Complementarias, e deberiamos aproveitar para reservar e posteriormente acondicionar as áreas destinadas as instalacións mencionadas.
POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU. PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- O Goberno Municipal Iniciará de inmediato os tramites e actuacións necesarias para a elaboración de un proxecto para a construcción de unha zona de baño e esparcemento nas inmediacións da Ponte das Insuas, mediante un proceso de información pública aberto ós colectivos e persoas interesadas.
SEGUNDO.- Que a Alcaldía en nome da Corporación Municipal de Cambre, inicie de inmediato as xestións necesarias para requerir e acadar dos organismos competentes e demais entes supramunicipais, plantexandolles a devandita demanda e a súa colaboración para a elaboración e execución do mencionado proxecto.
TERCEIRO.- Nos orzamentos municipais do próximo ano 2009, destinarase unha partida especifica para a elaboración do proxecto, a parte dos fondos que poidan achegarse de subencións ou axudas procedentes de outros organismos públicos, para a actuación proposta.
CUARTO.- Que, de toda resposta ou actuación posterior que se produzca en relación a presente moción, o Goberno Municipal manteña puntualmente informado o pleno.
CAMBRE, a 25 de agosto de 2008
Asdo: Grupo Municipal de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario