martes, 29 de julio de 2008

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” SOBRE INFRAVIVENDA RURAL.



XUSTIFICACIÓN:


En Galicia en xeral, e no noso concello en particular, ainda existen familias que habitan infravivendas rurais carentes das mínimas condicións para un mínimo digno de calidade de vida.

A Xunta de Galicia arbitra axudas ós concellos para a infravivenda rural, establecendo un marco de colaboración entre o Instituto de Vivenda e Solo e os concellos para a solución do problema das infravivendas rurais habitadas por familias con escasos recursos, co obxeto de que poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio.

Tendo en conta a tipoloxia dos beneficiarios destas axudas (xeralmente persoas con escasos recursos económicos, evidente pobreza cultural e situación de marxinalidade, o que propicia a dificultade para que estén informados da existencia deste tipo de axudas e de cómo tramitalas), resulta fundamental que sexan os concellos os que deban asumir o protagonismo para detectar os casos concretos que precisan estas axudas contribuindo así a eliminar os focos de infravivenda rural que ainda existen no noso territorio.

Esta actuación, ainda que é posible que cuantitativamente non supoña no noso concello un elevado número de casos, si resulta importante cualitativamente, por tratarse de incidir e axudar a persoas que se atopan vivindo en condicións moi inferiores ao promedio da zona e, en todo caso, de xeito inadecuado para unha vida minimamente digna.

POLO EXPOSTO ESTE GRUPO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Establecer un procedemento para detectar e censar os casos concretos de infravivendas rurais existentes no noso concello.

SEGUNDO.- Instrumentar un sistema de información para que as persoas que residen nas devanditas vivendas coñezan as posiblidades de axuda que poden recibir da Xunta de Galicia, así como analizar a estratrexia a seguir en cada caso concreto.

TERCEIRO.- Asumir a tramitación, xestión e seguimento das solicitudes de axuda dos veciñ@s do noso concello, así como, en casos especiais, unha vez concedidas as axudas, a forma mais axeitada para invertir os fondos obtidos (proxectos de reforma, rehabilitación. etc.).




En CAMBRE, a 26 de xullo de 2008

Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU” de Cambre

No hay comentarios: