viernes, 26 de diciembre de 2008

COMPENSACIÓNS PAGO “IBI” AUTOESTRADAS DO ATLANTICO


O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre presentou unha iniciativa no pasado pleno ordinario, solicitando do goberno local, se promovan as medidas necesarias, co fin de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado, pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso término municipal. Con esta bonificación as arcas do concello deixaron de ingresar solo no ano 2007 a cantidade de 168.848 euros correspondente o Imposto de Bens Inmobles.

EU-IU considera que non existe xustificación suficiente para seguir mantendo a aplicación desta bonificación sin que sexa compensada, tendo en conta que o IBI e un imposto local, e a bonificación está causando “un importante perxuizo o concello, aumentando a insuficiencia financieira”.

Xa existen fallos xudiciales a favor de moitos concellos do estado, que teñen denunciado o problema, onde conseguiron que os Tribunais de Xustiza, avalasen o dereito a ser compensados polas exencións do imposto as autoestradas. Recoñecendo que “As corporacións locais non deben, en principio, soportar as exencións e bonificacións concedidas polo Estado”.

Para EU-IU este tema non pode quedar no esquencemento, e seguirá esixindo do goberno local a maior eficacia e rigor no seu tratamento para a súa compensación.

No hay comentarios: