viernes, 26 de diciembre de 2008

PROPOSTAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "EU-IU" O “Fondo Especial de Investimento Local”


Os concelleiros de EU-IU no Concello de Cambre presentaron na Xunta de Voceiros do dia de onte, 14 propostas do Grupo Municipal, en torno ao Fondo de Investimento Local do Goberno Central destinado a financiar investimentos en proxectos e obras municipais co obxectivo de xerar emprego. O noso concello correspóndelle a cantidade de 3.984.537 euros. Estas propostas xa foron entregadas no rexistro do concello o pasado dia 12.

Este diñeiro debe ser gastado con dous criterios básicos: o primeiro, que haxa o maior consenso posible acerca dos proxectos a executar; o segundo, que se faga un control rigoroso do gasto vixiando que se consiga o obxectivo buscando de crear emprego.

A finalidade deste Fondo é a creación de emprego polo que sería conveniente establecer como prioritarias aquelas obras públicas que xeran maior número de empregos e non aquelas cuxo custo principal sexan materiais e maquinaria.

Doutra banda, EU pide que non se aproveite esta inxección de diñeiro tan importante para unha nova operación de clientelismo político por parte de ninguén. Para iso, hai que ser escrupuloso na contratación, dando traballo a través das listas do INEM ás persoas que máis o necesitan á marxe de cuestións políticas ou partidistas.

EU-IU considera que debería existir o máximo consenso na Corporación, para elaborar xunto aos técnicos municipais, unha serie de proxectos no municipio que aproveiten ata o último céntimo subvencionable para a creación ou mellora das infraestruturas de Cambre, e a creación de postos de traballo no municipio.



Entre as propostas que o grupo de EU-IU estudou como de interese xeral para o municipio, destacamos as seguintes actuacións:



1.- CONSTRUCCIÓN DUNHA PISCINA DESCUBERTA NAS INMEDIACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL “DANI MALLO”

2.- BEIRARRÚAS E ALUMEADO NA VÍA QUE UNE OS LUGARES ENTRE DE FABÁS EN PRAVIO, E A CASTELLANA EN CAMBRE (AC-214)

3.-PROGRAMA DE REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO

4.- CUBERTA DAS INSTALACIÓNS POLIDEPORTIVAS DAS PARROQUIAS DE SANTA MARIA DE VIGO, E PRAVIO.

5.- PLAN DE ARREGLO E ASFALTADO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, NEGOCIADO E PACTADO POLOS GRUPOS MUNICIPAIS.

6.- ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO PÚBLICO E DO LOCAL SOCIAL DE MEIXIGO

7.- PROGRAMA DE ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE COLEXIOS

8.- REMODELACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO EXISTENTE NA PARROQUIA DE ANCEIS, FRENTE O PAZO DO “Conde de Torrepenelas”

9.- PROXECTO E REHABILITACIÓN DO PAZO DA CONCEPCIÓN NA PARROQUIA DO TEMPLE.

10.- CONSTRUCCIÓN DE INSTALACIÓNS PARA A PRÁCTICA DO DEPORTE DE DESLIZAMENTO (Skate)

11.- PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DE UN APARCAMENTO SOTERRADO NO Graxal (O Temple)




12.- POXECTOS PARA DOTAR DE BEIRRARRÚAS E SENDAS PEATONAIS AS PARROQUIAS DO CONCELLO, ONDE SEXAN NECESARIAS ESTAS INFRAESTRUCTURAS, CON DOTACIÓNS DE ILUMINACIÓN AXEITADA.

13.- ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO EXISTENTE NA PRAZA DA IGREXA, DE Sta. Mª DO TEMPLE.

14.- COMPLETAR AS INFRAESTRUCTURAS EN MATERIA DE SANEAMENTO E SUMIDOIROS NAS DISTINTAS PARROQUIAS.


As propostas realizadas, considera o noso Grupo que son realizables e necesarias, e contribuirán de un xeito importante a mellora da calidade de vida dos cidadáns, e dos veciñ@s de Cambre en particular.

1 comentario:

AVEPACE dijo...

Hola desde a Asociacion de Veciños de Pravio e Cela. Enviamos a direcion do noso blog para que calquera poida aceder a el.
http://pravio-avepace.blogspot.com/
Desde a Xunta Directiva enviamos a todos un cordial saudo.