viernes, 6 de febrero de 2009

Axuda/Subvención: axudas e subvencións para danos persoais causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

Organismo: Consellería de Economía e Facenda

Danos persoais contemplados nas axudas: a) Falecemento. b) Incapacidade absoluta
permanente.c) Lesións que causasen a hospitalización da persoa ferida.

Beneficiarios/as:

1. Serán beneficiarias directas destas axudas as persoas afectadas pola incapacidade
absoluta permanente ou lesións que causasen a hospitalización cando o feito causante
teña a súa orixe no temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

2. Serán beneficiarias destas axudas a título de vítimas indirectas, no caso de
morte e con referencia sempre á data desta, as persoas que reúnan as condicións que
se indican a continuación:

a) O/a cónxuxe da persoa falecida, se non estivese separado/a ou divorciado/a
legalmente, ou a persoa que viñese convivindo co/a falecido/a de forma permanente,

con análoga relación de afectividade á de cónxuxe, durante, polo menos, os dous anos
anteriores ao momento do falecemento, salvo que tivesen descendencia, neste caso
bastará a simple convivencia.

b) As/os fillas/os menores de idade da persoa falecida ou das outras persoas a que
se refiere o parágrafo anterior.

c) As/os fillas/os maiores de idade se sufrisen un prexuízo económico-patrimonial
relevante, debidamente acreditado, en relación á súa situación económica anterior ao
falecemento.

d) As/os netas/os menores de idade das persoas falecidas ou das outras persoas a que
se refiere o parágrafo anterior.

e) As/os netas/os maiores de idade se sufrisen un prexuízo económico-patrimonial
relevante, debidamente acreditado, en relación á súa situación económica anterior ao
falecemento.

f) En defecto das persoas mencionadas anteriormente, serán beneficiarios os pais da
persoa falecida.

g) En defecto das persoas mencionadas nos parágrafos anteriores serán beneficiarios
os irmáns da persoa falecida se acreditan dependencia económica daquela.



Duración e contía:

A bolsa disfrutarase dende o seu otorgamento polo Presidente do Consejo Económico y
Social ata o 31 de Decembro de 2009. A súa contía será de 11.130,24 euros brutos,
que se percibirán finalizado cada mes a razón de 927,52 euros mensuais, estando
suxeitos ás retencións que procedan. A contía anual desta bolsa poderá revisarse de
acordo coa dispoñibilidade orzamentaria do exercicio.
O Consello Económico e Social poderá, previa resolución motivada, prorrogar a bolsa
concedida na presente convocatoria, sempre que as circunstancias do proceso
formativo do bolseiro/a así o aconsellen. Esta prórroga poderá realizarse para un
máximo de dous períodos sucesivos de doce meses cada un e revisarse no mes de
Xaneiro do ano prorrogado, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias do
exercicio.

Presentación de solicitudes: Os solicitantes das axudas deberán dirixir a solicitude
ao conselleiro de Economía e Facenda, e presentala na Oficina de Rexistro Único e
Información no complexo administrativo de San Caetano na Xunta de Galicia, ou no
rexistro de calquera órgano pertencente á Administración Xeral do Estado, da Xunta,
das delegacións provinciais ou no rexistro municipal do Concello de Cambre. No caso
de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira
enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o
lugar, a hora e o minuto da súa admisión.


Prazo de presentación: do 4 de febreiro ao 3 de marzo de 2009

Publicación: DOG nº 23, martes 3 de febreiro de 2009

Máis Información (Anexos):
http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f98db29c11aafde4c1257552000129bb/$FILE/02300D009P031.PDF

Consellería de Economía e Facenda: Edificios Administrativos - San Caetano, s/n -
15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 545 400 - Fax: 981 544 125 Web:
<http://www.economiaefacenda.org/>




Axuda/Subvención: axudas para compensar os danos sufridos en establecementos
comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos, situados en
instalacións portuarias de titularidade autonómica como consecuencia dos estragos
producidos polo temporal no mes de xaneiro de 2009

Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

Beneficiarios/as: Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares dos
establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos,
situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica, en que, como
consecuencia do temporal que afectou Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, se
produciron danos nas súas edificacións, instalacións, equipamentos, maquinaria e nas
mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais
afectos a estas actividades, debendo quedar acreditada a dita relación de
causalidade.

Presentación de solicitudes: A solicitude e a documentación por duplicado, orixinal
ou copia compulsada, dirixirase ao presidente do ente público Portos de Galicia e
presentarase preferentemente no rexistro xeral dos servizos centrais do ente público
Portos de Galicia, localizado en Praza de Europa, portal 5 A, 6º B, Área Central-As

Fontiñas, 15707, Santiago de Compostela,na Oficina de Rexistro Único e Información
no complexo administrativo de San Caetano na Xunta de Galicia, ou no rexistro de
calquera órgano pertencente á Administración Xeral do Estado, da Xunta, das
delegacións provinciais ou no rexistro municipal do Concello de Cambre. No caso de
envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar
farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a
hora e o minuto da súa admisión.


Prazo de presentación: do 4 de febreiro ao 3 de marzo de 2009

Publicación: DOG nº 23, martes 3 de febreiro de 2009

Máis Información (Anexos):
http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f98db29c11aafde4c1257552000129bb/$FILE/02300D010P035.PDF

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes: Edificios
Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 545 400
- Fax: 981 544 529

No hay comentarios: