miércoles, 25 de febrero de 2009


MOCIÓN SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.


XUSTIFICACIÓN:


Con insistencia o Grupo Municipal de EU-IU ben reclamando o longo da lexislatura a posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal para dotar ao noso municipio con este órgano consultivo, dada a importancia que para nós ten a súa posta en funcionamento, como un mecanismo útil para optimizar recursos e axuntar esforzos na tan importante tarefa educativa a nivel local, co fin de prever, planificar e dar as respostas necesarias en materia de programación, problemática educativa e estudo de necesidades na comunidade escolar do concello.

A posta en marcha do Consello Escolar Municipal e unha tarefa que implica a responsabilidade do goberno do concello, xa que tería que estar funcionando fai bastantes anos, e non sabemos si por desidia, falta de capacidade ou unha auténtica vontade de poñer atrancos á posta en marcha dunha farramenta participativa fundamental para prever e conquerir a necesaria mellora da calidade do ensino no noso concello.

Unha vez mais e tendo en conta que no próximo mes abre o prazo para a matriculación nos centros de ensino, e tendo presente os distintos atrancos que se plantexaron no presente curso escolar polos diversos problemas, sobre todo pola carencia de prazas nos colexios e nos propios comedores escolares, así como as obras pendentes da ampliación do colexio do Graxal e a adquisición de terreos para a construcción de un novo centro de ensino na Barcala. O noso Grupo Municipal fai un chamamento os restantes integrantes da Corporación Municipal “con especial atención o Grupo de Goberno” para que esta carencia sexa unha realidade, e lembrarlle que corresponde os poderes públicos garantir o dereito a educación mediante unha programación xeral do ensino, coa participación efectiva de todos os sectores afectados.

POLO EXPOSTO, O NOSO GRUPO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:


UNICO.- Encomendar ó Goberno Municipal que leve a cabo de inmediato as actuacións necesarias para poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal.



CAMBRE, febreiro de 2009

No hay comentarios: