martes, 28 de abril de 2009









MOCIÓN PARA ELABORAR DUN CONCURSO DE IDEAS, PARA A REXENERACIÓN URBANA E ORDENACIÓN DO CAMPO DA FEIRA DE CAMBRE.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Entre as actuacións contempladas no proxecto ARUME está a Rexeneración do Campo da Feira de Cambre con un orzamento de 560.000 euros para a súa execución, esta iniciativa que trata de recuperar o valor e simboloxia que este lugar ten para os cambres@s, dado a súa historia e o seu emplazamento, debería ter unha amplia participación e proxección no conxunto do municipio, sobre todo para que non se sigan realizando actuacións ailladas, que entren en confrontación cos intereses da maioria dos cidadáns, dado que pretendemos actuar nun lugar emblemático do concello.
En consonancia coa actuación presentada no Proxecto ARUME, na idea de recuperar esta singular Alameda como un lugar para o disfrute da cidadanía e recuperar o seu carácter funcional, desde EU-IU creemos necesario que se utilice o Concurso de Ideas como medio mais idóneo para decidir qué actuación será a mellor, e á que mais satisface os veciñ@s de Cambre para mellorar un espacio urbano de primeira magnitude e un dos simbolos mais importantes do concello.
Sendo conscientes que o lugar en cuestión está cosiderado un Espacio de Especial Protección, nas actuais Normas de Planeamento, e no ánimo de que toda obra a realizar conte coas máximas garantías, e tamén se promova a participación dos veciñ@s, o noso Grupo Municipal pretende con esta iniciativa dar unha solucción arquitectónica o Campo da Feira de Cambre e o seu entorno, de maneira que queden satisfeitas as necesidades para o espacio, considerando a posibilidade de realizar un Concurso de Ideas para tal fin, contando coa colaboración do Colexio de Arquitectos e Arquitectos Técnicos de A Coruña, así como a opinión da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, técnicos municipais do concello e os propios cidadáns.
Da idea presentada polo Grupo de EU-IU, desprendese que os proxectos presentados a concurso permanecerán expostos o público nas dependencias municipais, onde os veciñ@s poidan manifestar a súa opinión, cuia decisión maioritaria teríase en conta, a ora de tomar a decisión o xurado calificador. Sin embargo, a decisión final será a adoptada por un xurado composto por alomenos seis persoas a determinar polos compoñentes da Comisión Informativa de Urbanismo.


POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Que os responsables do Goberno Local en colaboración cos técnicos do concello, procedan a elaborar as bases e normas para a convocatoria de un Concurso de Ideas para levar a cabo o proxecto mencionado.
SEGUNDO.- Elaboradas as bases, serán presentadas a Comisión Informativa de Urbanismo para a súa posterior aprobación se procede.
TERCEIRO.- A dotación do importe económico dos premios do concurso serán consensuadas e aprobadas polos Grupos Municipais, e detraeranse do orzamento previsto para a execución da obra.


CAMBRE, a 25 de abril de 2009

No hay comentarios: