sábado, 9 de mayo de 2009


EU-IU SOLICITA MELLORAS NO
TRANSPORTE PÚBLICO EN CELA


Dende fai tempo e de forma reiterada, veciñ@s da parroquia de Cela veñen manifestando a necesidade da modificación da linea de transporte interparroquial, co obxetivo de ampliar o servizo e establecer unha parada no centro parroquial, e decir no lugar da “Igrexa”.

En este sentido o Grupo Municipal de EU-IU presentou unha iniciativa no pleno do pasado dia 30, co obxetivo de correxir a mencionada carencia do transporte colectivo no devandito lugar, solicitando o Goberno do concello realice as xestións necesarias ante o Consorcio de Transportes de Galicia co fin de incluir no percorrido unha reordenación das lineas do transporte público o nucleo de Cela. O propio Alcalde como máximo responsable do Goberno comprometeuse a xestionar a dita demanda.

Dita necesidade, entende o noso Grupo, está suficientemente xustificada co fin de facilitar os cidadáns un servizo para facilitar o problema da movilidade de acordo coas necesidades, e non teñan que desplazarse percorrendo distancias considerables e cos riscos evidentes de ter que circular por zonas que non existen beirarrúas co conseguinte perigro que supón para as persoas.

Para o noso Grupo resulta comprensible e xusta á mencionada demanda, ante a dificultade dos residentes para poder desplazarse mediante a utilización do transporte público, polo que o mencionado ente debería dar unha resposta satisfactoria e unha actuación inmediata para dar solución o problema



Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: