NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU DE CAMBRE
O Grupo Municipal de EU-IU ante a falta de compromiso do Goberno do concello, no cumprimento dos acordos plenarios respecto as multiples iniciativas presentadas pola nosa formación política nas distintas sesións municipales, vai a presentar unha proposta no próximo pleno ordinario para que, goberno e oposición rindan contas ante o pleno e os veciñ@s de Cambre sobre a actividade municipal dende o comenzo da lexislatura.
A Corporación Municipal xurdida das eleccións do ano 2007 está a punto de rematar os dos primeiros anos do seu mandato, entende o noso Grupo que parece lóxico a celebración dun debate público que significaría unha rendición de contas do traballo realizado durante este periodo de tempo, tanto polo grupo político que asumio a responsabilidade de gobernar, como polos restantes grupos integrantes da Corporación no seu papel de control e fiscalización do goberno do concello. O noso xuizo, este sería un xeito de contribuir a dignidade e credibilidade na actuación dos representantes públicos. O mesmo tempo, un debate diste tipo podería permitir que quedaran plantexados os problemas mais importantes ós que debe enfrentarse o actual goberno para a súa solución.
EU-IU solicitará se convoque un pleno municipal extraordinario adicado única e exclusivamente a realizar un debate en torno do traballo desenrolado polo Goberno Municipal e os restantes grupos políticos o longo dos últimos dous anos.
Asdo: O Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario