sábado, 23 de mayo de 2009


MOCIÓN SOBRE DOTACIÓN DE PEQUENAS BIBLIOTECAS ÓS CENTROS DA TERCEIRA IDADE.

XUSTIFICACIÓN:

As Corporacións locais poden e deben poñer os medios necesarios para facilitar o acceso a cultura de todos os veciñ@s. En este sentido, as bibliotecas municipais cumpren un importante papel, facilitando e acercando o legado cultural a cantas persoas desexen facer uso das mesmas. Para garantir iste dereito poderían adoptarse medidas que sin ter un coste excesivo poden contribuir a divulgación a un mellor acceso a lectura as persos maiores.
A promoción cultural que a lectura supón non debe dirixirse só ós nen@s (ainda que indudablemente, sexa éste o sector da poboación no que se faga preciso concentrar os mais importantes esforzos na materia). Pero considera o noso Grupo debera terse en conta de un xeito importante á xente maior, a traverso dos centros da terceira idade existentes no concello.
Ben é certo que as persoas maiores, como calquera outro veciño, teñen á súa disposición os servicios das bibliotecas públicas municipais. A experiencia amosa que non soen acudir demasiado a elas, mesmo os que pasan boa parte do seu tempo nos centros da terceira idade. Por iso, cumpre adoptar algunhas medidas expecificas para estas persoas co fin de facilitar o seu acceso e disfroite da lectura.
A tal fin, o Grupo Municipal de EU-IU propón duas medidas complementarias. Por unha banda, o deposito temporal e renovable periódicamente dalgúns dos libros existentes nas bibliotecas municipais nos centros da terceira idade, para o que sería imprescindible que un dos usuarios de éstas asumirá as responsabilidades do seu control. Por outra banda, a introducción de actividades de lectura colectiva para persoas maiores, que lles facilite o disfroite da lectura, especialmente a aquelas que teñen reducido sensiblemente a súa agudeza visual. Estas actividades poderían fácilmente desenvolverse a Traverso de voluntarios.

POLAS RAZÓNAS ANTERIORES, PROPONSE Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- O Goberno Municipal elaborará un programa conxunto dos servicios municipais correspondentes, para dotar os centros da terceira idade do Concello dunha pequena biblioteca, renovable periódicamente, seleccionando aqueles libros que poidan considerarse de maior interés en función da idade das persoas ás que se ofertan.

SEGUNDO.- No devandito programa, incluiranse tamén actuacións periodicas de lectura asistida co fin de que poidan disfroitar aquelas persoas usuarias dos centros da terceira idade que teñan problemas de visión.


CAMBRE, a 23 de maio de 2009

No hay comentarios: