viernes, 12 de junio de 2009


SOLIDARIEDADE COS TRABALLADOR@S DA EMPRESA "BUNGE"

O Grupo Municipal de EU-IU no concello de Cambre, manifesta o seu apoio solidario os traballador@s da empresa “BUNGE”, nas xustas e lexitimas reinvidicacións en defensa dos seus postos de traballo e na loita pola continuidade da empresa aceiteira na nosa comarca.

Dende EU-IU somos conscientes da situación de incertidume que sufren os traballador@s que se remonta a meses atrás, e tamén do risco existente da permanencia da empresa no ámbito comarcal, e das consecuencias negativas que supón o seu peche para a súa plantilla e as súas familias, co conseguinte perxuizo para o texido económico e industrial da zona

A sí mesmo, o noso Grupo fai un chamamento a solidariedade activa da cidadanía co grave problema.


Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: