EU-IU ANTE O TRAZADO DO "AVE"
O Grupo Municipal de EU-IU quere manifestar a súa posición sobre o “Estudo Informativo do Proxecto Eixe Atlántico de Velocidade, tramo (A Coruña-Betanzos)”, tendo en conta o escrito remitido pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para o periodo de consultas os organismos e persoas interesadas.
EU-IU xa ten manifestado o seu rexeitamento ante as distintas administracións e a propia cidadanía sobre o estudo mencionado. No caso concreto da administración local de Cambre xa presentamos unha Moción no pleno municipal de marzo de 2008, aprobada polo conxunto da Corporación, onde entre outros puntos se acordaba “declarar Cambre concello libre do Tren de Alta Velocidade”.
O noso Grupo Municipal xa ten advertido en numerosas ocasións sobre o grave impacto que supón a construcción do AVE, e no caso concreto de Cambre, exemplifica unha vez mais, os problemas que comportan infraestructuras deste tipo, producindo un dano ambiental, económico e social de gran relevancia para a cidadanía condicionando o desenrolo e a expansión urbanística do concello, en función do trazado viario por onde discurra.
Para o noso Grupo, o Ministerio de Fomento debería suprimir esta infraestructura, priorizando e aproveitando a rede de ferrocarril convencional existente que atravesa o noso concello e parte da área metropolitana, apostando por un ferrocarril moderno, con frecuencias acordes coa realidade social e laboral dos cidadáns.

No hay comentarios:
Publicar un comentario