jueves, 6 de agosto de 2009

PROBLEMAS DE PRAZAS NO COMEDOR ESCOLAR NO COLEXIO Wenceslao Fernández Flórez de CAMBRE


O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere manifestar a súa solidariedade e apoio os pais/nais de alumnos que non teñen praza de comedor no colexio Wenceslao Fernández Flórez, un feito que se ben producindo ano tras ano, sin que as autoridades con competencias na materia fagan absolutamente nada para dar solución o problema.

Para EU-IU o crecemento urbanístico e poboacional unido a falta de previsión por parte dos responsables municipais e o abandono da Xunta de Galicia, son os motivos fundamentais que producen esta consecuencia, baseda na carencia de prazas no comedor escolar para alumnos de 3 anos. Ista carencia supón un esforzo tanto para os propios nen@s como para as súas familias, que pode impactar negativamente na conciliación da vida laboral e familiar, o que resulta impropio en unha sociedade chamada moderna.
O noso xuizo, tanto a Consellería de Educación como a Delegación Provincial deben realizar coa máxima urxencia unha valoración das necesidades reais no servizo de comedor, co fin de que sexan plantexadas, dotadas e realizadas as ampliacións nas instalacións actuais, e así cubrir o servizo que sexa necesario en relación a demanda de infraestructuras nos colexios, e contribuir a situación de incertidume actual
Ainda que a solución desborda ampliamente as competencias e as posibilidades económicas de un concello como Cambre, o problema non exime tampouco o Goberno Municipal da responsabilidade, debendo responder coa máxima racionalidade e planificación.
O noso Grupo Municipal apoia e apoiará as familias en cantas movilizacións se realicen en demanda das xustas peticións. E recordalle os responsables do concello da necesidade de poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal.
Asdo: Grupo Municipal

lunes, 3 de agosto de 2009

NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE

EU-IU acusa o goberno de rentabilizar e capitalizar as súas propostas.

O Grupo Municipal de EU-IU quere manifestar a súa satisfación polo anuncio do novo goberno municipal de levar a cabo a proposta realizada por EU-IU sobre un Concurso de Ideas para o acondicionamento do Campo da Feira de Cambre e o seu entorno. Pero tamén “queremos denunciar a política oportunista do Goberno Municipal” nos últimos meses, baseada en alardear de obras e accións realizadas, a maioría delas presentadas pola nosa formación.

O recente anuncio do Acondicionamento do Campo da Feira, a cuberta da polideportiva de Pravio ou a creación de emprego foron iniciativas presentadas por EU-IU e posteriormente aprobadas, agora os responsdables do goberno alardean como si foran propostas que partiran dos seus propios grupos.

O Goberno de Cambre pretende paliar a carencia de propostas utilizando o traballo do noso Grupo, co fin de rentabilizalo en beneficio propio, motivado a súa incapacidade na xestión municipal.

EU-IU denuncia e denunciará esta política de malas prácticas que o único que fan e enturbiar mais ainda a vida municipal do concello, en función de intereses personais e partidistas que nada teñen que ver coa realidade existente do traballo institucional e corporativo en Cambre, considerando de frívola a súa maneira de actuar.

O noso Grupo lembrase que as súas propostas a parte de aprobalas, sean executadas, no caso do Campo da Feira pidelle o goberno que se teñan en conta os terminos nos cales foi aprobada a Moción presentada por EU-IU no pleno municipal do pasado mes de abril, relativa o asunto.