jueves, 6 de agosto de 2009

PROBLEMAS DE PRAZAS NO COMEDOR ESCOLAR NO COLEXIO Wenceslao Fernández Flórez de CAMBRE


O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere manifestar a súa solidariedade e apoio os pais/nais de alumnos que non teñen praza de comedor no colexio Wenceslao Fernández Flórez, un feito que se ben producindo ano tras ano, sin que as autoridades con competencias na materia fagan absolutamente nada para dar solución o problema.

Para EU-IU o crecemento urbanístico e poboacional unido a falta de previsión por parte dos responsables municipais e o abandono da Xunta de Galicia, son os motivos fundamentais que producen esta consecuencia, baseda na carencia de prazas no comedor escolar para alumnos de 3 anos. Ista carencia supón un esforzo tanto para os propios nen@s como para as súas familias, que pode impactar negativamente na conciliación da vida laboral e familiar, o que resulta impropio en unha sociedade chamada moderna.
O noso xuizo, tanto a Consellería de Educación como a Delegación Provincial deben realizar coa máxima urxencia unha valoración das necesidades reais no servizo de comedor, co fin de que sexan plantexadas, dotadas e realizadas as ampliacións nas instalacións actuais, e así cubrir o servizo que sexa necesario en relación a demanda de infraestructuras nos colexios, e contribuir a situación de incertidume actual
Ainda que a solución desborda ampliamente as competencias e as posibilidades económicas de un concello como Cambre, o problema non exime tampouco o Goberno Municipal da responsabilidade, debendo responder coa máxima racionalidade e planificación.
O noso Grupo Municipal apoia e apoiará as familias en cantas movilizacións se realicen en demanda das xustas peticións. E recordalle os responsables do concello da necesidade de poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal.
Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: