domingo, 13 de septiembre de 2009

MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE O USO, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS PÚBLICOS DO CONCELLO


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


A recuperación, vixilancia, conservación e mantemento do público, é un dos pilares da existencia do noso Grupo Municipal. A obligación de manter, recuperar e vixilar o noso patrimonio é unha obligación desta Corporación. O caso que nos ocupa e que o noso Grupo trae a ésta sesión plenaria trata sobre os camiños públicos do concello, que en algúns casos están ocupados e cerrados total ou parcialmente, unha petición clamorosa de moitos veciñ@s do noso concello, por suposto muy necesaria para poñer en valor a nosa riqueza, tanto para o uso da comunicación, recuperación de actividades como o senderismo o propio desenrolo turístico, etc.

A ploriferación cada vez maior de maleza, alambradas, vallas é obstáculos, fragmentan sen dereito numerosos camiños públicos sentíndose os usuarios na maioría dos casos, indefensos é desorientados ante feitos consumados, pola falta de información é de defensa decidida por parte da administración local.

Considera o noso Grupo que o marxe do proceso de inventariado que se está realizando na actualidade, e tendo en conta os múltiples problemas que se están producindo pola falta de unha normativa legal que determine a súa propiedade e uso dos mesmos, cumpre o noso xuizo a elaboración de unha Ordenanza que regule entre outras cousas, o control e uso do libre tránsito polos camiños de titularidade municipal, determinando a súa propiedade para evitar a perda e deterioro dos mesmos.

O crecente uso público dos camiños fai necesaria a regulación, con un triple fin, de preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios é mantelos en bo estado. A Ordenanza en cuestión, debería recoller a titulo orientativo, unhas normas xerais de bo uso dos camiños, evitando vertidos de lixos, escombros, etc.



POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTE ACORDO:



UNICO.- Elaborar unha Ordenanza Municipal de camiños públicos que permita regular o seu uso e aproveitamento, garantindo a súa sinalización, conservación e protección deste tipo de bens do concello de Cambre.



CAMBRE, a 12 de setembro de 2009

No hay comentarios: