lunes, 21 de septiembre de 2009




MOCIÓN PARA A SINALIZACIÓN DOS EDIFICIOS DE SERVIZOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS



Nos últimos anos, Cambre tivo un acelerado desenvolvemento urbanístico que veu acompañado da chegada constante de novos veciñ@s ao municipio e da construción de diversos equipamentos públicos en distintas zonas do concello. Ambas circunstancias, unidas á actual extensión do espazo urbano e a relativa dispersión das súas urbanizacións, fai que resulte bastante complicado para moitos veciños e visitantes coñecer a localización dos edificios e equipamentos municipais, xa sexan educativos, sanitarios, deportivos, culturais ou doutra índole, como é o caso de algunhas instalacións deportivas, etc.

Na maior parte dos concellos do tamaño do noso é habitual atoparse con carteis indicativos dos seus lugares emblemáticos do Concello, e dos seus equipamentos públicos, pero Cambre parece ser unha excepción. Algunhas instalacións do concello carecen de sinalización que permita localizalas con relativa facilidade, a non ser que se coñeza de antemán o seu emprazamento ou se utilice a técnica de preguntando vaise a Roma, que non sempre resulta efectiva.

Por outra banda, a ausencia de sinais sobre o emprazamento dos lugares públicos contrasta coa abundancia das que indican a localización de numerosos negocios privados, que en algúns casos afean bastante o espazo urbano e non sempre se ateñen aos requisitos regulados nas ordenanzas correspondentes.

Foron numerosas as queixas que nos transmitiron os veciñ@s, tanto recentemente chegados como os que visitan por primeira vez o concello, pola inexistencia de sinalización para poder localizar algunha instalacións, por exemplo, os campos de futbol de Cambre e Cecebre, cuestión que xa temos plantexado con insistencia.


POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:



ÚNICO.- Que, tras o estudo pertinente polos servizos técnicos municipais, acométase canto antes a adecuada sinalización dos emprazamentos de edificios, servizos e instalacións municipais, ao obxecto de facilitar a súa localización.



CAMBRE, a 19 de setembro de 2009

No hay comentarios: